Inicio

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2026

NOTA INFORMATIVA DO 5 DE MAIO DE 2026

Publicación das listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente e a listaxe de solicitudes con requerimentos relacionados coas comprobacións de datos referidas no artigo 8.1, alíneas c), d), e), f) da Orde de convocatoria: Listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente e listaxe de solicitudes con requerimentos.

Ábrese un prazo de 10 días hábiles a partir de hoxe (fin de prazo 20 de maio incluído) para formular reclamacións e para a presentación da documentación das solicitudes que figuran na listaxe de solicitudes con requirimentos relacionados coa comprobación de datos. 

Non contamos con datas estimadas para a publicación das listaxes definitivas, polo que esa información tampouco será facilitada telefónicamente.

O código da súa solicitude pode consultalo a través do menú "2. Estado solicitude".

A documentación que se solicita nas solicitudes con requerimentos pódese consultar a través do menú "2. Estado solicitude".

Deberá presentar a través da Sede Electrónica a documentación que se require. Para anexar a documentación siga os pasos indicados nesta guía: 

Guía de presentación en Sede Electrónica e corrección/emendas

As persoas con solicitude con requerimento poden consultar os seguintes sitios web para a solicitude de certificados:

Toda a información pública da que dispoñemos está publicada nesta mesma páxina, que se vai actualizando periodicamente mediante notas informativas. (Art. 12 da Orde de convocatoria)

O período de realización das actividades comprenderá desde a 2ª semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2026, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto. As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado (Art. 2 Orde convocatoria).

Pode consultar os pasos do procedemento nos seguintes documentos:

Acceso ao texto da Orde de convocatoria AXUDASLE 2026

Cartel informativo

IMPORTANTE: para visualizar o menú "2. Estado solicitude" é preciso identificarse na web https://www.edu.xunta.gal/axudasle co mesmo certificado dixital ou Chave365 que se empregou para presentar a solicitude na Sede Electrónica.

 

 

 

NOTA INFORMATIVA DO 4 DE MAIO DE 2026

Lamentamos comunicar que a actividade de portugués en Portugal quedou deserta no procedemento de licitación, xa que ningunha empresa presentou oferta para a xestión e organización do programa neste destino.

Segundo se establece na Orde do 7 de xaneiro de 2026 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2026 destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B), no seu artigo 2, punto 5: A realización do programa de actividades de formación en linguas estranxeiras durante o ano 2026, para o cal se convocan estas axudas, queda condicionada á adxudicación do procedemento de licitación polo que se seleccionarán e contratarán as empresas referidas no punto 3 deste artigo.

Polos motivos sinalados anteriormente, non se levará a cabo a realización da estadía de portugués en Portugal.

 

NOTA INFORMATIVA DO 9 DE ABRIL DE 2026

Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, faise pública a relación das listaxes detalladas a continuación e ábrese un prazo de 10 días hábiles (fin de prazo 23 abril) para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.

Prema para descargar: Listaxe de solicitudes admitidas, solicitudes que precisan emendas e solicitudes excluídas.

 

O código da súa solicitude pode consultalo a través do menú "2. Estado solicitude".

Para as solicitudes incorrectas que precisen emenda nalgún aspecto, a documentación que se require poderá consultala a través do menú "2. Estado solicitude".

Deberá presentar a través da Sede Electrónica a documentación que se require. Para anexar a documentación siga os pasos indicados nesta guía: 

Guía de presentación en Sede Electrónica e corrección/emendas

No caso de que a súa solicitude figure en estado "3. Solicitude incorrecta" e se lle requira o anexo II, este pode descargarse aquí: ANEXO II 

 

No caso de xa ter remitida a documentación que se require nas últimas semanas, non é necesario que a volva a enviar.

O estado das solicitudes irá cambiando segundo se comprobe a documentación achegada. As listaxes publicadas no día de hoxe non variarán aínda que cambie o estado da súa solicitude (comprobando a través do menú "2. Estado solicitude").

Lembramos ás persoas solicitantes que a documentación complementaria non se valida automaticamente e deberá agardar a que o persoal encargado da validación leve a cabo ese trámite para que o estado cambie.

 

Non se notificarán os cambios de estado por correo electrónico nin telefonicamente. Para consultar o estado da súa solicitude debe acceder ao menú "2. Estado Solicitude". (Art. 12 da Orde de convocatoria)

 

IMPORTANTE: para visualizar o menú "2. Estado solicitude" é preciso identificarse na web https://www.edu.xunta.gal/axudasle co mesmo certificado dixital ou Chave365 que se empregou para presentar a solicitude na Sede Electrónica.

   

 

NOTA INFORMATIVA DO 23 DE MARZO DE 2026

O día 3 de marzo rematou o prazo de presentación de solicitudes. Unha vez finalizada a comprobación de solicitudes recibidas, publicaranse as primeiras listaxes e abrirase un prazo de 10 días hábiles para emendar erros e presentar a documentación requirida.

Comprobe periodicamente o estado da súa solicitude no menú "2. Estado Solicitude" . Se o estado da súa solicitude figura como "3. Solicitude incorrecta", pode presentar a documentación que se lle require antes da publicación das listaxes.

No caso de que en estado de "3. Solicitude incorrecta" se lle requira o anexo II, este pode descargarse aquí: ANEXO II 

Tamén poden ser de utilidade os seguintes documentos:

Guía de presentación en Sede Electrónica e corrección/emendas

Preguntas frecuentes - No 6 punto indícase como cubrir o anexo II correctamente.

 

Actualmente as solicitudes están sendo validadas e cómpre lembrar ás persoas solicitantes que non contamos con datas estimadas para cada publicación, polo que esa información non será facilitada telefonicamente.

As datas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado (Art. 2 da Orde de convocatoria)

Toda a información pública da que dispoñemos atópase publicada nesta mesma páxina web, que se vai actualizando periodicamente mediante notas informativas (Art. 12 da Orde de convocatoria)

Pode consultar os pasos do procedemento nos seguintes documentos:

Acceso ao texto da Orde de convocatoria AXUDASLE 2026

Cartel informativo

 

NOTA INFORMATIVA DO 6 DE FEBREIRO DE 2026

A visualización da solicitude presentada na Sede Electrónica non é automática. Esta só poderá consultarse pasadas 24 horas nesta mesma páxina web do programa (https://www.edu.xunta.gal/axudasle), no apartado "2. Estado Solicitude" .

 

NOTA INFORMATIVA DO 3 DE FEBREIRO DE 2026

Prazo de solicitudes aberto dende o 4 de FEBREIRO ata o 3 de MARZO (incluído)

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca 647 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2026. 

Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que se indican na seguinte táboa:

 

Documentos e guías de axuda:

Acceso ao texto da Orde de convocatoria AXUDASLE 2026

Cartel informativo

Guía de presentación en Sede Electrónica e corrección/emendas

Preguntas frecuentes

 

A solicitude (Anexo I) presentarase obrigatoriamente a través do formulario normalizado dispoñible na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/código de procedemento ED504B.

- Será necesario dispor de calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia ou Chave365.

- Pode realizar a presentación da solicitude calquera das persoas proxenitoras ou titoras legais, ou o/a alumno/a, no caso de ter a maioría de idade.

- Cada  participante poderá presentar unha única solicitude, de existir varias, só se considerará válida a última rexistrada.

- A solicitude só se considerará presentada a través da súa sinatura na Sede Electrónica (https://sede.xunta.gal/)

 

Toda a información relacionada co estado das solicitudes ou coa adxudicación de prazas farase a través da páxina web do programa (https://www.edu.xunta.gal/axudasle).

Para a consulta do estado da súa solicitude, é preciso identificarse na web https://www.edu.xunta.gal/axudasle co mesmo certificado dixital ou Chave365 que se empregou para presentar a solicitude na Sede Electrónica.

  

CONSULTAS

Web da convocatoria: https://www.edu.xunta.gal/axudasle

Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.gal

Atención telefónica só para resolución de incidencias e/ou dúbidas que non figuren nas NOTAS INFORMATIVAS, documentos e guías de axuda publicadas nesta mesma páxina:

Horario de luns a venres: 9:00h - 14:30h

881997426 – 981957537 - 881997425