Skip to Content

Programa CUALE

Programa CUALE

CUALE é un programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras. Serven como preparación para as probas de certificación dos niveis das ensinanzas especialidadas de idiomas. Deste xeito, son fundamentais para presentantarse ás probas libres das Escolas Oficiais de Idiomas (EOI) e obter un título oficial.

 

 NIVEIS

 

 

   No IES de Mugardos impártense dentro deste programa clases de inglés nos seguintes niveis:
  • A2, dirixido a alumnado de 4.º ESO.
  • B1, dirixido a alumnado de bacharelato.
 

 GRUPOS

 

  A matrícula nestes grupos é gratuíta e aberta ao alumnado de calquera centro da comarca.
 

DOCENTES

 

  Os profesores son membros do departamento de inglés do instituto, coa colaboración dunha auxiliar de conversa.
 

HORARIO

 

  De outubro a xuño, dúas horas semanais nunha soa tarde, xeralmente do luns ou do mércores.

Scary Stories

O xoves pasado pola tarde na biblioteca, o departamento de inglés organizou para o alumando de CUALE unha lectura de contos de terror a cargo de María Victoria Vázquez. Xa vedes o bo ánimo e ambiente creado na biblioteca.

 Grazas, Victoria.

English chat

Comezo do programa CUALE (Mércores, 7 de outubro)

 

DATA DE COMEZO: Mércores, 7 de outubro de 2015

HORA: 16:00-18:30

NIVEIS: A2 e B1
             (Non se impartirá este curso o A1 nin o B2)

Condicións e alumnado seleccionado e en lista de espera
no documento adxunto.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut