Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Criesto s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

    
PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
  EDIXGAL MOODLE ABALAR  
       
   REDES     VIDEOCONFERENCIA 
 

      

Animación á lectura

Concurso "Non camiñas soa": relato premiado

A gañadora do Concurso de microrrelatos foi Iria Vázquez Gutiérrez de 2 Bach A.

 

Taller de Lettering

 

Os mércores (2.º recreo) na BIBLIOTECA

 

Samaín 2022

Este ano é terrorífico: temos monstros nas catedrais, cabazas peregrinas, cemiterios de peregrinos e a visita da Santa Compaña 

    
 

Monstros nas catedrais                                        

O Camiño de Santiago conta con innumerables construccións románicas nas que escultura e pintura cumprían dúas funcións: decorar e instruir. Nun mundo cheo de analfabetos a imaxe cumpre un rol básico: é o xeito de transmitir as ensinanzas da Igrexa, indicando aos fieis cal é o camiño a seguir para acadar a salvación. Aos visitantes de igrexas e catedrais lembrábaselles con imaxes máis ou menos terroríficas a volta de Cristo á Terra e o xuizo que fará a vivos e mortos, os castigos reservados aos pecadores e os horrores do inferno 

  
 

Cabazas peregrinas 

As gañadoras do concurso foron Nuria D. e Mishelle C. Presentaron unhas cabazas que chegaron a Compostela despois de facer o camiño inglés máis dificultoso que ninguén poida imaxinar. Un camiño cheo de desgrazas e desventuras que deixaron a súa pegada nestas pobres cabazas.

 

 

Cemiterios de peregrinos

Na Idade Media o Camiño de Santiago era moi perigoso e moitos peregrinos morreron antes de chegar a Compostela. O alumnado de 3 ESO analiza eses perigos e sitúa no mapa antigos cemiterios nos que moitos peregrinos descansan para siempre.

 
 
Fonte: Lecturamos

Concerto Zënzar.

O grupo Zënzar ofreceu un concerto no IES de Mugardos o día 7 de outubro no marco da celebración do Día do orgullo Neofalante que se conmemora o 1 de outubro.

Comezo da HORA DE LER

  

 Que é a HORA DE LER?


1)  para ler. Son quince ou vinte minutos de lectura non utilizables para realizar outras tarefas (estudar, deberes...)


2) Lectura libre. Cada un elixirá o que quere ler. O profesor/a pode recomendar lecturas e vixiar o contido das publicacións.


3) Individual e silenciosa. É importante mater o silencio para permintir a concentración na lectura. Cando o grupo o decida, poderase ler en voz alta.


4) Se alguén non quere ler deberá estar calado ata que o profesor lle subministre outras tarefas relacionadas coa lectura ou a escritura.

 

Cando?

Consulta o calendario. ------------------>

A primeira semana de HORA DE LER, a prImeira hora

    

Día da Poesía (21 de marzo)

Neste día facemos unha pequena escolma de poemas inspirados no mar e lembramos ao autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, o poeta Florencio Delgado Gurriarán.

     

Día de Rosalía

No Día de Rosalía achegámonos á súa obra xogando cos seus poemas.

 

 

 

 E felicitamos ao alumnado de FP Básica pola realización desta exposición:

n/d

Abordaxe pirata

   

 

   

 FONTE: Lecturamos

 

Distribuir contido