Skip to Content

Orientación

Exposición Eu son imprescindible

Ao longo destas semanas está connosco a exposición Eu son imprescindible, elaborada polo CEIP Unión Mugardesa. A través de fotografías achegadas polas familias do alumnado do colexio e citas de variadas figuras feministas, os paneis transmiten con forza que os coidados domésticos e "o agarimo non ten que ver con pertencer a un outro sexo. Os homes tamén son quen de amosar actitudes que tradionalmente sempre foron vencelladas á muller".

EduSolidariedade á mugardesa

  Explicación do proxecto      

ONG elixida por votación do alumnado:

UNICEF

Resultados da votación ONG:

  • UNICEF 
  • Down Galicia
  • Asanog
  • Médicos sin fronteras

Elección da ONG de Edusolidariedade á mugardesa - 2019

Preme na imaxe o na ligazón:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSekrDT19hQEf73oYbSTq3UnOHr5frLd

PRAZO DA VOTACIÓN: ata o 15 de marzo

 

O curso pasado estreamos "Edusolidariedade á mugardesa I", o proxecto de solidariedade e convivencia da rapazada, profesorado e familias dos centros educativos de Mugardos.

Grazas á colaboración dos centros educativos, do Concello e das empresas foi posible organizar un evento no que recaudamos ó redor de 1600 euros que foron destinados a "Nico contra o cancro infantil". Ademáis de fomentar a boa convivencia, coñecimos as necesidades dos rapaces e rapazas con cancro e puidemos colaborar coa investigación desta enfermidade queconta con poucos apoios por ser unha enfermidade rara e pouco frecuente. 

Este ano estamos cos preparativos para a segunda edición. O primeiro paso que demos foi realizar  esta PACMAN-presentación para darvos a coñecer as ONGs aliadas de "Edusolidariedade á mugardesa II" que loitan contra os "monstruos" da infancia e a xuventude. Os cartos recaudados irán para a ONG escollida por maioría polos catro centros participantes:

  • IES Mugardos
  • CEIP Santiago Apóstolo
  • CEIP Unión Mugardesa   
  • CPR Loyola

 

Non te preocupes se este ano non sae a túa causa solidaria porque o importante é colaborar cunha boa causa, ademáis os próximos anos terás máis oportunidades para que saia seleccionada a túa.

NOTA: A ONG escollida debe aceptar o compromiso de estar presente o día do evento e dar unha charla nos catros centros. Todas as ONGs deben cumprir o requisito de ter algunha sede en Galicia e contar con proxectos para a infancia e a xuventude. No caso de que non se acepten estas condicións, escollerase a  seguinte ONG máis votada.

 

 

Salón de Actos

O salón de actos estivo esta semana moi concorrido con diferentes actividades. Entre elas salientamos as charlas do martes para 2.º ESO sobre condutas infractoras e a lei do menor; o mércores para 2.º bacharelato sobre a oferta da Universidade da Coruña; e o xoves, para 1.º ESO, sobre as consecuencias do consumo de alcohool en menores dentro do programa Apuntámonos a non beber.

Edusolidariedade á mugardesa (25 de maio, 2018)

Ata a chuvia respectou na mañá de onte a xornada de convivencia e solidariedade do alumnado e profesorado do CEIP Unión Mugardesa, CPR Loyola e IES de Mugardos. Convivencia porque reuniu nunha mesma actividade a preto de 500 escolares, de 3 a 18 anos, de infantil a bacharelato. Solidaria porque entre todos recadamos 1.683,30 euros que a ONG "Nico contra el cáncer infantil" destinará directamente á investigación e mellora dos tratamentos.

A principal actividade consistiu na realización das carreiras, desde os cen metros ata os 1.900 metros. En todas elas os participantes amosaron un grande espírito deportivo e participativo. Grnades doses de esforzo, sorrisos e aplausos para demostrarnos que somos unha comunidade educativa viva e vibrante. Xuntos somos mellores.

Ademais dos centros educativos, na organización participou o Concello de Mugardos e contou coa axuda de varias empresas patrocinadoras e a colaboración do animador Dani Ríos . Agradecemos especialmente a participación das ANPAS, o servizo municipal de deportes, monitores de xogos populares e club Móvete de danza.

Agora, coas pilas cargadas, imos polo fin deste curso 2017-2019. Vémonos o 21 de xuño nunha nova edición dos premios Estudo e Deporte.

 

Operación Futuro: cadernos de orientación académica e profesional (2017)

  1º.BAC   4.º ESO   3.º ESO
     
 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut