![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
blogue deORIENTACIÓN
Día do medio ambiente (5 de xuño). Actividade conxunta IES de Mugardos e CEIP Unión Mugardesa
Enviado por ORIENTACIÓN o Dom, 06/06/2021 - 12:26
CELEBRAMOS O DÍA DO MEDIO AMBIENTE
|
Aledaled, ánimo 2.º bacharelato!
Enviado por ORIENTACIÓN o Xov, 06/05/2021 - 18:09Esta semana o alumnado de 2°Bacharelato comezou o período de exames cunha sorpresa.
Unha representación do alumnado de 2°ESO pasou polo salón de actos para darlles folgos e facerlles entrega dun ALEDALED personalizado para que o tiveran na súa mesa de estudo, e mantiveran a ilusión e o esforzo ata o final.
Que non sabedes o que é un ALEDALED? Pois é unha tarxetiña cunha imaxe máis unha mensaxe de ánimo que contén no seu interior un circuíto que fai que se aluminen os leds que van incrustados na tarxeta.
Antes de realizar os AledaLeds na clase de Tecnoloxía e nas titorías, o alumnado de 2°ESO xurou por Snoopy ante os seus titores/as Diego e Sandra prometendo manter o segredo e non contar a sorpresa ata que rematasen a misión.
Hoxe, o alumnado de 2° Bacharelato agradeceu cun sonoro aplauso a ilusión e detalle que o alumnado de 2°ESO tivo con eles/as. Agardamos que esta pequena gran sorpresa lles faga máis levadeiro este final de curso ou etapa. Ánimo e forza, como xa vos dixemos hoxe sodes Xeniais e podedes con todo!!

Semana das Profesións: conversas sobre o futuro
Enviado por ORIENTACIÓN o Dom, 04/04/2021 - 14:49
PÓDESE EMPRENDER EN MUGARDOS?
|
|
»
Orienta vs Coronavirus
Enviado por ORIENTACIÓN o Mar, 17/03/2020 - 19:21Que se pensaba este bichito...que non iamos ser capaces de orientar online? Sempre teremos o ORIENTA.
Agora que non tes que vir ao centro, bota un ollo a todas as opcións que podes estudar. Tamén podes facer os cuestionarios para que o programiña te axude a escoller materias,modalidades, grãos, ciclos.
Podes facerme as consultas que queiras por privado ou, correo ou teléfono.