![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Actividades Agrarias
Catálogo de arranxos florais para San Valentín
Enviado por admin o Mar, 02/02/2021 - 18:58Realiza a túa encarga xa!!!
Feliz día de San Cidre
Enviado por vscamino o Ven, 15/05/2020 - 13:27O coidado da terra e a agricultura sostible serán fundamentais para saír adiante.
Hoxe e todos os días do ano... #pensaenverde !!!
Trampeo de vespa velutina
Enviado por vscamino o Mér, 22/04/2020 - 21:04
O alumnado de FPB2 iniciou no mes de marzo un proxecto no Instituto. Denomínase "captura e mostreo de vespa velutina".
Con esta actividade búscase facer un análise da presenza actual desta especie no noso entorno (determinar as curvas de voo e determinar cal é o período óptimo de trampeo). Construímos catro modelos diferentes de trampa, coa intención de elexirmos a máis eficaz, e todas elas xa foron instaladas nos xardíns do instituto durante a segunda semana de marzo.
A suspensión na actividade docente non supuxo un atranco neste proxecto, senón máis ben un impulso: ampliamos a zona de mostreo!. Seguimos a traballar nesta iniciativa dende as nosas casas, e cada un de nós constrúe e instala trampas próximas á súa vivenda; tamén faremos a posta en común dos datos de captura.
Dende aquí, animamos a todo o profesorado e alumnado que queira colaborar con este proxecto, a instalar trampas na súa zona, enviándonos fotos das mesmas e datos das capturas. Adxúntase un pdf coas instruccións para fabricar unha trampa caseira.
Aí van as primeiras imaxes...
Foto: Mateo Foto: Beba
Traballo diario de xardinería e fertilización/rega/tratamentos
Enviado por vscamino o Mér, 18/03/2020 - 22:04O alumnado de xardinería (1ºFPB) e fertilización/rega/tratamentos (2ºFPB) solicitará mediante correo electrónico ao profesor (martin.blanco.hermida@edu.xunta.gal) os materiais para continuar coa aprendizaxe mediante a modalidade de teleformación
Neste blogue publicaranse actividades complementarias de interese para os alumnos e para todos aqueles que teñades interés pola xardinería e o paisaxismo.
Tamén haberá novas publicacións no blogue https://qualityclilinvocational.blogspot.com/ acerca do aprendizaxe conxunto de materias e idiomas e sobre o Erasmus+ que se está a levar a cabo no centro.
Módulos de floraría (FPB II) e produción de planta (FPB I)
Enviado por patriciablanco o Mér, 18/03/2020 - 19:57
A comunicación co alumnado será a través do correo electrónico. Aqueles alumnos a titorizar nos módulos de floraría en FPB II e produción de planta en FPB I deberán enviar un correo electrónico á dirección mario.soto@edu.xunta.gal Unha vez recibido o correo electrónico recibirán os materiais de traballo. |
Escribide
Agroxardinaría e composicións florais nas Xornadas de Orientación de Ferrol
Enviado por admin o Mér, 10/04/2019 - 20:52
Esta mañá celebrouse no Auditorio de Ferrol a Xornada de Orientación Educativa e alí estivo tamén o noso alumnado e profesores do ciclo de FP Básica. Aproveitaron a oportunidade de estar xunta no maior escaparate da oferta educativa da comarca para estrear o hotel de insectos e ensinarlles a todos os visitantes a técnica do kokedama... e, como non, promocionar Agroxardinaria e composicións florais.
Participación en GaliciaSkills 2018
Enviado por admin o Ven, 30/11/2018 - 22:57Por primeira vez o IES de Mugardos partipou no GaliciaSkills, o V campionato galego da Formación Profesional celebrado esta semana en Silleda. O alumnado de FP Básica de Agroxardinaría e composicións florais encargouse da decoración do cocktail preparado polo IES Fragas do Eume trala entrega dos premios.
Parabéns ao alumnado e aos profesores Mario e Martín por estes dous días de intenso traballo e experiencias formativas na grande cita da Formación Profesional de Galicia.
Máis información en Á Mugardesa Arte Floral
