Skip to Content

Economía

Minimarket Emprende Xove (2018)

Un numeroso grupo de alumnos e alumnas das diferentes materias relacionadas coa Economía, desde 4.º ESO ata bacharelato, impartidas pola profesora Carmen Meiriño, participaron na quinta edición de Minimarket EmprendeXove celebrado este sábado no Auditorio de Ferrol. Trátase dun concurso patrocinado pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Ferrolterra, Eume e Ortegal que premia o talento, o espírito emprendendor e a orixinalidade de proxectos dos estudantes. Nesta ocasión xuntáronse un total de once centros da bisbarra. Parabéns a todos!!!

Participación na Olimpíada Galega de Economía

                 

 O sábado 7 de abril tivo lugar na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense a Olimpíada Galega de Economía. O departamento de Economía do IES Mugardos enorgullécese de ter participado un ano máis, contando coa participación do alumno Nicolás Nieto, da materia de Economía de Empresa (2.º Bac).  

Para el e para a profesora Mara Meiriño,  o noso recoñecemento pola boa disposición e esforzo. Parabéns!

Participación na VIII Olimpíada Galega de Economía

O pasado venres 31 de marzo tivo lugar na Facultade de Economía e Empresa de A Coruña a VIII edición da Olimpíada Galega de Economía. O departamento de Economía do IES Mugardos enorgullécese de ter participado un ano máis, contando coa participación de cinco estudantes de 2º de Bacharelato: Cristina Filgueiras, Raquel Pérez, Alberto Pérez, Miguel Pereira e Adán Rivera. Vaia por diante o noso recoñecemento ao alumnado paticipante pola súa disposición e esforzo. Noraboa!

Proxectos para o Premio Desafío Emprende, 2017

Os profesores do Departamento de Economía, Carmen Meiriño e Manuel López, animaron a todo o  alumnado dos distintos cursos de Economía  4º ESO e 1ºBAC. e máis Fundamentos da Administración e Xestión de 2º BAC.  a participar no concurso Desafío Emprende organizado pola Fundación La Caixa. Este concurso ten os obxectivos de promover os valores e a actitude emprendedora entre os estudantes. Trátase de desenvolver un proxecto empresarial que solucione unha necesidade  detectada na sociedade de xeito innovador e creativo.
A resposta do noso centro foi abraiante, tanto polo número de alumnos que participaron (un total de 14 grupos de 4 a 6 alumnos cada un) coma polo nivel de implicación, traballo e os resultados, mesmo coa presenza en redes sociais, dos proxectos desenvolvidos.
Moitos destes grupos crearon unha web onde divulga as características dos seus produtos como se fose unha empresa profesional. Algúns tamén crearon contas en Facebook, Twitter e outras redes sociais.
Estamos moi orgullosos do traballo feito por todos eles e agora estamos agardando os resultados do concurso. O 7 de abril coñeceranse os 35 seleccionados entre máis de 1400 presentado en toda España  que irán ao  Campus Desafío Emprende en Barcelona a principios de maio. Deses 35, cinco serán os afortunados que han gozar dunha semana de formación en Silicon Valley, San Francisco, a comezos de xullo.
Estaremos entre os elixidos? En calquera caso, o traballo destes rapaces e rapazas merece gran recoñecemento da nosa parte. Parabéns! Gran traballo!

Velaquí os proxectos:

 

 EUREKA

Pulseira intelixente coa función de facilitar a vida daquelas persoas que sofren doenzas relacionadas coa memoria ou menores que nalgún momento da súa infancia se desorienten debido á perda de localización dos seus pais.

 

 

 

FAST PAY

Medio de pagamento en webs e online con diñeiro en efectivo a través do móbil.

 

 

 

 

FEEDPET

Feedpet é dispositivo de alimentación electrónico co que  poderás  darlle de comer e beber a túa mascota  as veces que sexan necesarias e sen estar na casa. Deseñamos un mecanismo que se controla desde o teu móbil, co que programar o sistema y e ver a túa mascota sempre  que o precises.

 

GTC PROJECT

Libro electrónico que aforra peso aos escolares e facilita o traballo dos profesores.

 

 

 

 
 

HELP CLOTHES

As chaquetas intelixentes Help Clothes de baterías están deseñada con sensores que axustan automaticamente a temperatura segundo as preferencias persoais.

 

PROYECTO MEDICA

O proxecto MEDICA está pensado para que a xente maior o con algún tipo de problema non teña a preocupación de memorizar,  cales pastillas tomar ou a qué hora. A nosa solución é un dispositivo que almacena e proporciona os medicamentos  avisando cando haxa que tomalas, con sinais luminosos  e auditivos.

   

 

 

PROYECTO NEPTUNO

Neptuno é un aparello  fabricado en fibra de carbono ultra resistente que permite igual que as branquias extraer el osíxeno presente na auga. Permite a quen queira experimentar a experiencia de mergullase sen límite de tempo.

 

VISIONARY CORPORATION

SmartGlasses son uns lentes intelixentes con capacidade de detección de obstáculos  debido a que incorporan un pequeno sensor na patilla esquerda, sen afectar a comodidade ou estética.

 

 

 

 

SPEED BUS

Trátase dunha aplicación que informa do punto exacto onde está o autobús en cada unha das súas rutas. Pensada para lugares pequenos: aldeas, vilas...

 

 VISUALITÊ

Audition  consiste nun caxato con sensores que captan todo tipo de obstáculos e atrancos que se presenten no camiño. Ademais, incorpora un audífono que proporciona datos sobre a ubicación  no momento exacto e guia cara ao destino solicitado polo propio cliente.

     

 OUTROS:

Hot Freeze, aparello para arrefriamento rápido de bebidas.

Key out, dispositivo para localizar axiña chaves y outros obxectos.

Bag Vibrator, mochila que dá masaxes cervicais e alivia problemas de columna.

Light Consum, aplicación que nos avisa se deixamos luces acesas así como dos consumos eléctricos dos aparellos do fogar fogar.

Na Olimpíada de Economía celebrada en Vigo

O pasado venres, 17 de xuño, catro alumnos de 2.º bacharelato participaron na VII edición da Olimpíada de Economía. As probas desenvolvéronse na Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Vigo. Desde aquí o recoñecemento ao esforzo realizado polos alumnos e a profesora, Mara Meiriño.

Obradoiro para a aprendizaxe de traballo en equipo

Alunm@s de 4° de ESO  e de 1° de Bacharelato tiveron hoxe venres 29 de xaneiro un obradoiro para aprendizaxe do traballo en equipo, patrocinado pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrolterra.

 

1.º Premio e finalistas do Emprende Ferrolterra Xove, 2015

 

 

 

1.º Premio Emprende Xove da Asociación Jóvenes Empresarios (AJE) 

de Ferrolterra na categoría de bacharelato ao proxecto empresarial 
titulado Sensateca presentado polas alumnas 
Inés DíazTania García e Natalia Fontán.

Asemade, quedou finalista o proxecto Traveling Objects 
realizado por Javier Lorenzo, Antón Sánchez e Álvaro Romaus.

Parabéns a todos os participantes e a Mara Meiriño
profesora de Economía e do Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras.


Galería de imaxes

 

 

Olimpíada de Economía

As alumnas de 2.º Bacharelato Verónica González, Fátima Díaz e Yaiza Loureiro participaron o pasado 9 de abril na Olimpíada Galega de Economía que tivo lugar na Facultade de  Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de  Compostela.
Merecen un enorme recoñecemento xa que nestas datas están a enfrontar a recta final do curso, con moitos exames e moito estrés. E aínda así empregaron toda unha longa tarde nesta actividade. Parabéns polo esforzo adicado.

Distribuir contido


by Dr. Radut