Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Criesto s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

    
PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
  EDIXGAL MOODLE ABALAR  
       
   REDES     VIDEOCONFERENCIA 
 

      

4.º ESO

Comezo da HORA DE LER

  

 Que é a HORA DE LER?


1)  para ler. Son quince ou vinte minutos de lectura non utilizables para realizar outras tarefas (estudar, deberes...)


2) Lectura libre. Cada un elixirá o que quere ler. O profesor/a pode recomendar lecturas e vixiar o contido das publicacións.


3) Individual e silenciosa. É importante mater o silencio para permintir a concentración na lectura. Cando o grupo o decida, poderase ler en voz alta.


4) Se alguén non quere ler deberá estar calado ata que o profesor lle subministre outras tarefas relacionadas coa lectura ou a escritura.

 

Cando?

Consulta o calendario. ------------------>

A primeira semana de HORA DE LER, a prImeira hora

    

Folga do 23 de setembro

NOTA: Non afecta a 1.º e 2.º ESO.

8 de setembro: COMEZO DAS CLASES

08/09/2022 00:00
08/09/2022 15:00
Europe/Madrid

AVISO: Folga do transporte escolar (martes, 21 de xuño)

Para mañá martes, 21 de xuño, está convocada unha folga que pode afectar ao correcto funcionamento do servizo de transporte escolar.

Sentimos as molestias que este feito poida ocasionar. 

Información sobre servizos mínimos:

ORDE do 16 de xuño de 2022 pola que se establecen os servizos mínimos que se prestarán durante a folga convocada pola Confederación Intersindical Galega (CIG) na UTE Hércules Norte, na UTE Escolar Lote 9 e na UTE Escolar Lote 11, para o 21 de xuño de 2022.

Excursión fin de curso

 

Calendario e sobres de matrícula (Curso 2022-2023)

 

  

Sobres de matrícula

                                             

 

Sorteo dun xamón ibérico (rifas pro-excursión fin de curso)

No sorteo do xamón ibérico celebrado no primeiro recreo do venres, 3 de xuño, resultou agraciado número 0783
adquirido pola familia Romero Castro de Mugardos. 
A gozar do magnífico pernil e o alumando de 4.º e 1.º bacharelato conseguiron
deste xeito un bo finanzamento para a excursión de fin de curso que emprenderán o vindeiro luns. Grazas á ANPA pola colaboración.

4.º ESO / 1.º BAC. - Excursión fin de curso

04/06/2022 09:00
09/06/2022 20:00
Europe/Madrid

Premio concurso do entroido

O alumnado de 4.º ESO-B e FPBásica I gozaron ao longo da mañá deste martes dos seus respectivos premios no concurso de disfraces de aula do entroido. Nun caso desprazáronse ata as instalacións de Humor Amarelo na Coruña e noutro, ao Sould Park Jump de Narón. Trátase, asemande,das primeiras saídas en autobús coas que o centro pretende ir cara á normalidade das actividades complementarias e extraescolares.

Charla de Francisco Rodríguez sobre o 10 de marzo

O alumando de 4.º ESO asistiu a unha charla co político e antigo deputado Francisco Rodríguez. O asunto principal da actividade xirou arredor da conmemoración do 50 aniversario do 10 de marzo de 1972. Ademais da súa intervención, realizouse a proxección dun vídeo con testemuños e explicacións dos acontecementos e realizouse un breve debate.

4.º ESO: miniprogramacións

AVISO IMPORTANTE

Segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galiciacómpre ter en conta os seguintes cambios que afectan ás programacións:

  • No mes de xuño realizarase a terceira avaliación (semana do 6 de xuño) e a avaliación final ordinaria (22 de xuño).
  • O período entre a avaliación terceira e final será lectivo e de asistencia obrigatora. Realizaranse actividades de apoio, reforzo, recuperación, ampliación e titoría.
  • Na ESO desaparece a convocatoria de avaliación extraordinaria.

CAPÍTULO III
Artigo 7.  Avaliación

(...)

8. O período abranguido entre a terceira avaliación parcial e a avaliación final dedicarase a actividades de apoio, reforzo, recuperación, ampliación e titoría. Nese sentido, para o alumnado que teña materias ou ámbitos con partes sen superar logo de realizada a terceira avaliación parcial, o equipo docente realizará un breve informe de avaliación individualizado que debe servir de base para o deseño das correspondentes actividades de recuperación. A cualificación definitiva das materias ou dos ámbitos farase efectiva na avaliación final de curso.

Distribuir contido