![]() |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Premio Estudo e Deporte
Participación na X Olimpiada de Filosofía de Galicia (vídeo)
Enviado por ofelia786 o Sáb, 04/03/2023 - 10:27As fronteiras
Únete aos retos do Camiño de Santiago. Aplicación STRAVA
Enviado por admin o Xov, 15/12/2022 - 20:28Este ano contamos no instituto cun proxecto centrado no Camiño de Santiago que ademais de buscar un achegamento cultural tamén propón un fomento de estilos de vida saudables a través de camiñadas, carreiras e saídas en bicicleta.
![]() |
EN QUE CONSISTE?Lanzaranse 3 retos progresivos ao longo do curso baseados na consecución de distancias marcadas onde alumnos/as, profesores/as e familiares poderán tentar alcanzar estas metas, competindo a maiores por subiren ao pódium de cada reto. 1º RETO Desde o 19 de decembro até o 19 de febreiro. Deberemos alcanzar unha distancia de 50km percorridos. 2º RETO Desde o 20 de febreiro até o 10 de abril. Deberemos alcanzar unha distancia de 50km percorridos. 3º RETO Desde o 11 de abril até o 18 de xuño. Deberemos alcanzar unha distancia de 70km percorridos. Cómpre salientarmos que aínda que lográsemos alcanzar a distancia do reto antes da súa finalización, sempre podemos tentar aumentar a nosa quilometraxe e competir por ser os máis activos do IES Mugardos. Estes 3 retos virán acompañados de información cultural achega do Camiño Inglés. Deste xeito descubriremos lugares descoñecidos a visitar durante este proceso. + INFORMACIÓN:
|
VIII PREMIO ESTUDO E DEPORTE
Enviado por admin o Sáb, 29/06/2019 - 11:00
GALA DE ENtREGA DOS PREMIOS E MENCIÓNS
Venres, 21 de xuño
MIGUEL SEOANE, da Agrupación de Montaña e Escalada Bestarruza
MIKEL PASABANT, deportista galego de alto nivel (vela)
VII Premio Estudo e Deporte
Enviado por admin o Xov, 21/06/2018 - 22:39
Neste grupo de caras sorrintes e contaxiosa alegría queremos representar o mellor do curso 2017-2018 que hoxe despedimos, como desde hai xa sete edicións, coa entrega dos Premios Estudo e Deporte. Son unha magnífica representación de todos os niveis educativos do instituto e dos 36 clubs deportivos ou asociacións nos que o noso alumnado practica algún tipo de actividade física. De todos eles estamos moi orgullosos e recoñecemos o seu esforzo e talento.
No acto acompañáronos, por unha banda os representantes o equipo feminino de balonceso Star Center Uni Ferrol: a capitá do equipo, Patricia Cabrera, e o entrenador da magnífica temporada pasada, Lino López. Coas súas palabras e bágoas de emoción, Patri pedíalle ás rapazas que loitaran pola igualdade no deporte e aos rapaces que as apoiasen! Toda unha lección dos sentimentos e valores do deporte.
Tamén contamos coa presenza de Maca Cabaleiro, toda unha pioneira na promoción do deporte feminino e primeira muller que saíu de España para xogar ao balonceso. Contounos os inicios do baloncesto feminino na comarca en Mugardos e as dificultades que deberon superar.
![]() |
![]() |
![]() |
Parabéns a todos/as os participantes!!!
Grazas aos clubs, ANPA e Concellos.
ACTO CULTURAL FIN DE CURSO (22 de xuño)
Enviado por admin o Mar, 21/06/2016 - 17:30
FIN DE CURSO 2015-2016 | ||
10:15 | Comezo do servizo de transporte nas paradas habituais. |
|
10:30 |
Inicio das actividades:
|
Vestíbulo |
10:45 |
Acto cultural:
|
Salón de Actos |
12:00 |
Carreira de bólidos (4.º ESO) |
Corredor central |
12:30 |
Descanso
Sorteo da táblet Galaxy a cargo da ANPA |
Terraza da cafetaría |
12:30 |
Recepción de autoridades |
|
13:00 |
|
|
14:00 |
Remate
|
IV Premio Estudo e Deporte
Enviado por admin o Xov, 11/06/2015 - 17:29
GALA DE ENTREGA DOS PREMIOS
Salón de Actos do IES de Mugardos19 de xuño de 2015
(12:30 horas)
Primeira reunión para os Premios Estudo e Deporte
Enviado por admin o Mar, 17/03/2015 - 19:10O pasado martes reuniuse a Comisión dos Premios Estudo e Deporte para botar a antar a cuarta edición desta iniciativa que ten por finalidade promocionar a actividade física e valorar o esforzo dos nosos estudantes no eido académico e deportivo. Na convocatoria participaron os representantes dos Concellos de Mugardos e Ares, do Club de Remo, a SDC Galicia de Mugardos, a ANPA e mais do instituto coa presenza por primeira vez do sector do alumnado.
Entre todos puideron valorar as propostas de modificación das bases e o procedemnento do baremo. Asemade, aprobouse a listaxe de participantes que neste curso ascede a 120 matriculados no instituto que practican deportes ou actividades físicas regulamentadas. Deste xeito, están implicados 31 clubs e asociacións da comarca que contan cun gran número de adestradores e adestradoras cuxo labor resulta imprescindible. Por iso, a Comisión decidiu dedicar o acto da entrega dos Premios Estudo e Deporte a enxalzar a figura dos adestradores.
![]() |
