![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Actividades EDL
Coreografía "Figa" de Tanxugueiras
Enviado por delatorreconde o Ven, 23/12/2022 - 15:19Baile para o segundo certame Coreografíate na categoría de centros de ensino.
Bailadoras: Nerea, Noemí, Cloe, Martina, Lara, Antía, Rebeca, Anxo, Adriana e Faia.
Coordinación: Eva de la Torre e Micaela Rei
Montaxe do vídeo: MIguel Gil
Samaín 2022
Enviado por admin o Mar, 01/11/2022 - 14:02Este ano é terrorífico: temos monstros nas catedrais, cabazas peregrinas, cemiterios de peregrinos e a visita da Santa Compaña
Monstros nas catedrais O Camiño de Santiago conta con innumerables construccións románicas nas que escultura e pintura cumprían dúas funcións: decorar e instruir. Nun mundo cheo de analfabetos a imaxe cumpre un rol básico: é o xeito de transmitir as ensinanzas da Igrexa, indicando aos fieis cal é o camiño a seguir para acadar a salvación. Aos visitantes de igrexas e catedrais lembrábaselles con imaxes máis ou menos terroríficas a volta de Cristo á Terra e o xuizo que fará a vivos e mortos, os castigos reservados aos pecadores e os horrores do inferno |
||
Cabazas peregrinas As gañadoras do concurso foron Nuria D. e Mishelle C. Presentaron unhas cabazas que chegaron a Compostela despois de facer o camiño inglés máis dificultoso que ninguén poida imaxinar. Un camiño cheo de desgrazas e desventuras que deixaron a súa pegada nestas pobres cabazas. |
||
|
Cemiterios de peregrinos Na Idade Media o Camiño de Santiago era moi perigoso e moitos peregrinos morreron antes de chegar a Compostela. O alumnado de 3 ESO analiza eses perigos e sitúa no mapa antigos cemiterios nos que moitos peregrinos descansan para siempre. |
Concerto Zënzar.
Enviado por admin o Mér, 12/10/2022 - 21:47O grupo Zënzar ofreceu un concerto no IES de Mugardos o día 7 de outubro no marco da celebración do Día do orgullo Neofalante que se conmemora o 1 de outubro.
Maios, 2022
Enviado por Serafín o Xov, 12/05/2022 - 19:36Este luns, 9 de maio, Mugardos voltou a recuperar a festa dos Maios impulsada pola asociación cultural Apelón Educación para os centros educativos. Logo de dous anos sen podermos baixar á vila, o alumnado deuse cita no cantón de Cora para a realización dos monumentos vexetais. No noso caso, participapamos co alumnado de 1.º ESO, que confeccionou unhas coplas, e o mais FP Básica, que se encargou da estrutura do barco floral. Ademais, axudaron aos máis cativos a colocar as flores. Para completar a festa actuou a cantautora MJ Pérez.
Día da Poesía (21 de marzo)
Enviado por admin o Lun, 21/03/2022 - 12:05Neste día facemos unha pequena escolma de poemas inspirados no mar e lembramos ao autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, o poeta Florencio Delgado Gurriarán.
Día de Rosalía
Enviado por admin o Mér, 02/03/2022 - 14:21No Día de Rosalía achegámonos á súa obra xogando cos seus poemas.
E felicitamos ao alumnado de FP Básica pola realización desta exposición:
Samaín, 2021
Enviado por admin o Lun, 08/11/2021 - 14:04 Iniciamos o mes de novembro coa tradicional festa de Samaín e o concurso de cabazas.
Agradecemos a colaboración do alumnado de FP.
Non esquezades recoller o voso premio na Biblioteca.
