Enderezo Rúa do Criesto s/n 15620 Mugardos (A Coruña)
PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
EDIXGAL
MOODLE
ABALAR
REDES
VIDEOCONFERENCIA
Curso 2022-2023
Olga
Cabalar
olga.mcabalar @ edu.xunta.gal
Atención a pais e nais
Luns 11:35 – 12:25
Docencia
2.ºESO: Música 2.º ESO: Investigación e tratamento da información 3.º ESO: Música 3.º ESO: Proxecto competencial 4.º ESO: Artes escénicas e danza 4.º ESO: Inic. activ. emprendedora e empresarial
Cargos
Xefe do Departamento de Música
Coordinadora do EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Hoxe non estamos celebrando o Día do Libro na nosa biblioteca, nin nas nosas aulas, nin nas nosas librarías , pero hoxe celebramos esta data dun xeito moi especial porque, malia o que estamos vivindo, atopamos un motivo ilusionante para achegarnos e reunirnos ao redor do libro e da lectura.
Se a lectura é, a meirande parte das veces, un acto solitario e individual, o seu poder e o poder do libro puido facer posible esta colectiva e marabillosa resposta a unha convocatoria á que acudiron representantes de todos os sectores da comunidad educativa. E con todas as súas achegas é posible visualizar neste vídeo as moitas posibilidades que o libro nos ofrece.
Damos as grazas a todos os que participaron na súa creación e, en especial, aos alumnos e alumnas que xa non están neste curso no instituto, porque a súa colaboración deixa claro o vínculo creado: sabemos que podemos contar con eles, saben que poden contar con nós.
Neste mundo actualmente ameazado por un virus, hai moitísima xente que leva dentro outro virus, o da lectura, para o cal non hai que atopar vacina ningunha.
E desde aquí volvemos repetir #AbrimosUnLibroEQuedamosNaCasa