![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Premios e traballos
Resolución do cubo de Rubik (Club de ciencias)
Enviado por admin o Sáb, 28/01/2023 - 12:58Obradoiro de resolución do cubo de Rubik
+ Infomación: xoves, 2 de febreiro no segundo recreo.
Aula de Matemáticas
Coreografía "Figa" de Tanxugueiras
Enviado por delatorreconde o Ven, 23/12/2022 - 15:19Baile para o segundo certame Coreografíate na categoría de centros de ensino.
Bailadoras: Nerea, Noemí, Cloe, Martina, Lara, Antía, Rebeca, Anxo, Adriana e Faia.
Coordinación: Eva de la Torre e Micaela Rei
Montaxe do vídeo: MIguel Gil
Volta ás clases: 9 de xaneiro
Enviado por admin o Mér, 21/12/2022 - 23:45Remate das vacacións escolares de Nadal
Volta ás clases
Luns, 9 de xaneiro de 2023
Únete aos retos do Camiño de Santiago. Aplicación STRAVA
Enviado por admin o Xov, 15/12/2022 - 20:28Este ano contamos no instituto cun proxecto centrado no Camiño de Santiago que ademais de buscar un achegamento cultural tamén propón un fomento de estilos de vida saudables a través de camiñadas, carreiras e saídas en bicicleta.
![]() |
EN QUE CONSISTE?Lanzaranse 3 retos progresivos ao longo do curso baseados na consecución de distancias marcadas onde alumnos/as, profesores/as e familiares poderán tentar alcanzar estas metas, competindo a maiores por subiren ao pódium de cada reto. 1º RETO Desde o 19 de decembro até o 19 de febreiro. Deberemos alcanzar unha distancia de 50km percorridos. 2º RETO Desde o 20 de febreiro até o 10 de abril. Deberemos alcanzar unha distancia de 50km percorridos. 3º RETO Desde o 11 de abril até o 18 de xuño. Deberemos alcanzar unha distancia de 70km percorridos. Cómpre salientarmos que aínda que lográsemos alcanzar a distancia do reto antes da súa finalización, sempre podemos tentar aumentar a nosa quilometraxe e competir por ser os máis activos do IES Mugardos. Estes 3 retos virán acompañados de información cultural achega do Camiño Inglés. Deste xeito descubriremos lugares descoñecidos a visitar durante este proceso. + INFORMACIÓN:
|
Recollida de alimentos non perecedeiros (Cáritas)
Enviado por admin o Lun, 05/12/2022 - 14:22Campaña de recollida de alimentos non percedeiros
DATAS: do 5 ao 19 de decembro
LUGAR: mesas situadas na entrada do IES de Mugardos
Resultados das eleccións ao Consello Escolar (2022)
Enviado por admin o Xov, 01/12/2022 - 22:37Estes son os resultados das eleccións ao Consello Escolar celebradas este martes, 29 de novembro.
PAIS, NAIS, TITORES LEGAIS | |
Candidaturas electas | Rocío García Fontán |
Suplentes |
Eduardo Lorenzo Cabezón |
ALUMNADO | |
Candidaturas electas | Marta Casteleiro Rivera |
Antía Martínez Romero | |
Suplentes |
Alonso Amenedo Pérez Íker Fernández Casal Noemí Abeal Payo Carolina García Hermida Eneas Pérez Cruz Óscar Pita Freire Anxo Silvén Montes |
PROFESORADO | |
Candidaturas electas | Begoña Gómez Díaz |
Micaela Rei Castro | |
Monse Arza Rodríguez | |
Suplentes |
Juan José Guillín Fraga Isabel Calvo Díaz |
Poderanse presentar reclamacións por un prazo de quince días perante o Xefe Territorial da Consellería de Educación.
Cadidaturas (Consello Escolar, 2022)
Enviado por admin o Mar, 22/11/2022 - 23:14
Profesorado |
Alumnado |
Familias |
|||
![]() |
![]() |
![]() |
Taller de LETTERING (Biblioteca) - Mércores, 2.º recreo)
Enviado por admin o Dom, 20/11/2022 - 15:46Campionato escolar de remoergómetro
Enviado por admin o Sáb, 12/11/2022 - 12:18Ao longo da mañá do martes, 8 de novembro, o pavillón do instituto acolleu o primeiro campionato de remo-ergómetro organizado polo Club do Mar para todos os centros educativos do concello de Mugardos. O alumnado participou por niveis educativos, desde terceiro de primaria ata cuarto de secundaria.
Asemade, estanse a disputar durante os recreos as probas dos Xogos Olímpicos.
Samaín 2022
Enviado por admin o Mar, 01/11/2022 - 14:02Este ano é terrorífico: temos monstros nas catedrais, cabazas peregrinas, cemiterios de peregrinos e a visita da Santa Compaña
Monstros nas catedrais O Camiño de Santiago conta con innumerables construccións románicas nas que escultura e pintura cumprían dúas funcións: decorar e instruir. Nun mundo cheo de analfabetos a imaxe cumpre un rol básico: é o xeito de transmitir as ensinanzas da Igrexa, indicando aos fieis cal é o camiño a seguir para acadar a salvación. Aos visitantes de igrexas e catedrais lembrábaselles con imaxes máis ou menos terroríficas a volta de Cristo á Terra e o xuizo que fará a vivos e mortos, os castigos reservados aos pecadores e os horrores do inferno |
||
Cabazas peregrinas As gañadoras do concurso foron Nuria D. e Mishelle C. Presentaron unhas cabazas que chegaron a Compostela despois de facer o camiño inglés máis dificultoso que ninguén poida imaxinar. Un camiño cheo de desgrazas e desventuras que deixaron a súa pegada nestas pobres cabazas. |
||
|
Cemiterios de peregrinos Na Idade Media o Camiño de Santiago era moi perigoso e moitos peregrinos morreron antes de chegar a Compostela. O alumnado de 3 ESO analiza eses perigos e sitúa no mapa antigos cemiterios nos que moitos peregrinos descansan para siempre. |
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
