![]() |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Club de Ciencias
Elaboración de biodiésel (club de ciencias)
Enviado por guillin o Sáb, 11/03/2023 - 15:22
O club de ciencias comezou esta semana unha actividade no laboratorio de química. Trátase da transformación de aceite usado en combustible.
Poderemos seguir o proceso guiado polo profesor Guillín no blog MUGARCIENCIAS.
DESPEDIDA E PECHE...ESCAPE ROOM E DEPORTE PARA DESPEDIR O ANO
Enviado por guillin o Mér, 22/12/2021 - 11:04Onte 21 de decembro puxemos punto e seguido a esta incerta andaina que nos toca seguir no curso 2021-22. Fomos librando moi ben do bichiño durante todo o trimestre e tocaba celebralo...con sentidiño.
Empezamos a mañá cunhas pachanguiñas de baloncesto co incentivo de ver en acción a parte do profesorado.
O resultado é o de menos pero aparte de pasalo estupendamente descubrimos que a sección feminina xa non ten nada que envexar aos rapaces...pasáronlles por riba ja ja.
Despois dunha horiña de xogo, algúns (enténdase profes) xa pedían papas. Chegaba o momento de descansar un pouco e comezar a actividade estrela do día: un "escape room" masivo que poría a proba a capacidade do alumnado para botar man do inxenio e os coñecementos adquiridos durante estes 3 meses.
Participaron todas as clases, que durante máis de 2 horas trataron de resolver as preguntas, acertixos, adiviñanzas...que parte do profesorado preparou para eles.
Non podíamos deixar pasar a oportunidade de darlle a noraboa ao alumnado de teatro de 2ºBAC que foi o encargado de montar garda na porta de cada clase atendendo as dúbidas e respostas dos compañeiros e facendo que todo transcorrese segundo o previsto. Impresionante o "atrezzo" digno das mellores películas de Hollywood ;-)
Aínda que todo é susceptible que ser analizado desde moitos puntos de vista...creemos que foi todo un éxito que non cae en saco roto para o futuro.
A clase de 4ºESO B resultou a gañadora
A canción do pirata de josé de Espronceda (Non podía ser doutro xeito) foi a chave para reolver o misterio...
Noraboa a todos os que dalgunha maneira (participando, axudando...) levaron adiante esta iniciativa do equipo directivo que cristalizou nunha bonita experiencia.
Xa non quedaba moita mañá por diante pero para poñerlle o broche de ouro alá fomos de novo parte do profesorado para enfrontarnos, desta volta en futbol, contra oa animosos alumnos. O resultado foi marabilloso xa que ningún dos docentes acabou sendo atendido polos servizos médicos e non houbo que lamentar baixas salientables.
Agora o que toca é descansar e coller ánimos para a volta e seguir alerta contra a COVID que parece empeñada en non darnos tregua.
Podedes ver nos arquivos anexos algunha imaxe mais do día. Bo Nadal a todos.
OS FISIQUIÑOS NA COCIÑA
Enviado por guillin o Dom, 28/11/2021 - 10:19Convidámosvos a ver os fisiquiños que sacamos da actividade feita co alumnado na elaboración dos biscoitos. Os fisiquiños son anacos de realidade, arrancados a mordiscos en forma de imaxe. Levan asociados unha reflexión escrita, que non necesariamente tes que entender...é máis, podes cambiala por unha túa e así farás os teus propios fisiquiños.
Aquí a tedes
QUÍMICA NA COCIÑA NO IES de MUGARDOS
Enviado por guillin o Mér, 24/11/2021 - 21:00O martes 23 de Novembro retomamos os bos costumes prepandémicos e levamos a cabo (coas medidas de aireación e máscara obrigadas) unha actividade colectiva co alumnado de 3ºESO. Tratábase de elaborar uns biscoitos...pero dita elaboración implicaba un traballo previo de busca bibliográfica de receitas e orzamentos do material e ingredientes necesarios. O traballo do martes consistiu en elaborar a mestura que debía encher os moldes axeitados, que despois moi amablemente a panadería do concello Os Corzás lle deu a temperatura correcta nos seus fornos para obter uns produtos socialmente aproveitables, que vós mesmos podedes comprobar nas imaxes que acompañan a este reseña.
O Traballo de grupo foi moi bo, organizado e eficaz
E claro ao final todos contentos polo resultado...que hoxe foi valorado tanto en estética (presentación) como en sabor por parte de representantes de alumnos e profesores. Porque ao final isto contaba para nota ;-)
Visita á Casa das Ciencias
Enviado por anapalmero o Dom, 09/02/2020 - 22:09O pasado xoves, 30 de xaneiro, os alumnos e alumnas de 1.º ESO visitaron a Casa das Ciencias da Coruña. Foi unha mañá moi entretida na que visitaron a sala de exposicións e puideron asistir a unha sesión do planetario. Observamos o ceo nocturno e aprendemos un pouco máis do universo.
![]() |
![]() |
Química na cociña
Enviado por guillin o Xov, 16/01/2020 - 11:12Para despedir o ano e introducir o tema das mesturas aproximamos un pouco máis a química ao alumnado trabajando "na cociña" moitos conceptos importantes no estudio da materia: mesturas homoxéneas e heteroxéneas, técnicas de separación, sólidos e gases, proceso de fermentación...tratábase de traballar en grupo para acadar do mellor xeito posible a elaboración dun produto socialmente interesante...neste caso un biscoito. Dende pensar a receita, confecionar un orzamento cos productos necesarios, establecer estratexias de grupo no traballo ata finalmente a planificación do día da elaboración...foi un camiño moi interesante e frutifero. Os biscoitos elaborados foron de gran calidade e así foron cualificados por un gran número de profesores e alumnos do centro, pero o máis importante foi que se percataron que a química é un saber que está presente nas tarefas máis cotiás e comprender determinados procesos non é tan complicado como parece.
Parabéns a todos os alumnos e alumnos de 3ºESO polo resultado acadado.
Comeza a segunda edición de PILABOT
Enviado por admin o Lun, 13/01/2020 - 21:35![]() |
|
Ao longo das próximas semanas, o noso instituto participará no concurso PILABOT patrocinado pola Consellería de Medio Ambiente. Pilabot é un concurso entre 150 centros educativos de educación primaria e secundaria de Galicia para fomentar a recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles entre o alumnado e as súas familias. Considéranse pilas e acumuladores portátiles calquera pila, pila botón, acumulador ou batería que estea precintado, que se poida portar coa man e non sexa industrial nin de automóbiles. En todo caso, a orixe dos residuos das pilas debe ser doméstico, procedente das familias do alumnado e do persoal do propio centro escolar. Para a recollida das pilas, cada alumno/a recibirá unha caixiña de cartón que se debe ir baleirando as veces que sexa necesario no bidón contedor que se atopa na entrada do instituto. O consurso comezou oficialmente o 13 de xaneiro e rematará o 31 de marzo. Pode consultar as bases do concurso na páxina www.pilabot.gal e tamén seguir as novidades nas redes sociais. |
Festa de despedida do CLUB DE CIENCIA
Enviado por admin o Mér, 19/06/2019 - 20:56Esta tarde reuniuse por última vez o CLUB DE CIENCIAS para mostrarlles aos pais e nais que quixeron acompañarnos o programa de actividades deste curso: xadrez, circuítos eléctricos, xeometría, laborario de química... Todos xuntos -alumnado, profesorado e familias- para desfrutar aprendendo. E isto pode sersó o comezo dun club que dará moitos froitos. Voltaremos o próximo curso.
Moitas grazas á profesora Thais, coordinadora do club, e todos os docentes implicados.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Xadrez no club de ciencia
Enviado por admin o Mar, 12/03/2019 - 23:51Este martes, ao mediodía, reuniuse o Club de Ciencias nunha segunda sesión dedicada ao xadrez.
A posta en práctica deste obradoiro correu a cargo da profesora Edda.
Visita ao MC2
Enviado por admin o Sáb, 12/01/2019 - 13:32
O pasado martes, primeiro día de clase de volta das vacacións, o alumnado de 1.º e 3.º ESO realizou unha visita aos MC2: museos científicos coruñeses. Comezaron pola Casa das Ciencias cunha proxección no planetario. O segundo foi a Domus coa proxección de minidocumentais científicos e para rematar no acuario Finesterrae. Unha xornada intensa de curiosidade científica e compañerismo.
