Skip to Content

Química na cociña

Para despedir o ano e introducir o tema das mesturas aproximamos un pouco máis a química ao alumnado trabajando "na cociña" moitos conceptos importantes no estudio da materia: mesturas homoxéneas e heteroxéneas, técnicas de separación, sólidos e gases, proceso de fermentación...tratábase de traballar en grupo para acadar do mellor xeito posible a elaboración dun produto socialmente interesante...neste caso un biscoito. Dende pensar a receita, confecionar un orzamento cos productos necesarios, establecer estratexias de grupo no traballo ata finalmente a planificación do día da elaboración...foi un camiño moi interesante e frutifero. Os biscoitos elaborados foron de gran calidade e así foron cualificados por un gran número de profesores e alumnos do centro, pero o máis importante foi que se percataron que a química é un saber que está presente nas tarefas máis cotiás e comprender determinados procesos non é tan complicado como parece.

Parabéns a todos os alumnos e alumnos de 3ºESO polo resultado acadado.



blog | by Dr. Radut