Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

QUÍMICA NA COCIÑA NO IES de MUGARDOS

O martes 23 de Novembro retomamos os bos costumes prepandémicos e levamos a cabo (coas medidas de aireación e máscara obrigadas) unha actividade colectiva co alumnado de 3ºESO. Tratábase de elaborar uns biscoitos...pero dita elaboración implicaba un traballo previo de busca bibliográfica de receitas e orzamentos do material e ingredientes necesarios. O traballo do martes consistiu en elaborar a mestura que debía encher os moldes axeitados, que despois moi amablemente a panadería do concello Os Corzás lle deu a temperatura correcta nos seus fornos para obter uns produtos socialmente aproveitables, que vós mesmos podedes comprobar nas imaxes que acompañan a este reseña.

 

 

 

 

 

O Traballo de grupo foi moi bo, organizado e eficaz

 

 

 

 

 

E claro ao final todos contentos polo resultado...que hoxe foi valorado tanto en estética (presentación) como en sabor por parte de representantes de alumnos e profesores. Porque ao final isto contaba para nota ;-)