Skip to Content

Comeza a segunda edición de PILABOT

        

 Ao longo das próximas semanas, o noso instituto participará no concurso PILABOT patrocinado pola Consellería de Medio Ambiente. Pilabot é un concurso entre 150 centros educativos de educación primaria e secundaria de Galicia para fomentar a recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles entre o alumnado e as súas familias.

Considéranse pilas e acumuladores portátiles calquera pila, pila botón, acumulador ou batería que estea precintado, que se poida portar coa man e non sexa industrial nin de automóbiles. En todo caso, a orixe dos residuos das pilas debe ser doméstico, procedente das familias do alumnado e do persoal do propio centro escolar.

Para a recollida das pilas, cada alumno/a recibirá unha caixiña de cartón que se debe ir baleirando as veces que sexa necesario no bidón contedor que se atopa na entrada do instituto.

O consurso comezou oficialmente o 13 de xaneiro e rematará o 31 de marzo.

Pode consultar as bases do concurso na páxina www.pilabot.gal e tamén seguir as novidades nas redes sociais.



blog | by Dr. Radut