![]() |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Ciencias Naturais
Resultados do proxecto "ConóceME. Conoce el medicamento/descubre al farmacéutico"
Enviado por admin o Dom, 22/11/2020 - 22:40
|
Recentemente veñen de facerse públicos os resultados do proxecto "CONÓCEME conoce el medicamento/descubre al farmacéutico" na provincia da Coruña. Trátase dun estudo de investigación coas garantías técnicas da SEFAC (Sociedade Española de Farmacia Familiar e Comunitaria) e no que puido participar o curso pasado o noso alumnado de bacharelato. Os datos presentados demostran que a intervención educativa sobre o uso de medicacmento é necesria e moi útil. Ademais, evidencias ata que medida os adolescentes son usuarios de medicamentos. Agradecemoslle á farmacéutica comunitaria en Mugardos Nina Villasuso a súa implicación neste proxecto e a educación científica do noso alumnado.
|
Visita á Casa das Ciencias
Enviado por anapalmero o Dom, 09/02/2020 - 21:09O pasado xoves, 30 de xaneiro, os alumnos e alumnas de 1.º ESO visitaron a Casa das Ciencias da Coruña. Foi unha mañá moi entretida na que visitaron a sala de exposicións e puideron asistir a unha sesión do planetario. Observamos o ceo nocturno e aprendemos un pouco máis do universo.
![]() |
![]() |
Inventario do laboratorio de ciencias naturais
Enviado por admin o Mar, 08/10/2019 - 21:31O alumnado de 4.º ESO-B, coa profesora Ana Palmero, leva unhas semanas acomentendo a tarefa de inventariar todo o material dispoñible no laboratorio de ciencias naturais.
A ribeira, da Bestarruza ao cabo Leiras, limpa como un coral
Enviado por admin o Sáb, 15/06/2019 - 11:34O venres pola mañá uns 300 escolares dos catro centros educativos do concello participaron na primeira xornada de limpeza da ribeira de Mugardos e da praia da Bestarruza.
Ao noso alumnado de 1.º e 2.º ESO e mais FPB tocoulles a limpeza do treito costeiro do cabo Leiras. A axuda dos membros da confradía fixo moi levadeiro o traballo. Porén, o máis salientable foi a toma de conciencia do grave problema mediambiental que temos tan próximo e a necesidade de tomar medidas colectivas e individuais para frealo.
Agradecemos a todas as ANPAS, organizadores e colaboradores este gran esforzo mobilizador da sociedade para a educación e o ben común.
Visita ao MC2
Enviado por admin o Sáb, 12/01/2019 - 12:32
O pasado martes, primeiro día de clase de volta das vacacións, o alumnado de 1.º e 3.º ESO realizou unha visita aos MC2: museos científicos coruñeses. Comezaron pola Casa das Ciencias cunha proxección no planetario. O segundo foi a Domus coa proxección de minidocumentais científicos e para rematar no acuario Finesterrae. Unha xornada intensa de curiosidade científica e compañerismo.
Visita ao Museo de Historia Natural (Santiago) e viveiro Plantamus (Ordes)
Enviado por admin o Mér, 28/02/2018 - 16:22O alumando de 1.º ESO e FP Básica de agroxardinaría tivo a oportunidade onte de visitar as instalacións do viveiro e granxa Plantamus do concello de Ordes. A continuación reaizaron a visita guiada polo Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela.
Ciencia en Movemento
Enviado por admin o Mar, 02/05/2017 - 21:21A tarde do marte, o alumnado de 1.º ESO compartiu na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) unha clase de ciencias a partir da explicación e experimentación con 50 obxectos científicos. Trátase dunha exposición que leva por título Ciencia en Movemento organizada pola Biblioteca Municipal dentro do programa Ler conta moito.
Stop velutina, charla da Asociación Galega de Apicultura
Enviado por admin o Mar, 21/03/2017 - 22:39Rafael Díaz, representante da Asociación Galega de Apicultura (AGA), impartiu a tarde do martes unha conferencia para o alumnado da ESO sobre a importancia ecolóxica das abellas e outros polinizadores autóctonos. Salientou a importancia de frear con trampas neste momento inicial da primavera a expansión das avespas asiáticas.
A actividade estivo impulsada polo Concello de Mugardos.
Eclipse parcial de sol do 20 de marzo
Enviado por admin o Mar, 17/03/2015 - 23:12Durante a vindeira mañá do venres 20 de marzo, poderemos observar unha eclipse parcial de Sol. Os datos básicos para os concellos de Mugardos e Ares son os seguintes:
- Comezo: 9:06 horas
- Máximo: 10:09 horas
- Remate: 11:18 horas
- Duración: 2 horas e 12 minutos
- Magnitude: 0,80
- Escurecemento: 76%
Ese día non haberá clase ao ter a consideración de festivo na comunidade autónoma de Galicia. Recomendamos aproveitar a xornada para profundizar en todos os conceptos científicos e valoracións que suscita este fenómeno. Sen esquecernos de tomar todas as medidas de precacución necesarias, máis se temos menores ao noso cargo. Como en calquera día, non pode observarse o Sol directamente: nin con aparellos, nin filtros nin a simple vista.
Máis información:
- Instituto Geográfico Nacional
- Gciencia
Exposición "Áreas Mariñas Protexidas"
Enviado por admin o Dom, 07/12/2014 - 11:47Ao longo deste mes teremos connosco a exposición sobre as Áreas Mariñas Protexidas confeccionada polo CEIDA. A exposición foi cedida polo Concello de Mugardos. A biblioteca elaborou un cuestionario de busca de información.
![]() |
![]() |
![]() |
Charla sobre primeiros auxilios
Enviado por admin o Mar, 07/05/2013 - 21:39Esta semana celebráronse no centro varias actividades relacionadas coa saúde. O alumnado de 1.º e 3.º ESO asistiron a unha charla informativa sobre a diabete impartida por DAMIÁN GARCÍA.
Ademais, esta tarde, o profesor de Anatomía no INEF e especialista en medicina do deporte, CARLOS AGRASAR, impartiu unha charla sobre primeiros auxilios centrada na reanimación cardio pulmonar (RCP) e a ventilación boca a boca. A sesión foi eminentemente práctica e o alumnado de bacharelato puido coñecer e ter un primeiro contacto con estas técnicas.
Ratos no laboratorio
Enviado por admin o Sáb, 06/04/2013 - 12:06Dentro do proxecto A historia nunca contada de Mendel, promocionado pola Fundación Barrié, xa están no laboratorio as dúas parellas de ratos. Presentámolos polo seu nome. Son RÓMULO e ROMI; e MIQUI E MINI.
O obxectivo da activididade é facilitar a aprendizaxe dos principios básicos necesarios para comprender a xenética, aproximar a investigación á aula e motivar ao alumnado cara ás disciplinas científicas. Máis información en Ratos no laboratorio.
Catalogación do xardín
Enviado por admin o Ven, 15/02/2013 - 19:07Herbario realizado polo alumnado de 1.º PCPI:
Alberto, Lara, Bryan, Paula, Yolanda, Antonio, Elizabeth e Tamara.
Profesora: Cristina Montero
Charla sobre doazón e transpante de órganos
Enviado por admin o Lun, 03/12/2012 - 22:06O alumnado de 1.º BAC comezou a semana cun obradoiro sobre a doazón e transplante de órganos a cargo de Loli Díaz, da Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril (ALCER). Ao longo das dúas primeiras sesións da mañá foi analizando de xeito ameno e didáctico esta acción de solidariedade necesaria.
Herbario (1.º PCPI)
Enviado por admin o Lun, 15/10/2012 - 14:31Herbario realizado polo alumnado de 1.º PCPI:
Alberto, Lara, Bryan, Paula, Yolanda, Antonio, Elizabeth e Tamara.
Profesora: Cristina Montero
