Skip to Content

V Premio Estudo e Deporte

Comprácenos informar dos gañadores e mencións especiais dos Premios Estudo e Deporte que patrocina o IES de Mugardos e mais os Concellos de Mugardos e Ares, a ANPA O Castro e o Club do Mar e a SDC Galicia de Mugardos, coa colaboración indispensable de ata 35 entidades deportivas e asociacións de Ferrolterra.  Entre todos queremos poñer en valor a capacidade de organizarse e de programar o tempo con eficacia para render positivamente nos estudos e na actividade física.
 
Os alumnos e alumnas do IES de Mugardos premiados nesta ocasión acadaron unha media moi elevada na fase de baremación, segundo os criterios que se poden consultar nas bases. Tamén queremos  facer chegar o noso recoñecemento  a todas as familias que asumen con dedicación a tarefa de facilitar a práctica de calquera tipo de actividade física dos seus fillos.
 
Esta iniciativa dos Premios Estudo e Deporte está incluída no Plan Proxecta e nos Contratos-Programa para a mellora da excelencia que promove a Consellería de Educación.  Este ano acada xa  a súa quinta edición. Queremos nesta ocasión compartir con todas as entidades colaboradoras o recoñecemento máximo que para nós foi a concesión ao IES de Mugardos do Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa.
 
A entrega dos Premios Estudo e Deporte realizarase o día 22 de xuño como colofón ao Acto Cultural de fin de curso. 

AdxuntoTamaño
ACTA DA REUNIÓN DO XURADO CUALIFICADOR DO V Premio Estudo e Deporte 2016.pdf167.26 KB


blog | by Dr. Radut