![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
blogue deofelia786
Participación no Parlamento Xove
Enviado por ofelia786 o Mar, 15/03/2022 - 12:01O equipo formado por Uxía Mesía, Lía Rodríguez, Carlota Vidal e Yoel Sanjuán coordinado pola profesora Ofelia Lubián participaron a pasada fin de semana na fase clasificatoria da 13ª edición do Parlamento Xove.
O Parlamento Xove é unha competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización. Neste caso o tema de debate foi Debería existir unha regulación para ser youtuber ou influencer que garanta que desempeñen as súas funcións correctamente? A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada.
Malia non clasificarnos para a fase final, a experiencia sempre resulta enriquecedora. O obxectivo deste programa é potenciar as habilidades individuais e en grupo, entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia.
Actividades de Filosofía e Valores Éticos
Enviado por ofelia786 o Mér, 18/03/2020 - 19:22
As actividades diarias para todos os cursos de Filosofía están dispoñibles no blog Seda Salvaxe.
Tamén os de Valores Éticos de 4.º ESO
Pleno Xove (17 de decembro)
Enviado por ofelia786 o Xov, 19/12/2013 - 22:50Canle IES Mugardos TV
Gravación: Pablo Pérez - Xornalista: Sara Vázquez
Reportaxe fotográfica
Sofía Vila, Marta Pérez e Aurora Silvar
---ooo---
Foto e nova en La Voz de Galicia
Congreso Internacional da Xuventude
Enviado por ofelia786 o Lun, 28/10/2013 - 21:17
Entrevista con Serxio Pazos
Enviado por ofelia786 o Dom, 20/10/2013 - 12:29Co actor Serxio Pazos en Fene antes da actuación "Se galego, my friend"
