![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
blogue demario.soto
Feliz día de San Cidre
Enviado por mario.soto o Ven, 15/05/2020 - 12:27O coidado da terra e a agricultura sostible serán fundamentais para saír adiante.
Hoxe e todos os días do ano... #pensaenverde !!!
Trampeo de vespa velutina
Enviado por mario.soto o Mér, 22/04/2020 - 20:04
O alumnado de FPB2 iniciou no mes de marzo un proxecto no Instituto. Denomínase "captura e mostreo de vespa velutina".
Con esta actividade búscase facer un análise da presenza actual desta especie no noso entorno (determinar as curvas de voo e determinar cal é o período óptimo de trampeo). Construímos catro modelos diferentes de trampa, coa intención de elexirmos a máis eficaz, e todas elas xa foron instaladas nos xardíns do instituto durante a segunda semana de marzo.
A suspensión na actividade docente non supuxo un atranco neste proxecto, senón máis ben un impulso: ampliamos a zona de mostreo!. Seguimos a traballar nesta iniciativa dende as nosas casas, e cada un de nós constrúe e instala trampas próximas á súa vivenda; tamén faremos a posta en común dos datos de captura.
Dende aquí, animamos a todo o profesorado e alumnado que queira colaborar con este proxecto, a instalar trampas na súa zona, enviándonos fotos das mesmas e datos das capturas. Adxúntase un pdf coas instruccións para fabricar unha trampa caseira.
Aí van as primeiras imaxes...
Foto: Mateo Foto: Beba
