Skip to Content

Oferta educativa

Guía de estudos do IES de Mugardos

 

 

ESO

A Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) é unha etapa educativa obrigatoria e gratuíta que completa a educación básica. Consta de catro cursos académicos que se realizarán ordinariamente entre os 12 e os 16 anos de idade. Poderase repetir un máximo de dous cursos e permacecer, no réxime ordinario, ata os 18 anos de idade cumpridos no ano en que finalice o curso.

Un alumno/a e os seus pais poden decidir, desde o momento en que cumpre 16 anos, dar por finalizada a súa escolarización obrigatoria nesta etapa, en cuxo caso se lle estenderá o correspondente Certificado de Escolaridade en que consten os anos e materias cursadas.

No IES MUGARDOS veñen aplicándose os seguintes criterios de promoción e titulación:

MÁIS INFORMACIÓN:
 

  1º ESO

  2º ESO

  3º ESO

  4º ESO

 

BAC

 

 O bacharelato forma parte da educación secundaria postobrigatoria e, polo tanto, ten carácter voluntario. Consta de dous cursos académicos que se realizan ordinariamente entre os 16 e 18 anos de idade. Pódese permanecer cursando o bacharelato ata catro cursos académicos.
  No IES de Mugardos impártense dúas modalidades:

  •  Ciencia e tecnoloxía.
  •  Humanidades e ciencias sociais.

Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) -
Probas de Acceso

1º. BAC

2º.BAC

 

PCPI Programas de Cualificación Profesional Inicial

Nova normativa do PCPI

Empresas colaboradoras

ESA

 No IES de Mugardos impártese a segunda etapa da Educación Secundaria para persoas Adultas conducente á obtención do título de graduado. Organízase en dous niveis e neles cúrsanse tres ámbitos de coñecementos.

 

 
Programa
CUALE

   O programa para a formación complementaria da aprendizaxe de linguas estranxeiras abrangue entre outros os cursos dirixidos ao alumnado de 3º e 4º da ESO coa fin de preparalo para as probas de certificación dos niveis correspondentes á Escola Oficial de Idiomas, A1 e A2 respectivamente.
   No IES de Mugardos os cursos son de lingua inglesa.
   O programa desenvólvese fóra do horario lectivo, normalmente as tardes dos mércores, ao longo do curso escolar.

 

Educación Secundaria Obrigatoria (ESO)

A Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ten como finalidade:

Autorización programas REFORZA-T (1.º, 2.º ESO, FPB) e PREMAT (3.º e 4.º ESO)

Modelos xerais de autorizacións para participar nos programas de reforzo educativo fóra do horario lectivo

  REFORZA-T
(antes PROA)
   

 PREMAT
(Reforzo da
competencia matemática)

 
 

1.º ESO
2º. ESO
FP Básica I e II

 

3º. ESO
4.º ESO

 
 

 

 

Ampliación da oferta educativa: CICLO DE FP BÁSICA

O Diario Oficial de Galicia publica no día de hoxe a ORDE do 14 de xuño de 2017 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2017/18 na que se recolle a ampliación da oferta educativa do IES de Mugardos coa autorización para impartir un ciclo formatito de Formación Profesional Básica de "Agroxardinaría e composicións florais" en réxime de estudos presenciais.

Desde a dirección do centro queremos manifestar o noso recoñecemento á Consellería de Educación pola aprobación desta demanda do noso Consello Escolar. Asemade, de xeito especial, agradecemos o apoio constante e colaboración imprescindible do Concello de Mugardos e Grupos Municipais para a tramitación e consecución deste proxecto.

Agroxardinaría e composicións florais

Que se aprende a facer?
Elaborar composicións con flores e plantas e realizar operacións auxiliares en cultivos, en produción de planta en invernadoiros ou en centros de xardinaría, colaborando na preparación do terreo e na implantación e o mantemento de xardíns, parques e zonas verdes, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?
Traballos auxiliares na elaboración de composicións con flores e plantas en empresas dedicadas á ornamentación floral e/ou decoración de espazos e eventos. Tamén desenvolven a súa actividade profesional na área de produción e/ou na área de ambiente en grandes, medianas e pequenas empresas, tanto públicas como privadas, dedicadas ao cultivo agrícola, á produción de plantas e á instalación e o mantemento de xardíns e zonas verdes.

Están, ademais, capacitadas para realizar tratamentos praguicidas de nivel básico, segundo a actividade regulada pola normativa correspondente.

Que ocupacións desempeñan?
Peón agrícola; peón agropecuario; peón en horticultura; peón en fruticultura; peón en cultivos herbáceos; peón en cultivos de flor cortada; peón de xardinaría; peón de viveiro; peón de centros de xardinaría; peón de campos deportivos; peón de floraría; auxiliar de floraría; auxiliar de almacén de flores.

 

Máis información

Contratos-programa

No IES de Mugardos levamos a cabo dúas actuacións dentro dos coñecidos como Contratos-Programa:

  • Programa de Reforzo, Orientación e Apoio (PROA).
  • Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.

 

  • Programa de Reforzo, Orientación e Apoio (PROA).

 Con esta actuación preténdese mellorar as perspectivas escolares do alumnado con dificultades, a través do traballo ou apoio organizado para a adquisición das destrezas básicas que lle faciliten a incorporación plena ao ritmo de traballo ordinario e ás esixencias das diferentes áreas e materias.

Destinatarios: Alumnado da ESO.

Obxectivos:

        1. Fornecemento de destrezas e coñecementos necesarios nas áreas instrumentais (Lingua Galega, Lingua Española, Matemáticas).
        2. Adquisición de técnicas de traballo intelectual.
        3. Adquisición de hábitos de organización e constancia no traballo.
        4. Alento ao estudo a través de dinámicas de traballo eficaces.
        5. Incremento do hábito lector.
        6. Mellora da súa integración social, no grupo e no centro.

Horario: De xaneiro a xuño, dúas tardes á semana (luns e mércores). Dúas horas cada tarde, de 16:00 a 18:00 horas.

Docentes: Catro profesoras do centro.

Coordinadora: Chelo Gundín

Transporte

 

  • Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.

 Con esta actuación tratarase de darlle resposta ao alumnado con maior capacidade e motivación para aprender. Supón unha medida de atención á diversidade na que se desenvolverán iniciativas de afondamento nos coñecementos do alumnado. 

DestinatariosAlumnado da ESO.

Obxectivos:

        1. Atender o alumnado con maior motivación e capacidade para aprender, de xeito que se lle ofrezan respostas adaptadas ás súas posibilidades e os seus intereses co fin de seguir avanzando na súa aprendizaxe e na adquisición de competencias.
        2. Mellorar os niveis de rendemento e os resultados deste alumnado para desenvolver ao máximo o seu potencial de aprendizaxe e elevar os niveis de excelencia do sistema educativo.
        3. Potenciar a adquisición de competencias a través do traballo por proxectos.
        4. Impulsar o interese do alumnado polo traballo cooperativo. 

Horario: De xaneiro a xuño, unha tarde á semana, xeralmente o luns. Dúas horas, de 16:00 a 18:00 horas.

Docentes: Profesores e profesoras do centro.

Coordinadora: Covadonga Rodríguez-Moldes

 

Avaliación (ESO)

A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado da educación secundaria obrigatoria será continua e diferenciada segundo as distintas materias do currículo.

O profesorado avaliará o alumnado tendo en conta todos os elementos que compoñen o currículo.

Os criterios de avaliación das materias serán referentes fundamentais para valorar o grao de adquisición das competencias básicas e de consecución dos obxectivos.

A avaliación será realizada polo equipo docente, que estará constituído polo conxunto de profesoras e profesores de cada grupo de alumnas e alumnos, que actuará de forma colexiada, coordinado pola persoa titora e asesorado polo Departamento de Orientación.

A cualificación de cada materia e, se é o caso, ámbitos e módulos, será decidida polo profesor ou profesora que as imparte. As restantes decisións serán adoptadas por maioría do equipo docente.

Se no proceso de avaliación continua se advertise que unha alumna ou un alumno non progresa adecuadamente, o centro educativo, tan pronto como detecte as dificultades de aprendizaxe, adoptará medidas de reforzo educativo coa finalidade de que o alumnado adquira as aprendizaxes necesarias para continuar o proceso educativo.

O profesorado avaliará tanto as aprendizaxes do alumnado como os procesos de ensino e a súa propia práctica docente.

Carrusel

 

Currículo 1º BACHARELATO

  • No impreso da matrícula deben facerse constar as seguintes opcións:

Distribuir contido


by Dr. Radut