Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Normas para a elección de delegados/as

NORMAS PARA A ELECCIÓN DE DELEGADOS/AS

  1. As eleccións para designar representantes do alumnado serán convocadas e coordinadas polo titor/a e a Xefa de Estudos.
     
  2. O nomeamento terá a duración do ano académico e o cesamento producirase con anterioridade do período sinalado polas seguintes causas:
    • Traslado do interesado/a.
    • Dimisión do interesado/a
    • Petición dos 2/3 do alumnado do grupo, previa aprobación do titor/a.
    • Apertura de expediente ao interesado/a
       
  3. As reclamacións que puidesen producirse contra o desenvolvemento das sesións serán elevadas ao titor/a, que resolverá á vista das alegacións presentadas.
     
  4. Cada grupo elixirá dous representates, que serán o delegado/a e subdelegado/a respectivamente.
     
  5. Poderán ser electores e elixidos todos os alumnos/a do grupo.
     
  6. Os titores/as coordinarán o proceso electoral na hora de titoría na aula do grupo.
     
  7. A Mesa Electoral estará composta polos seguintes membros:
    • O titor/a como Presidente
    • Dous alumnos/as designados por sorteo: o máis novo acturará como Secretario para levantar a Acta que será  arquivada polo titor/a, a Xefatura de Estudos ou o Departamento de Orientación.
       
  8. O quórum esixible será de 2/3 do alumnado do grupo.
     
  9. A votación será nomal e secreta. O Presidente chamará ao alumnado por orde de lista e recollerá as súas papeletas. En cada unha figurará soamente o nome dun alumno/a. Anularanse as papeletas que non cumpran ese requisito.
     
  10. Se un alumno/a acada máis do 50% dos votos emitidos, tanto el como o que lle siga en número de votos serán designados representates do grupo.
     
  11. Se na primeira votación ningún alumno/a acada esta porcentaxe, efectuarase unha segunda votación entre os catro alumnos/as que obtiveran o maior número de votos, procedéndose a designar como representante aos que obteñan maior número de votos.
     
  12. En caso de empate nun dos casos anteriores, realizarase unha votación entre os empatados/as.

ACTA

AdxuntoTamaño
Acta elección delegado.pdf359.41 KB