![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Promoción (1º, 2º e 3º) e titulación (4.º)
Criterios de promoción (1.º, 2.º e 3.º ESO)
Lexislación (Orde de 21 de decembro de 2007)
Artigo 6º-2: O alumnado promocionará ao curso seguinte cando superase os obxectivos de todas as materias cursadas ou teña avaliación negativa en dúas, como máximo, e repetirá curso cando teña avaliación negativa en tres ou máis materias.
Excepcionalmente, unha vez realizadas as probas extraordinarias, o equipo docente poderá decidir a promoción dun alumno ou alumna con avaliación negativa en tres materias, se considera que a natureza das dificultades non impedirá seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorables de recuperación e que dita promoción beneficia a súa evolución académica.
Criterios de promoción no IES Mugardos No caso excepcional de que, unha vez realizadas as probas extraordinarias, un alumno/a teña tres materias non superaadas (incluídas as de toda a etapa da ESO), o equipo avaliador debatirá baixo a orientación do profesor/a titor/a e asesorado polo departamento de orientación, a posibilidade de promoción ou non do alumno/a, intentando lograr un acordo por consenso tendo en conta o seguinte criterio necesario para estimar a madurez do alumnado e as súas posibilidades de recuperación e progreso nos cursos posteriores: Non se considera a promoción con tres materias non superadas nos seguintes casos:
En caso de discrepancias, realizarase unha votación do equipo de profesores/as na que se decidirá, por maioría simple a promoción ou non do alumno/a. Nesa votación cada profesor/a emitirá un voto por área ou materia impartida. Todos os membros do equipo docente da avaliación están obrigados a votar, chegado o caso, si ou non á promoción. |
Criterios de titulación (4.º ESO)
Lexislación (Orde de 21 de decembro de 2007)
Artigo 7º
1.- O alumnado que ao terminar a educación secundaria obrigatoria superase todas as materias e alcanzase as competencias básicas e os obxectivos da etapa obterá o título en graduado de educación secundaria obrigatoria.
2.- Así mesmo, poderá obter o título aquel alumnado que, unha vez realizadas as probas extraordinarias, finalice a etapa con avaliación negativa nunha ou en dúas materias, e excepcionalmente en tres, sempre que o equipo docente que imparte no grupo considere que a natureza e o peso destas no conxunto da etapa non lle impediu alcanzar as competencias básicas e os obxectivos da etapa.
3.- O alumnado que curse programas de diversificación curricular obterá o título de graduado en educación secundaria obrigatoria se supera todos os ámbitos e materias que integran o programa. Así mesmo, poderá obter o mencionado título aquel alumnado que, tendo superado os dous ámbitos, teña avaliación negativa nunha ou dúas materias e, excepcionalmente, en tres se o equipo docente considera alcanzadas, ao final do programa de diversificación curricular, as competencias básicas e os obxectivos xerais para a etapa.
Criterios de titulación do IES Mugardos Se unha vez realizadas as probas extraordinarias un alumno/a ten unha ou dúas materias non superadas, o equipo avaliador poderá non considerar a concesión do título en caso de que nalgunha delas existira durante o curso situación de abandono (*). No caso de que, unha vez realizadas as probas extraordinarias, un alumno/a teña tres materias non superadas, podería obter a titulación excepcionalmente se:
A decisión de titulación tomarase por consenso. En caso de discrepancias, realizarase unha votación do equipo de profesores/as na que se decidirá, por maioría simple a promoción ou non do alumno/a. Nesa votación cada profesor/a emitirá un voto por área ou materia impartida. Todos os membros do equipo docente da avaliación están obrigados a votar, chegado o caso, si ou non á promoción. |
_________________________
IMPORTANTE:
(*) Considerarase situación de abandono cando se dea algunha das seguintes circunstancias:
- Non traer con regularidade o material necesario para o desenvolvemento das actividades de clase.
- Negarse a facer as tarefas de clase ou non participar nas actividades propostas incluídas as probas de avaliación.
- Non responder aos esforzos e medidas de atención destinadas a superar as dificultades nas materias avaliadas negativamente.
Os posibles casos de abandono serán notificados ás familias pola Xefatura de Estudos. Para iso o profesor/a da materia obxecto de abandono emitirá un informe onde se detallarán as circunstancias do mesmo, que entregará ao titor/a para a súa valoración e tramitacion diante da Xefatura de Estudos.