![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
blogue dedelatorreconde
Coreografía "Figa" de Tanxugueiras
Enviado por delatorreconde o Ven, 23/12/2022 - 15:19Baile para o segundo certame Coreografíate na categoría de centros de ensino.
Bailadoras: Nerea, Noemí, Cloe, Martina, Lara, Antía, Rebeca, Anxo, Adriana e Faia.
Coordinación: Eva de la Torre e Micaela Rei
Montaxe do vídeo: MIguel Gil
Aulas de galego no Centro de Interpretación do Caldoval
Enviado por delatorreconde o Mér, 28/09/2022 - 18:41Maremagnum, abril de 2022
Enviado por delatorreconde o Mar, 26/04/2022 - 14:52Dende que contamos co recurso do Abalar xa non queda tan impune o de faltar á clase. Con todo, sempre nos quedarán as expresións para cando sexa o caso, e diso en galego contamos cunhas cantas. Se ben un mugardés poida sorprenderse moito cando escoita os vigueses falar de "colgar clase", tampouco é menos sorpresa que un olívico escoite o "palmar" usual en Ferrol. Entre medias quedan o "latar" propio da costa atlántica (e de Ourense, pois sae n'Os biosbardos de Blanco Amor), o "copar" de Pontevedra ou o "fanar" de Valga. Pola súa banda, no rural o feito de "correr a escola" tiña expresións propias das actividades alternativas á asistencia lectiva: "ir/andar ós niños", "andar ás mazás", "facer a escola no camiño" ou "facer a gata". Este último animal adoito se substitúe con outros substantivos, como "facer a gatada" (ou "gatear"), "facer a mica" (ou "micar"), "facer a godalla" (ou "agodallar"), "facer as lebres" (todos estes animais, como "gata"), "facer a añagota" [DFGCCG], "facer a lata" (que é de onde procede o de "latar") e, por fin, os seus derivados "facer a latarega/latarusa". Non se pode dicir pois que en Galicia non temos experiencia no asunto, pois léxico e fraseoloxía temos abondo.
Máis información para o galego no Portal das Palabras e a análise de Pena Romay. Tamén para toda España
Este textiño vai ir ó prelo aquí.
