Skip to Content

Criterios de titulación en 4º ESO

Lexislación (Orde de 21 de decembro de 2007)

 Artigo 7º

1.- O alumnado que ao terminar a educación secundaria obrigatoria superase todas as materias e alcanzase as competencias básicas e os obxectivos da etapa obterá o título en graduado de educación secundaria obrigatoria.

2.- Así mesmo, poderá obter o título aquel alumnado que, unha vez realizadas as probas extraordinarias, finalice a etapa con avaliación negativa nunha ou en dúas materias, e excepcionalmente en tres, sempre que o equipo docente que imparte no grupo considere que a natureza e o peso destas no conxunto da etapa non lle impediu alcanzar as competencias básicas e os obxectivos da etapa.

3.- O alumnado que curse programas de diversificación curricular obterá o título de graduado en educación secundaria obrigatoria se supera todos os ámbitos e materias que integran o programa. Así mesmo, poderá obter o mencionado título aquel alumnado que, tendo superado os dous ámbitos, teña avaliación negativa nunha ou dúas materias e, excepcionalmente, en tres se o equipo docente considera alcanzadas, ao final do programa de diversificación curricular, as competencias básicas e os obxectivos xerais para a etapa. 

 


Criterios de titulación do IES Mugardos

Se unha vez realizadas as probas extraordinarias un alumno/a ten unha ou dúas materias non superadas, o equipo avaliador poderá non considerar a concesión do título en caso de que nalgunha delas existira durante o curso situación de abandono (*).

No caso de que, unha vez realizadas as probas extraordinarias, un alumno/a teña tres materias non superadas, podería obter a titulación excepcionalmente se:

  •  A calificación obtida nas probas extraordinarias das tres materias é maior ou igual a tres.
  •  En ningunha das tres materias existise durante o curso situación de abandono (*).
  •  As tres materias avaliadas negativamente non sexan as tres instrumentais: Lingua castelá, Lingua galega e Matemáticas.

A decisión de titulación tomarase por consenso. En caso de discrepancias, realizarase unha votación do equipo de profesores/as na que se decidirá, por maioría simple a promoción ou non do alumno/a. Nesa votación cada profesor/a emitirá un voto por área ou materia impartida. Todos os membros do equipo docente da avaliación están obrigados a votar, chegado o caso, si ou non á promoción.

 

(*) Considerarase situación de abandono cando se dea algunha das seguintes circunstancias:

  • Non traer con regularidade o material necesario para o desenvolvemento das actividades de clase.
  • Negarse a facer as tarefas de clase ou non participar nas actividades propostas incluídas as probas de avaliación.
  • Non responder aos esforzos e medidas de atención destinadas a superar as dificultades nas materias avaliadas negativamente.

Os posibles casos de abandono serán notificados ás familias pola Xefatura de Estudos. Para iso o profesor/a da materia obxecto de abandono emitirá un informe onde se detallarán as circunstancias do mesmo, que entregará ao titor/a para a súa valoración e tramitacion diante da Xefatura de Estudos.



book | by Dr. Radut