![]() |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
blogue deCovadonga
FUNCIÓNS MATEMÁTICAS E ANIMAIS
Enviado por Covadonga o Xov, 21/05/2020 - 11:38Actividade en dúas fases realizada na materia Matemáticas Académicas de 4º ESO no IES Mugardos durante o curso 2019-2020 e rematada no período de confinamento.
O alumnado xa coñecía o concepto de función do curso pasado en que foi introducido a través dunha actividade denominada “Nivel de felicidade” na que aprenderon o que é unha función real e as principais características: dominio, percorrido, crecemento, extremos e continuidade.
Xa no primeiro trimestre deste desenvolveuse a primeira parte da actividade co coñecemento das gráficas de funcións polinómicas (ata grao 4), de proporcionalidade inversa, expoñénciais, logarítmicas, valor absoluto e trigonométricas. Esta actividade fíxose a través do movemento tratando de reprducir cos brazos e o corpo as funcións e logo debuxándoas e escribindo as súas propiedades.
No segundo trimestre a actividade relacionada coas funcións foi interrumpida polo confinamento e completada nas casas. A proposta era a seguinte:
Tiñan que elixir algún animal, podían debuxalo ou collelo na web en imaxes libres. Esa imaxe debían exportala a Geogebra e situar o vértice inferior esquerdo na orixe de coordenadas.
Posteriormente debían buscar tres funcións das estudadas que se acoplasen a algunha parte do corpo do animal para o que deberían alterar os coeficientes e compoñentes numéricos da función. Esta parte iniciouse na aula de informática do centro pero logo a continuaron nas súas casas.
Finalmente debían acotar a función á zona na que coincidía co corpo do animal para comprender o significado de funcións a trozos, pero non están as imaxes nesta presentación para non facela repetitiva e longa.
Con esta actividade pretendíanse introducir o significado da vectorización, esto é, substituir imaxes por funcións que logo, ao cambiar de tamaño, non perden resolución no ordenador.
Traballáronse estándares do bloque de funcións e do Bloque I: Procesos, métodos e actitudes en matemáticas.
MATEMÁTICAS APLICADAS I E II DE BACHARELATO E MÉTODOS ESTATÍSTICOS E NUMÉRICOS DE 2º BAC
Enviado por Covadonga o Ven, 20/03/2020 - 00:41https://classroom.google.com/u/0/h
Para calquera dúbida ou consulta pódese usar o mail da profesora
Covadonga Rodríguez-Moldes Rey:
rodriguez-moldes@edu.xunta.es
MATEMÁTICAS ACADÉMICAS 4º ESO
Enviado por Covadonga o Ven, 20/03/2020 - 00:37Para poder seguir coa actividade desta materias está creada unha aula en GOOGLE CLASSROOM na que xa están inscritos os alumnos e alumnas.
https://classroom.google.com/u/0/h
Para calquera dúbida ou consulta pódese usar o mail da profesora
Covadonga Rodríguez-Moldes Rey:
rodriguez-moldes@edu.xunta.es
DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS: POSPONSE A CELEBRACIÓN DO PI DAY
Enviado por Covadonga o Mér, 18/03/2020 - 18:03Pasou o 14 de marzo (3,14), o día de Pi sin celebración, queremos lembrar que cando a actividade lectiva se recupere, poñeremos data para os concursos previstos.
Pode ser un momento interesante para escribir o voso PiTuit e para memorizar cifras de Pi.
¡COIDÁDEVOS E MOITO ÁNIMO!
Visita de Miguel Brozos
Enviado por Covadonga o Dom, 15/12/2019 - 20:57O mércores 11 de decembro foi un día de festa para o departamento de Matemáticas porque recibimos a visita dun ex-alumno, Doutor da Universidade de A Coruña e experto en Xeometría Diferencial: MIGUEL BROZOS VÁZQUEZ. Impartiu unha inesquecible conferencia titulada "Unha viaxe con curvas" ao alumnado de ciencias do centro e un obradoiro con materiais manipulativos ao alumnado de 4º de ESO A. Veu acompañado do seu pai, José Brozos, que foi profesor de Ciencias no noso instituto.
Na visita ao centro lembramos momentos vividos hai anos como cando Miguel foi seleccionado como representante galego na Olimpiada Matemática Española. Moitas grazas, Miguel.
VOTA o teu PiTuit favorito
Enviado por Covadonga o Sáb, 30/03/2019 - 13:24O departamento de Matemáticas xunto cos equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística organizaron por segundo ano as actividades do Pi Day.
Para elixir aos mellores PiTuits queremos que se participe dando a opinión votando o preferido entre os 12 finalistas. Ata o día 3 de abril recibiranse os votos a través de :
https://doodle.com/poll/269arp2a57vriqwn
¡¡¡ VOTA!!
OLIMPIADA MATEMÁTICA DE BACHARELATO
Enviado por Covadonga o Dom, 20/01/2019 - 00:19Este venres, 18 de xaneiro, foi un día moi intenso con dúas sesións de tres horas ante seis complicados problemas da Olimpiada Matemática de Galicia. A xornada completouse coa visita á Facultade de Dereito da man do profesor de Dereito Civil, Julio Iglesias, con xantar no comedor universitario da Facultade de Matemáticas. Tamén houbo visita ao casco histórico de Santiago e á Biblioteca da Facultade de Historia e rematou a xornada nunha emocionante entrega de premios na Facultade de Matemáticas onde tocou aplaudir aos tres premiados e dez mencións de honra que destacaron entre os 105 estudantes presentados a 55 Olimpiada Matemática.
Thais Barreiro, profesora de Matemáticas, Iago Aneiros, Lara Fonte e Iria Fernández, de 1º de bacharelato
Con Julio Iglesias, profesor de Dereito Civil, no seu despacho da Facultade de Dereito de Santiago
PREMIADOS NO XXI CAMPIONATO DE POLINOMIOS
Enviado por Covadonga o Sáb, 19/01/2019 - 23:39Desde o Departamento de Matemáticas queremos compartir as imaxes da entrega de premios do disputadísimo XXI Campionato de Polinomios e dar as grazas a ANPA O Castro, ao profesor José Barcia e ao Club de Ciencias que donaron os agasallos e trofeos.
Finalistas: Hugo Rojo (1º ESO) e Diego Filgueira (2º BAC) Gañadores: Jacobo Martínez e Antón Seco (3º ESO)
Árbitros destacados: Andrea Marcos e Sergio Fernández Semifinalistas
Actividades do Pi Day no IES Mugardos
Enviado por Covadonga o Mér, 21/03/2018 - 23:55O mes 3, día 14 celebramos no IES Mugardos o Pi Day con actividades que foron moi ben acollidas polo alumnado. No concurso de PiTuit houbo aportacións de moita calidade resultando gañadore Bruno Suárez de 2º ESO A, en 2º lugar Juan Pena, de 2º ESO A e en terceiro Lorena Álvarez también de 2º ESO A.
O I Campionato de Pi-Memoria contou cunha participación inesperada de 57 persoas entre alumnado e profesorado. Ós resultados foron sorprendentes acadando o primeiro posto a profesora Olga Recio que acadou unha puntuación de 185 puntos xunto co alumno de 4º ESO Brais García que escribeu sen fallos os 155 primeiros decimais de Pi; en segundo lugar con 75 decimais clasificouse Marta Rumbo, de 4º de ESO e en terceiro lugar Elisabth Bejarano de 2º de ESO A con 70 decimais. Como se pode apreciar, o nivel da competición foi moi alto.
Os premios foron entregados na Gala do número Pi que foi presentada polas alumnas de 2º de bacharelato Fátima Cancela, Sofía Díaz e Raquel Santamariña.
CANGURO MATEMÁTICO 2018
Enviado por Covadonga o Sáb, 17/03/2018 - 21:54Recén rematadas as actividades do Pi Day aparece o CANGURO MATEMÁTICO, unha proba matemática na que participaron máis de 7 millóns de estudantes en todo o mundo. Iste ano celebrouse o xoves 15 de marzo ás 16:30 e están inscritos 87 estudantes do IES Mugardos.
Nesta proba o alumnado enfréntase a un test con varias opcións e deberá coñecer como funcionan este tipo de probas para non cometer erros técnicos.
Poden consultarse as probas doutros anos en http://www.canguromat.org.es/index.html
O IES MUGARDOS CELEBRA O PI-DAY O 14 DE MARZO
Enviado por Covadonga o Xov, 01/03/2018 - 17:45O día 14 de marzo está declarado internacionalmente como o Pi-Day ou día de Pi. Foi unha idea do físico estadounidense Larry Shaw baseada en que a data 3 de marzo escríbese no seu pais 3/14, que son as primeiras tres cifras do número Pi.
En España creouse o curso pasado un comité adicado a coordinar e desenvolver accións adicadas a esta conmemoración (www.piday.es).
O IES Mugardos únese a esta celebración cun programa de actividades organizado polos Departamentos de Matemáticas e Filosofía e os Equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística, que persiguen varios obxectivos orientados ao desenvolvemento das competencias educativas. O programa de actos é o seguinte:
Programa de actividades | ||
I Campionato de Pi-memoria Esta técnica de memorización pode resultar moi útil.
|
||
I Concurso de Pituit |
||
Gala do número Pi |
Consulta as bases.
XX CAMPIONATO DE POLINOMIOS 3D
Enviado por Covadonga o Mér, 01/11/2017 - 23:52Xa comezou o XX Campionato de Polinomios. Chamámoslle o Campionato 3D porque entre os premios teremos chaveiros realizados polo profesor de Tecnoloxía Jose Barcia nas impresoras do instituto, pero, ademáis, a participación nesta edición é tan numerosa (¡150 xogadores e 32 árbitros!) que faise necesario organizar as partidas con tres equipos de cada vez. É así que en cada recreo hai 16 rapaces e rapazas xogando aos polinomios, de todos os cursos e idades e, coma sempre, os de primeiro de ESO facendo parella cos de bacharelato. SErá un campionato especial.
XX CAMPIONATO DE POLINOMIOS 3D
Enviado por Covadonga o Mér, 01/11/2017 - 23:51Xa comezou o XX Campionato de Polinomios. Chamámoslle o Campionato 3D porque entre os premios teremos chaveiros realizados polo profesor de Tecnoloxía Jose Barcia nas impresoras do instituto, pero, ademáis, a participación nesta edición é tan numerosa (¡150 xogadores e 32 árbitros!) que faise necesario organizar as partidas con tres equipos de cada vez. É así que en cada recreo hai 16 rapaces e rapazas xogando aos polinomios, de todos os cursos e idades e, coma sempre, os de primeiro de ESO facendo parella cos de bacharelato. SErá un campionato especial.
Unha lección maxistral sobre produtos financeiros
Enviado por Covadonga o Lun, 19/12/2016 - 17:57
|
O temario de Matemáticas Aplicadas de primeiro do bacharelato de Ciencias Sociais inclúe no temario matemáticas financieiras no que aparecen co farragoso vocabulario deste tema para os non iniciados. Era o momento de acudir a expertos na búsqueda de axuda. E tivemos a inmensa sorte de contar coa ex-alumna CARMEN PARGA VILASÁNCHEZ, quen, despois de pasar polo IES Mugardos, licenciouse en ADE e na actualidade forma parte da plantilla de ABANCA na sucursal de Ares. Aproveitándonos do seu permiso por maternidade e de acordo coa profesora de Economía, Carmen Meiriño, pedímoslle que preparase unha lección sobre produtos financieiros para o noso alumnado. Carme mostrou moi boas cualidades docentes e foi quen de achegar ao alumnado conceptos como préstamos personais, hipotecas, TAE... tan importantes para o futuro de calquera cidadá. Polo seu interese chegamos a presentación de Carme esperando que se convirta nun documento útil de consulta.
|
|
|
UNHA LECCIÓN MAXISTRAL DE PRODUTOS FINANCIEIROS
Enviado por Covadonga o Lun, 19/12/2016 - 14:17O temario de Matemáticas Aplicadas de promeiro do bacharelato de Ciencias Sociais inclúe no temario matemáticas financieiras no que aparecen co farragoso vocabulario deste tema para os non iniciados. Era o momento de acudir a expertos na búsqueda de axuda. E tivemos a inmensa sorte de contar coa ex-alumna CARMEN PARGA VILASÁNCHEZ, quen, despois de pasar polo IES Mugardos, licenciouse en ADE e na actualidade forma parte da plantilla de ABANCA na sucursal de Ares. Aproveitándonos do seu permiso por maternidade e de acordo coa profesora de Economía, CARMEN MEIRIÑO, pedímoslle que preparase unha lección sobre produtos financieiros para o noso alumnado. Carme mostrou moi boas cualidades docentes e foi quen de achegar ao alumnado conceptos como préstamos personais, hipotecas, TAE... tan importantes para o futuro de calquera cidadá.
Polo seu interese chegamos a presentación de Carme esperando que se convirta nun documento útil de consulta.
FINAL E ENTREGA DE PREMIOS DO CAMPIONATO DE POLINOMIOS
Enviado por Covadonga o Mér, 30/11/2016 - 23:32XIX CAMPIONATO DE POLINOMIOS. POLÍN XA NON ESTÁ SÓ!
Enviado por Covadonga o Sáb, 12/11/2016 - 22:19![]() |
|
125 participantes!!! O campionato xigante segue a súa marcha. Xa se completou a primeira volta e estamos na repesca. Os recreos teñen moito ambiente e hai traballo dabondo para organizar todo, menos mal que chegaron os reforzos solicitados: xa está aquí Polina!
Polina e Polín, iguais pero distintos como ten que ser!
Grata visita: TANIA VILAR
Enviado por Covadonga o Xov, 10/11/2016 - 23:41
Tania Vilar foi unha alumna do IES que estudou Matemáticas. Na actualidade está a facer o Master de profesorado e moi prondo estará impartindo docencia.
Hoxe visitou o instituto e nos presentou un vídeo que ela realizou e que recomendamos pois é moi fermoso:
Tania contoulle ao alumnado de bacharelato cousas moi interesantes relacionadas cos estudos de Matemáticas e coa vida de estudante na Universidade.
¡Moitas grazas,Tania!, esperamos verte máis veces.
Na imaxe está Tania co alumnado de Matemáticas Aplicadas ás CC SS II de 2º de bacharelato.
UN XIGANTE ASOMA: O XIX CAMPIONATO DE POLINOMIOS
Enviado por Covadonga o Sáb, 22/10/2016 - 23:40A semana próxima dará comezo o XIX Campionato de Polinomios que ten un alias: "O xigante". O profesorado do departamento de Matemáticas e a nosa mascota, Polín, estamos preocupados e algo nerviosos. ¡150 estudantes organizados en 75 equipos optarán ao premio coordinados por 27 árbitros!.
Todo un reto que obriga a cambios no deseño do campionato para que non se alongue demasiado no tempo. O principal é que na maioría das partidas xogarán 3 equipos dos que so un será gañador: quen consiga o maior número de parellas despois de xogar dúas partidas. En cada recreo haberá dúas mesas de xogo e en cada unha delas, seis xogadores e dous árbitros, en total 16 estudantes por recreo E así recreo tras recreo. ¡Todo un reto!. ¡Que teñamos un bo campionato!
Para practicar: http://www.xente.mundo-r.com/tintarras/polinomios/polin1.htm
