FAMILIAS - ANPA O Castro
|
XX CAMPIONATO DE POLINOMIOS 3D
Enviado por Covadonga o Xov, 02/11/2017 - 00:52
Xa comezou o XX Campionato de Polinomios. Chamámoslle o Campionato 3D porque entre os premios teremos chaveiros realizados polo profesor de Tecnoloxía Jose Barcia nas impresoras do instituto, pero, ademáis, a participación nesta edición é tan numerosa (¡150 xogadores e 32 árbitros!) que faise necesario organizar as partidas con tres equipos de cada vez. É así que en cada recreo hai 16 rapaces e rapazas xogando aos polinomios, de todos os cursos e idades e, coma sempre, os de primeiro de ESO facendo parella cos de bacharelato. SErá un campionato especial.