![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
blogue dersierra
O papel da muller na ciencia e na tecnoloxía.
Enviado por rsierra o Mér, 01/07/2020 - 15:40O papel de muller no mundo da ciencia e da tecnoloxía estivo, ata o de agora, oculto e infravalorado pola humanidade. Sen embargo, houbo, hai (e seguirá habendo) no mundo grandes investigadoras e científicas das cales pouco se sabe. Entre elas, cabe citar os casos de Marie Curie, Ada Lovelace, Mary Anderson ou Ángela Ruiz Robles.
É tarefa de todos darlle visibilidade ao seu traballo. O alumnado de TIC de 4º ESO púxose mans á obra na primeira avaliación, investigando sobre a vida e os descubrimentos e inventos destas e doutras mulleres científicas e inventoras, creando unha presentación multimedia sobre o tema.
A continuación amósanse, en formato pdf, algúns dos traballos realizados polo alumnado.
![]() |
![]() |
|
![]() |
![]() |
|
![]() |
![]() |
|
LAPISEIROS CONSTRUIDOS POLO ALUMNADO DE 2º ESO
Enviado por rsierra o Mér, 01/07/2020 - 14:44O principal obxectivo da materia de Tecnoloxía é que o alumnado sexa capaz de deseñar e construír prototipos que resolvan un determinado problema. Para o alumnado de 2º ESO foi o primeiro ano no que se enfrontaron a este reto, polo que se lles propuxo un proxecto sinxelo: o deseño e construción dun lapiseiro realizado con taboleiro de contrachapado, aínda que tamén podían empregar outros materiais, como cartón ou cartolina. A suspensión das clases presenciais provocou que algúns grupos de traballo non conseguisen rematar o proxecto, mais outros si que o lograron. Velaquí o resultado dalgún dos prototipos rematados.
E para o ano, esperemos poder seguir deseñando e construíndo proxectos un pouco máis complexos.
BO VERÁN!
TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I
Enviado por rsierra o Xov, 19/03/2020 - 17:53Ao longo deste días de suspensión de clases presenciais, a canle de comunicación co alumnado o correo electrónico. Poden poñerse en contacto comigo enviando mensaxes a:
diego.calvo.hermida@gmail.com
Ademais, as clases continuaranse mediante unha aula creada en Google Classroom.
TIC 4.º ESO
Enviado por rsierra o Xov, 19/03/2020 - 17:50Ao longo destes días, as canles de comunicación co alumnado de TIC de 4º ESO será o correo electrónico así como Google Drive.
diego.calvo.hermida@edu.xunta.es
CIENCIAS APLICADAS FP BÁSICA II
Enviado por rsierra o Xov, 19/03/2020 - 15:37A canle de comunicación co alumnado será o correo electrónico. Poden poñerse en contacto comigo no seguinte email:
diego.calvo.hermida@gmail.com
Enviareilles tarefas para facer a través deste medio.
TECNOLOXÍA 3º ESO
Enviado por rsierra o Xov, 19/03/2020 - 14:36Ao longo destes días, as canles de comunicación co alumnado de Tecnoloxía de 3º ESO será o correo electrónico así como Google Drive.
diego.calvo.hermida@edu.xunta.es
