FAMILIAS - ANPA O Castro
|
>> GUÍAS DE ORIENTACIÓN (despregable)
Presentacións para o curso 2023-2024
|
|
|
|
|
|
Vídeos do curso 2020-2021
Blogues
ORIENTA 22-23
Enviado por orientacion o Sáb, 10/06/2023 - 12:00Precisas axuda para decidir ou ter máis información sobre os estudos que podes facer en cada comunidade incluída a galega? Que tal se botas un ollo ao que te ofrece o programa ORIENTA 22-23:
Residencias e aloxamento na USC: Santiago, Lugo
Enviado por orientacion o Sáb, 10/06/2023 - 11:41Se o próximo curso escolles estudar na USC, ben sexa en Santiago ou Lugo, debes saber que a convocatoria para solicitar praza abrese ata o 27 de XUÑO ás 14:00 horas. Para coñecer algo máis da oferta de residencias e o procedemento de solicitude, preme no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/servizos/oiu/aloxest.html
Xornada de portas abertas nas Residencias da UDC: Ferrol e Coruña
Enviado por orientacion o Sáb, 10/06/2023 - 11:10Se estás pensando en solicitar praza nalgún campus da Universidade de A Coruña, tes a posibilidade de visitar as residencias na xornada de portas abertas que terá lugar entre o 1 e 10 de xullo.
Para participar debes enviar previamente un correo a:
-A Coruña: residenciauniversitaria.coruna@udc.es
-Ferrol: residenciauniversitaria.ferrol@udc.es
Máis info en: https://www.udc.es/es/sape/aloxamento/?language=en
ACOLLIDA DO ALUMNADO DE 6°
Enviado por orientacion o Sáb, 10/06/2023 - 10:11
Estreamos xuño cunha mañá estupenda na que tivemos a oportunidade de coñecer ao noso novo alumnado. Que ilusión!
Comezáchedes a visita deixando unha pegada nada mais entrar porque o dire invitouvos a deixar o voso nome impreso na pantalla interactiva na que vos demos a benvida.
Logo tocou pasar ao salón de actos e tomar contacto co alumnado de 1° que xa ten experiencia nisto de transitar dunha etapa a outra. Confirmaron que o que di a ori é certo. Que ides a coñecer xente riquiña, que os maiores non vos miran e se o fan será con cariño como quen mira a un cachorriño pequeno. Tamén que no centro se está ben. E que hai figuras importantes como a de delegada ou de representante de consello escolar que paga a pena ter en conta porque ofrecen unha oportunidade de participar aínda máis no centro.
Siii, temos mais materias ca na Primaria pero tampouco hai tantos cambios, poderedes con eles, vaia que si.
Nesta presentación da etapa e do centro, tamén vos fixemos entrega dunha cartiña feita polo alumnado de 1°ESO e os seus titores/as explicando como viviron este cambio.
Logo, tocou parada na cafetaría e tomar un bocatiña e unha bebida antes de descifrar as mensaxes de benvida en código Braille, e facer un xogo no que a estratexia grupal era clave.
Toca marchar xa? Noooon, antes era obrigatorio ver as que serán as vosas aulas o próximo curso, coñecer a aula de plástica, informática, o laboratorio de física e química, a aula de apoio (que ben ule), a aula de Ciclo Básico, a biblio, a sa de profes (logo xa non se poderá entrar...pero hoxe fixemos excepción), a conserxería e administración, os despachos da dirección e o departamento da ori á que espero visitedes moito.
Algún espazo quedou sen ver pero o tempo non deu para máis... ademais temos que deixar algunha sorpresa para setembro.
Coñecíchedes a algúns profes: Guillín, Marta, Rita, Barcia, Montse, Micaela, Xulio, Iria, Marga, Fabio e Raquel, e tamén alumnado de ESO, CFPB e Bacharelato.
Agora xa tendes case todo dominado, coñecedes a etapa, o centro, as normas, como será o primeiro día. So nos queda voltar a vernos o 11 de setembro, esta vez para pasar un ratiño das vosas vidas con nós!
Presentación:
SOLICITUDE NOS CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES (CRD)
Enviado por orientacion o Ven, 09/06/2023 - 21:06As prazas de residencia nestes centros están dirixidas ao alumnado de Bacharelato e Ciclos. A residencia é de luns a venres. En función dq renda hai catro tramos de prezos, hai a posibilidade de que a residencia sexa incluso gratuíta.
Prazo para presentar solicitudes:
1. Para o alumnado matriculado en bacharelato: do 7 de xuño ao 12 de xullo de 2023.
2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos: do 7 de xuño ao 1 de agosto de 2023.
As solicitudes deberán dirixirse ao respectivo centro residencial docente.
Toda a información na seguinte páxina:
CHARLA ALAR: PREVENCIÓN DO SUICIDIO
Enviado por orientacion o Ven, 09/06/2023 - 19:07
O venres pasado ALAR visitounos para ofrecer unha charla sobre o suicidio ao alumnado de 4°ESO e 1° CFPB.
O primeiro que se deixou claro é que unha persoa se suicida non porque non quera vivir, senon porque quere deixar de sufrir.
Falamos do que pode desencadenar que unha persoa poida acabar coa súa vida. Tres son as causas principais na adolescencia: vivir situacións de violencia no ámbito familiar, as condutas adictivas e o bulling.
Detallamos algúns comportamentos tanto verbais como condutuais que poden observarse cando unha persoa ten conduta suicida. Ás veces un comportamento agresivo, de aillamento, sinais de despedida e outros, poden alertarnos desta situación polo que debemos estar atentos e interpretar ben o que a persoa está vivindo.
Descubrimos tamén que Lugo é a provincia con índices de suicidio máis altos de todo o territorio nacional. Vimos tamén que a situación se dispara dende hai 5 anos, e que frente ao mito que di que é mellor non falar do tema, os datos indican que é importante facer prevención, algo que xa estamos a facer.
Unha das cousas máis importantes para que a conduta suicidia non se produza é ofrecer axuda, unha actitude empática e de escoita. Nun 70% dos casos, descubrir o estado emocional da persoa e ofrecerlle atención e axuda evita que volva a intentalo. Vedes o importante que pode ser para unha persoa ser escoitada?
Se nalgún momento precisades axuda ou sabedes dalguén que a necesite, pasádevos por Orientación, non o dubidedes. Ademais da axuda que vos podamos ofrecer no centro, podemos activar intervención tanto no SERGAS como en ALAR.
Comparte a túa dor para que alguén poida axudarte.
Visita ao museo de historia natural
Enviado por anapalmero o Xov, 08/06/2023 - 22:46A visita ao museo da Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol foi o complemento para as clases de Bioloxía e Xeoloxía do alumnado de 1.º ESO. O percorrido guiado pola exposición permitiunos un achegamento ao rico patrimonio natural e a mellor celebración do Día do Medio Ambiente que se celebrou esta semana.
Andaina e ruta matemática na Baliza do Castelo da Palma
Enviado por fgeiras o Sáb, 03/06/2023 - 13:29Na solleira mañá do venres 2 de xuño o alumnado de 1º ESO desprazouse á Baliza do Castelo da Palma para facer unha ruta matemática, utilizando a app Math City Map, na que precisaron tomar medidas e tirar do seu enxeño para descifrar os diferentes problemas formulados. Distribuíronse en grupos de tres e foron quen de ir superando tódolos retos que se lle puxeron por diante. A tarefa, deseñada en lingua inglesa, é parte das actividades que se propoñen para traballar no coñecemento dos faros da nosa contorna, dentro do Proxecto Faros (eTwinning) no que o Centro colabora con institutos de Portugal, Italia, Chipre e as nosas veciñas de Fene.
Amais, co percorrido de arredor de 5 Km, puidemos seguir dando pasos para acadar o Reto do Camiño Inglés e aproveitamos para identificar especies vexetais e animais e coñecer un poquiño mellor o noso patrimonio arquitectónico e paisaxístico.
Abofé que pagou a pena o esforzo!
Finalistas da XIII Incubadora de Sondaxes e Experimentos da SGAPEIO
Enviado por fgeiras o Lun, 29/05/2023 - 17:08
O grupo de 1º ESO B composto por Yerai, Rebeca, Adriana e Pepe foi seleccionado para defender o seu traballo "Saberías diferenciar a intelixencia artificial da intelixencia natural?" na gran final que terá lugar na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela o vindeiro 9 de xuño. Optarán a ser campións autonómicos e representar a Galicia na final estatal de Zaragoza. Os proxectos de "Ortografía - Lectura" do grupo de 2º ESO B conformado por Mishelle, Anxo, Eva e Naim e "Reciclaxe no IES de Mugardos" de Alexander, Héctor e Jairo de 2º FPB tamén foron premiados con senllas mencións especiais. Parabéns a todas e todos polo esforzo!
FINALISTAS E MENCIÓNS |
Visita ao CIEC de Betanzos
Enviado por montse.arza o Lun, 29/05/2023 - 17:00Alumnado do Club de Lectura e mais de Debuxo Artístico I visitan o Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos.
O galego dá moito xogo (Letras Galegas, 2023)
Enviado por reicastromicaela o Lun, 22/05/2023 - 13:15Actividade na que participou o alumnado de 6º de primaria do CEIP Apóstolo Santiago de Franza e mais do CEIP Unión Mugardesa, xunto co alumnado de 1º e 2º da ESO do IES Mugardos. Os participantes, divididos en grupos, comezaron coa Carreira da Lingua na que obtiñan pistas para elaborar un cadro sobre Francisco Fernández del Riego. Logo os equipos participaron en distintos xogos.
Colaborou na organización o servizo municipal de deportes e o SNL da mancomunidade.
Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar
Enviado por admin o Dom, 21/05/2023 - 19:46PRAZO DE SOLICITUDES: Do 20 de maio ao 21 de xuño, incluídos
FONDO SOLIDARIO: 3.º e 4º. ESO
AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR: 1.º, 2.º, 3.º e 4.º ESO
ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)Para presentación electrónica, entre nesta aplicación FONDOLIBROS coa Chave 365. ou a través da sede electrónica da Xunta: Para presentación presencial: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria.Máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia: enlace |
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO (manuais en préstamo ao alumnado 3º e 4º de ESO)
Renda per cápita inferior a 6000 € : Seis libros de texto.
Renda per cápita inferior a 10000 €: Catro libros de texto.
De haber existencias nos fondos dispoñiblesasignaránse ata agotar existencias.
AXUDAS PARA COMPRA DE MATERIAL ESCOLAR (1.º, 2.º, 3.º e 4º.ESO)
Renda per cápita inferior a 6000 € : 240 €
Renda per cápita inferior a 10000 €: 160 €
-As contías calcularanse pola renda per cápita da unidade familiar NO EXERCICIO FISCAL 2021.
DOCUMENTACIÓN sobre a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2021 (agás en caso de separación, divorcio ou casos de violencia de xénero posterior):
- Anexo II
- Copia do libro de familia onde figure o alumnado e os membros computables da unidade familiar.
- En caso de separación ou divorcio, sentencia ou convenio regulador onde conste a atribución de custodia.
- Certificado de discapacidade do alumnado ou membros da unidade familiar.
- Outra documentación que xustifique as situación específicas alegadas.
As listaxes relacionadas con este procedemento publicaranse únicamente no taboeiro de anuncios no interior do recinto escolar.
Graduación de bacharelato. Promoción 2021-2023
Enviado por admin o Sáb, 20/05/2023 - 13:41A tarde do venres,19 de maio, celebramos o acto de despedida da flamante promoción de bacharelato 2021-2023. Foi un acto emotivo para o alumnado.
Parabéns ao novos bachareis que enfrontan unha nova etapa nas súas vidas.
Grazas ao profesorado que os acompañou en toda a súa traxectoria escolar.
Moi agredecidos ao Casino Mugardés que nos cedeu as súas instalación para compartirmos o acto cos familiares a achegados.
Para todas as familias, o noso recoñecemento por confiarnos unha parte importante da educación dos seus fillos e fillas.
Adiante!!!
Recoñecemento 2.º reto do Camiño Inglés
Enviado por pcanteroc o Sáb, 20/05/2023 - 13:40Este xoves entregamos o recoñecemento aos participantes que superaron os segundos 50 km simbólicos do Camiño Inglés rexistrados na aplicación Strava. O acto consistiu na entrega de diplomas, medallas e trofeos.
Parabéns aos participantes e animamos a toda a comunidade educativa a sumarse ao terceiro reto xa en marcha.
Eduemprende Actúa
Enviado por Julio Otero o Sáb, 20/05/2023 - 13:39Os alumnos e alumnas de economía de Bacharelato gozaron o pasado martes 16 de maio da presencia de Verónica Rodríguez Ruzo para traballar a innovación e a creatividade mediante xogos e actividades que promoven o pensamento lateral e o enxeño. Formación promovida pola Consellería de Educación mediante o Programa Eduemprende Actúa.
Premios dos concursos matemáticos
Enviado por begomez o Sáb, 13/05/2023 - 12:59Certame de pituits
Certame de vídeos
|
|
|
Mencións | ||
Maios, 2023
Enviado por Serafín o Xov, 11/05/2023 - 22:38Un ano mais, Mugardos voltou a recuperar a festa dos Maios impulsada pola asociación cultural Apelón Educación para os centros educativos. O alumnado deuse cita no cantón de Cora para a realización dos monumentos vexetais. No noso caso, participapamos co alumnado de 1.º ESO, que confeccionou unhas coplas, e o mais FP Básica, que se encargou da estrutura do barco floral. Ademais, axudaron aos máis cativos a colocar as flores.
2º concurso de fotografía científica
Enviado por guillin o Xov, 27/04/2023 - 00:24Convocamos este curso o 2º certame de fotografía científica para ver o grao en que o alumnado de 3ºESO era quen de conectar a ciencia co mundo que nos rodea. E abofé que saíron cousas interesantes. No arquivo que se xunta podedes ver a colección completa mais xa podemos avanzar que os dous gañadores da 2ª edición foron IKER FERNÁNDEZ por ALEHOP...QUÉDANME 6. pola súa capacidade de plasmar cunha nitidez sorprendente un momento moi difícil de captar.
e CARLOTA FERNÁNDEZ por FUXAN OS VENTOS, por ofrecernos un misterio no que se mesturan maxia e ciencia a partes iguais amosando dun modo moi fermoso o baile de faíscas nunha posible noite de San Xoan.
Noraboa aos premiados e grazas a todos por participar amosando puntos de vista curiosos e sorprendentes deste mundo tan diverso que temos.
Visita de Historia da Arte a Santiago de Compostela
Enviado por miguel_valencia87 o Mér, 26/04/2023 - 10:10O alumnado de Historia da Arte de 2.º Bacharelato realizou o pasado venres unha visita á cidade de Santiago de Compostela.
Presentación do programa radiofónico "Con E de entrevista"
Enviado por montse.arza o Lun, 17/04/2023 - 21:02
Finanzas para mortais (Eduemprende)
Enviado por Julio Otero o Xov, 13/04/2023 - 09:40
O pasado 29 de marzo o alumnado de Economía da empresa de 2ª de bacharelato asistiu ao obradoiro Finanzas para Mortais, promovido por Eduemprende e impartida por profesionais do mundo da banca e as finanzas do Banco Santander.
Aprenderon e recordaron conceptos base na actividade emprendedora e profesional, do mundo laboral e máis da xestión das ideas.
Fin do segundo reto do Camiño Inglés e comezo do terceiro
Enviado por pcanteroc o Mér, 12/04/2023 - 11:19 Este luns finalizamos o 2º reto do Camiño Inglés. A comunidade educativa do IES Mugardos segue avanzando quilómetros e vaise achegando a Santiago cada vez máis. Xa só queda a derradeira etapa para finalizar o reto deste curso. Nesta etapa teremos que percorrer 70 quilómetros para finalizar e chegar á catedral.
Durante este percorrido atopamos grupos moi parcipativos loitando por ser os máis activos do IES, e grupos cunha igualdade máxima para alcanzar os premios. Destacamos o grupo de 1º ESO, cunha igualdade máxima e unha motivación moi boa. Parabén polo esforzo!!! O 3º reto comezará o venres 14 de abril e finalizará o domingo 18 de xuño. O obxectivo son 70 quilómetros. Durante o día 14 recibiredes a invitación para unirse ao reto. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »