![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Xeografía e Historia
2.º ESO : Centro de Interpretación do Caldoval
Enviado por admin o Lun, 30/05/2022 - 18:23Visita ao Centro de Interpretación Arqueolóxica do Caldoval
Obradoiro
Premio á creatividade "Que sucedeu en Ferrol o 10 de marzo de 1972?"
Enviado por dmmillan o Dom, 13/03/2022 - 21:39O alumnado 1.º bacharelato participou con varios traballos de creación e documentación no concurso escolar «Que sucedeu en Ferrol o 10 de marzo de 1972?» Tratouse dunha actividade moi especial pois este ano conmemórase o 50 aniversario daqueles acontecementos.
A entrega dos premios realizouse no centro cultural Torrente Ballester. Resultou seleccionado co premio á creatividade o vídeo producido polos alumnos Miguel Ángel Rincón, Daniel Pico, Elisabeth Bejarano, Rubén Lamzildi, Beatriz Arias e Yoel Sanjuán, dirixidos polo profesor David Millán.
Charla de Francisco Rodríguez sobre o 10 de marzo
Enviado por admin o Dom, 13/03/2022 - 21:38O alumando de 4.º ESO asistiu a unha charla co político e antigo deputado Francisco Rodríguez. O asunto principal da actividade xirou arredor da conmemoración do 50 aniversario do 10 de marzo de 1972. Ademais da súa intervención, realizouse a proxección dun vídeo con testemuños e explicacións dos acontecementos e realizouse un breve debate.
Estrea das curtametraxes de Vidas Mariñeiras
Enviado por admin o Sáb, 21/12/2019 - 21:27
Este xoves estrearonse no teatro Jofre de Ferrol as cinco curtametraxes gravadas ao abeiro do proxecto Vidas Mariñeiras organizado pola entidade Galp Golfo Ártabro Norte. Entre os traballos audiovisuais figura "Genoveva é nome de barco" gravado polo alumnado de 4.º ESO B e o profesor Miguel Gil, coa dirección da profesional Cristina de la Torre.
Os propios alumnos dos centros realizaron a presentación das súas curtametraxes. Os nosos representantes foron Adrián Vilar e Paola Alonso. A familia de Paola é precisamente a grande protagonista de "Genoveva é nome de barco".
De viaxe con Erasmus+ (Formación do profesorado)
Enviado por admin o Xov, 28/11/2019 - 23:11O profesor de Xeografía e Historia Miguel García Valencia viaxará a próxima semana a Oxford para participar nun interesante curso que leva como título "Developing Problem Solving and Critical Thinking Skills in the classroom".
O programa ten como obxectivo apoiar aos docentes de todas as materias para desenvolveren no seus alumnos/as a capacidade de pensar por si mesmos/as, as habilidades do pensamento lateral, o razoamento verbal e non verbal e a análise crítica.
Esta actividade está incluída no proxecto ERASMUS+ aprobado pola Unión Europea para a formación profesional do claustro do IES de Mugardos e a mellora da competencia lingüística. Ao longo de dous cursos académicos, realizaremos máis de vinte mobilidades polo vello continente, desde Finlandia a Malta (xa realizadas) ou do Reino Unido a Chipre ou Portugal por citar as viaxes previstas para este curso por diferentes representantes do claustro do IES de Mugardos.
Podemos seguir as mobilidades no blog https://concuidadocontienen.blogspot.com/
Boa viaxe, Miguel V.
Visita á exposición Galegos en Mauthausen
Enviado por admin o Lun, 23/04/2018 - 19:17O profesor Enrique Barrera, historiador e secretario da A.C. Memoria Historia Democrática, clausurou esta mañá co alumnado de 1.º bacharelato a exposición "Galegos en Mauthausen". A visita guiada polos paneis informativos rematou cunha charla sobre ese dramático episodio histórico que están a estudar nestes momentos. Agradecemos, asemade, á Asociación Apelón Educación a organización desta actividade.
Exposición: Holocausto (Mathausen, regreso ao campo da morte)
Enviado por admin o Sáb, 17/02/2018 - 13:04Ata este venres estivo no corredor de entrada do intituto a exposición sobre o holocausto (Mathausen). Para seguir ampliando a información dos paneis, podedes visitar:
- El convoy de los 927: https://www.youtube.com/watch?v=0dqMix6nEos
- Mauthausen, el deber de recordar: https://www.youtube.com/watch?v=PkUuoCiU0LU&t=1s
- Saturnino Navazo, fútbol en el infierno, 27': https://www.youtube.com/watch?v=wMWkUim3TsM
Roteiro Ferrol Rebelde
Enviado por admin o Sáb, 03/02/2018 - 12:49O alumnado de 4.º ESO e FP Básica realizou esta semana o roteiro "Ferrol Rebelde". Trátase dun percorrido guiado polos lugares máis significativos da loita obreira na cidade ferrolá. Comeza a finais do século XIX cos nomes e lugares da publicación El trabajo (1871) e remate coa morte de Moncho Reboiras (1975).
Visita a Dombate, Borneiro e Pedra da Arca
Enviado por admin o Mar, 30/05/2017 - 22:06O alumnado de 1º ESO realizou hoxe unha excursión aos principais monumentos megalíticos de Bergantiños. A visita guiada incluíu a entrada ao Centro de interpretación do dolmen de Dombate, o castro de Borneiro e mais o dolmen da Pedra da Arca. Tamén houbo tempo de gozar dun momento de descanso na praia de Balarés.
Eleccións, 2017
Enviado por admin o Dom, 28/05/2017 - 13:37O venres, 26 de maio, celebramos no IES de Mugardos a festa da democracia. Desde o departamento de Xeografía e Historia levouse a cabo un simulacro de eleccións. Trátase dunha actividade que incide en valores tan importantes na educación como a tolerancia, o respecto e a calidade democrática.
O proceso electoral transcorreu sen incidentes, cunha alta participación do censo. Os candidatos foron madrugadores á hora de exercer o seu dereito ao voto. Velaquí as imaxes do momento.
|
![]() |
![]() |
|
![]() |
Programa ADA. Iniciación á tecnoloxía en igualdade
Enviado por admin o Sáb, 27/05/2017 - 12:15O alumnado de 1.º ESO pasou a mañá de luns na aula de Tecnoloxía para participar no programa ADA do Instituto de la Mujer para la Igualdad de Oportunidades. O obxectivo é promover o interese nas ramas tecnolóxicas de estudo. A actividade ten como fío condutor a vida de Ada Byron de quen vos propomos que busquedes referencias na rede porque supón toda unha sorpresa.
![]() |
Eleccións 2017
Enviado por admin o Mér, 24/05/2017 - 21:07Tras a creación de partidos, proclamación de candidaturas, campaña electoral e debate... este venres o censo electoral do IES de Mugardos poderá exercer o dereito ao voto.
Conversas na biblioteca (Tempo de lembranzas)
Enviado por admin o Lun, 24/04/2017 - 17:12No Día do Libro, lembramos o encontro na biblioteca co historiador Miguel A. Rodríguez, autor da obra publicada polo Concello este ano co motivo do 70 aniversario da traxedia da lancha de Mugardos; e María Victoria, supervivente do accidente.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
