Blogues
Participación no programa EduMob
Enviado por admin o Lun, 03/06/2024 - 18:02O noso instituto vai solicitar participar no programa EduMob que convoca a Consellería de Educación, un programa de intercambios individuais de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Grand Est (Francia). A proposta vai dirixida a alumnado que vaia estudar 1ºBach no curso 2024-2025, que curse Francés e que cumpra unha serie de requisitos.
Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar
Enviado por admin o Mér, 22/05/2024 - 10:26Convócanse as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial para o curso 2024/2025 (procedemento ED330B).
O prazo de presentación de solicitudes é do 21/05/2024 ata o 21/06/2024 (ambos incluídos).
Para consultar toda a información poden acceder á seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
Luns 20 de maio: non lectivo pero hábil para matrícula ABAU
Enviado por admin o Mér, 15/05/2024 - 15:51O próximo luns 20 de maio non é lectivo no noso instituto, xa que foi un dos dous días aprobados polo Consello Escolar como non lectivos propios do centro. Polo tanto, ese día non haberá clase. Con todo, a secretaría do centro permanecerá aberta de 9:30h a 14:00h para que o alumnado de 2º de Bacharelato poida realizar os trámites da matrícula para a ABAU.
Información sobre o final de curso en 2ºBach
Enviado por admin o Mér, 15/05/2024 - 15:47- Comunicación das cualificacións da convocatoria ordinaria: publicación en abalar o 15 de maio a partir das 20:00h e entrega de boletíns o 16 de maio ás 10:20h.
- Matrícula na ABAU (convocatoria ordinaria): 16 e 20 de maio (aínda que o luns 20 é día non lectivo no noso centro, a secretaría estará aberta de 9:30 a 14:00 para a realizacion deste trámite).
- Solicitude de revisión das cualificacións ante a dirección do centro: 20 e 21 de maio.
- Solicitude de reclamación ante a Xefatura territorial (se persistise o desacordo): 23 e 24 de maio.
Listaxes admisión alumnado
Enviado por admin o Xov, 25/04/2024 - 11:58Foron admitidas todas as solicitudes de praza para o curso 2024/25, agás para 1º ESO. Neste curso foi necesario baremar debido a que recibimos máis solicitudes que as vacantes dispoñibles. Polo tanto, publícase no taboleiro interior do centro a seguinte información:
Intercambio con Alemaña
Enviado por admin o Mér, 24/04/2024 - 12:59Esta semana están en Gondomar 25 alumnos e alumnas do instituto Otto-Hahn-Gymnasium de Nagold (Alemaña), participando nun intercambio con alumnado de 1ºBach do IES Auga da Laxe.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »