Skip to Content

Filosofía

Charla para o alumnado de Psicoloxía: "Funcionamiento ejecutivo y emocional en Trastorno Obsesivo Compulsivo. Cuando las emociones llevan la voz cantante."

María Tubío / TOC / 2018

O 30 de novembro de 2018 o alumnado da materia de Psicoloxía de 2BACH recibiu unha charla impartida pola psicóloga e doctoranda María Tubío que grazas á súa claridade, cercanía e bo facer foi quen de achegar dun xeito preciso un amplo cadro no cal poder entender o que o TOC é, e como este pode afectar á vida das persoas que o sofren.

Todos os obxectivos que foron fixados para a actividade quedaron plenamente logrados xa que o alumnado comprendeu a complexidade de definir o que é un trastorno mental e saber sobre a súa orixe (máis aínda se temos en conta que a señora Tubío está a facer a tese dentro do grupo de investigación de Xenómica da USC que dirixe Ángel Carracedo). Tamén foi abordada con enorme empatía e delicadeza a dimensión social do trastorno e as tremendas consecuencias que pode conlevar o TOC, en determinados casos, a aquelas persoas que o padecen.

Charla para o alumnado de Psicoloxía: "A sexualidade dende o punto de vista do pracer"

Noa Tilve / Quérote+ / 2018

A psicóloga e sexóloga Noa Tilve, de Quérote+, charlou co alumnado da materia de Psicoloxía (2BACH) o día 28 de novembro de 2018, sobre aspectos da sexualidade que van máis aló do meramente anatómico, do ámbito da protección fronte ás ETS ou dos embarazos non desexados. 

As orixes destas charlas veñen da solicitude de alumnado doutros cursos pasados que reclamaba porque nunca se lle falaba dunha maneira conxunta de algo tan natural e tan da "vida" (no sentido de todo o longo da vida) como isto.

A orientadora do centro, Cruz Présas, púxonos en contacto con Noa e ela aceptou inmediatamente a petición do alumnado. Dende aquela, e sempre que o permite o calendario, repetimos.

Moitas gracias, Noa. Parabéns pola túa cercanía e polo teu benfacer!

Información básica sobre a programación do Departamento de Filosofía. Ano académico 2018-19

Mínimos para acadar os estándares e criterios de avaliación.

"Derrocando o estigma: implicacións do Trastorno Obsesivo Compulsivo", recibimos a visita de María Tubío Fungueiriño

O pasado venres 20 de abril, o alumnado de psicoloxía de 2º de bacharelato recibiu a visita de María Tubío Fungueiriño, psicóloga doctoranda que investiga no grupo do CIMUS "Genomics and bioinformatics". A investigadora impartiu unha charla titulada "Derrocando o estigma: implicacións do Trastorno Obsesivo Compulsivo".

Charla do neto do sindicalista galego Marcial Villamor para o alumnado de Valores Éticos e Historia do mundo contemporáneo

O pasado xoves 12 de abril, recibimos no centro a visita de Manuel Marcial San Martín Villamor; neto de Marcial Villamor, sindicalista veciño do barrio de Sar  (Santiago de Compostela) que foi asasinado no ano 1937.

A nosa experiencia no UniStem Day 2018 na Facultade de Medicina da USC

O pasado venres 16 de marzo o alumnado das materias Psicoloxía e Bioloxía de 2º de Bacharelato participou no UniStem Day 2018 que se celebrou na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, acompañado polos profesores Cecilia, David e Marita.

Alumnado de ESO e Bacharelato participa na V Olimpíada Filosófica de Galicia

O pasado venres, 16 de febreiro, alumnas e alumnos do noso centro participaron na V Olimpíada Filosófica de Galicia que se celebrou na Facultade de Filosofía da USC. O alumnado de 3º e 4º ESO participou na categoría de "Dilemas Morais" e o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato na categoría de "Disertación Filosófica"

Visita ao CIMUS do alumnado de Psicoloxía de 2º de Bacharelato

O pasado mércores 17 de xaneiro, o alumnado de Psicoloxía de 2º de Bacharelato tivo a ocasión de coñecer de primeira man o traballo que se fai no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da Universidade de Santiago de Compostela (CIMUS) durante unha visita ás súas instalacións .

Saída do alumnado de psicoloxía de 2º de bacharelato a ver a obra Fémina Sapiens no Salón Teatro

O pasado venres, 15 de decembro, o alumnado de psicoloxía de 2º de bacharelato asistiu no Salón Teatro á representación da obra Fémina Sapiens de INVERSA TEATRO. 

O alumnado de psicoloxía de 2º BACH recibiu a visita da investigadora Montse Fernández Prieto

O pasado venres 17 de novembro o departamento de filosofía do noso centro organizou un encontro entre o alumnado da materia de psicoloxía de 2º de bacharelato e a investigadora Montse Fernández Prieto da Fundación Ramón Domínguez e do Grupo de Medicina Xenómica da USC.

Celebramos o Día Mundial da Filosofía co alumnado de ESO e Bacharelato

O terceiro xoves do mes de novembro celébrase, cada ano, o Día Mundial da Filosofía para recordar a importancia da reflexión filosófica e animar as persoas de todo o mundo a compartir a súa herdanza filosófica entre si. Co gallo desta celebración, ao longo desta semana, o Departamento de Filosofía do noso centro organizou unha serie de charlas-coloquio dirixidas ao alumnado de 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato.

Que aporta a psicanálise para comprender ás persoas hoxe - Psicoloxía 2BACH - 15 de novembro de 2017

A profesora Anabel Beniscelli Taibo e o profesor Álvaro Zas Ibarra (a través de skype e dende Montevideo, Uruguay) da facultade de Psicoloxía da Universidade da República Oriental del Uruguay explicaron os fundamentos básicos da psicanálise poñéndoos en relación coa comprensión da dimensión psíquica dos seres humanos. En varias ocasións responderon a interesantes preguntas do noso alumnado, dun xeito moi cordial e preciso.

Moitas gracias Álvaro por atender ás inquietudes do noso alumnado dende tan lonxe e a pesares da diferencia horaria e da cantidade de traballo que tes!

Xénero, diversidade, discriminación e violencia. O proxecto CRAM da Facultade de Psicoloxía da UDELAR - Filosofía 1BACH - 15 de novembro de 2017

Anabel Beniscelli Taibo, profesora da facultade de Psicoloxía da Universidade da República Oriental del Uruguay explicou como dende o proxecto CRAM da Facultade de Psicoloxía da UDELAR trabállase cos conceptos de xénero e diversidade para loitar contra os efectos da discriminación e da violencia. O obxectivo de dita charla foi a de compartir co alumnado a experiencia de dor que resulta da discrminación, pero a de esperanza que resulta da aceptación da diversidade e da convivencia respectuosa das opcións libres e consentidas.

 

Moitas gracias Anabel por facer un oco nesa axenda tan apretada para compartir o teu saber co noso alumnado!

Igualdade, xénero e diversidade - Valores Éticos de 3º e 4º da ESO - Filosofía de 4º da ESO / 15 de novembro de 2017

A profesora da facultade de Psicoloxía da Universidade da República Oriental del Uruguay, Anabel Beniscelli Taibo, centrouse na explicación do concepto de xénero para propoñer unha visión máis igualitaria da diversidade sexual e da convivencia social e cidadá. Dende esta perspectiva estableceu un diálogo crítico e produtivo co alumnado.

 

Moitas gracias Anabel por facer un oco nesa axenda tan apretada para compartir o teu saber co noso alumnado!

Sexualidade dende o punto de vista do pracer

A charla xorde dunha petición expresa do alumnado de Psicoloxía de 2BACH, que se orixina dunha queixa: segundo elas e eles sempre que se lles falou de sexo no ámbito escolar se fixo dende o punto de vista da prevención e da reprodución. Aínda que recoñecen que a información que se lles proporcionou é necesaria estiman que hai baleiros importantes que encher, de aí a súa petición respecto a información dos aspectos pracenteiros da actividade sexual. Esta falla de información é a que Noa Tilve dende “Quérote” vai a solventar.

 

O alumnado seguiu con moito interese as explicación de Noa Tilve e recomendou que se repetira nos seguintes cursos esta charla, por considerala interesante, instrutiva, respectuosa e esclarecedora.

Distribuir contido


by Dr. Radut