Visita ao CIMUS do alumnado de Psicoloxía de 2º de Bacharelato
O pasado mércores 17 de xaneiro, o alumnado de Psicoloxía de 2º de Bacharelato tivo a ocasión de coñecer de primeira man o traballo que se fai no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da Universidade de Santiago de Compostela (CIMUS) durante unha visita ás súas instalacións .
Alumnado e profesores acompañantes visitaron tres laboratorios: "Cell and Molecular Neurobiology of Parkinson’s disease", "Pharmacology Applied to Drug Discovery" e "Genomics and Bioinformatics". Este último é o grupo dirixido por Anxel Carracedo ao que tamén pertence Montserrat Fernández Prieto, cos que tivemos a sorte de poder contar no noso IES en anteriores ocasións impartindo charlas.
A visita comezou no salón de multimedia cunha presentación xeral. Organizados en grupos rotando xa polos laboratorios, os investigadores explicaron a alumnas e alumnos as liñas xerais de traballo de cada grupo, a utilidade dos correspondentes equipamentos, etc. Na visita ao equipo de psicoloxía do grupo de Xenómica, incluso se fixo un test de proba para ver como se traballa, a ese momento corresponde a imaxe sobre estas liñas.
Podedes ver máis imaxes da visita en redes sociais, facebook e twitter, aquí deixamos unha mostra. Aproveitamos a ocasión para amosar o noso agradecemento a todos os grandes profesionais que traballan nos diferentes grupos do CIMUS pola súa amabilidade e entusiasmo. ¡Vémonos no Unistem Day 2018!
Hoxe recibinos no @cimususc a visita de alumnos do IES Xelmirez II. Un pracer! Vémonos en marzo no Unistem Day! #Parkinson pic.twitter.com/v52Buugfvu
— Unistem Santiago (@UnistemSantiago) 17 de enero de 2018
Máis información | CIMUS