Skip to Content

O Prestige nas aulas

 Unha gran burla negra

14/11/2019 04:50 H

Os arquivos dunha Gran Burla Negra, con material do afundimento do Prestige, chegan ao IES Xelmírez II como ferramenta educativa para que, con motivo do 17 aniversario da traxedia, un desastre así non se volva a repetir.

 Ler a nova en La Voz de Galicia

Exposición: Unha gran burla negra: Creatividade popular e memoria do Prestige

O 13 de novembro ás 12:30 horas, un pouco antes de que se cumprisen 17 anos do mayday do capitán Mangouras, inaugurouse no vestíbulo do IES Arcebispo Xelmírez II a exposición “Unha gran burla negra: Creatividade popular e memoria do Prestige”

Asistiron á celebración do acto gran parte das persoas implicadas na recollida e arquivado de todo este patrimonio cultural, algunhas das cales, ademais, comisariaron a mostra: Daniel L. Abel, Jorge Linheira, Miguel Anxo Rodríguez e Diego Vites. Como representante do Concello de Santiago de Compostela acompañounos Noa Díaz Varela (Concelleira responsable de Educación, Mocidade, Igualdade e Políticas Lingüísticas).

As persoas responsables da escolla do material, que por primeira vez exponse nun centro de ensino, explicáronlle ao alumnado de primeiro de bacharelato a importancia da resposta cidadá ante o que unha grande parte da poboación da nosa Comunidade sentiu como un “ataque” a algo esencial de Galicia: o seu mar. Tamén resaltaron que ante isto a cidadanía non se limitou a queixarse polo baixo e rosmar, senón que cunha grande inventiva fixo que o “chapapote” estivese presente en todas partes e en moitas ocasión en ton burlesco e retranqueiro: en chisqueiros, en esquelas, en festexos tradicionais, en pins e chapas, en barrallas …

Conferencia: Obesidad: ¿La clave está en tu cerebro?

O martes 12 de novembro estivo no noso centro Cintia Folgueira, investigadora postdoutoral no CIMUS (Centro de Investigación en Mediciña Molecular da USC), premiada este ano 2019 como autora da mellor tese doutoral en Endocrinoloxía e Nutrición pola Sociedade Española neste campo.

A doutora Folgueira compartiu co noso alumnado as liñas xerais e os principais resultados desta premiada investigación. Como complemento, destacou cales son os aspectos máis importantes nalgúns problemas asociados á nutrición nas sociedades desenvolvidas de hoxe, nomeadamente o sobrepeso e a obesidade, as súas repercusións en diferentes aspectos relativos á saúde e as innovacións que se están a investigar na prevención e tratamento dos mesmos.

A esta charla asistiu o alumnado da materia de Psicoloxía de 2º de bacharelato, así como o alumnado de 1º curso matriculado no STEM_Bach.

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Twiter

Obesidad: ¿La clave está en tu cerebro?

Obesidad

JOEL GÓMEZ

SANTIAGO / A VOZ 08/11/2019 05:00 H

Asistencia: Sesión de xuízos

O día 6 de novembro de 2019 o alumnado de 4ESO das materias de Filosofía e de Valores Éticos acudiu aos Xulgados de Santiago para poder presenciar xuízos (non penais) e así poder observar directamente como funciona a nosa Xustiza.

Aínda que non houbo moita “sorte” porque parte dos xuízos se suspenderon (por exemplo porque as partes chegaron a un acordo) finalmente puideron ver algún procedemento interesante (reclamación de anos de traballo despois dun despido, reclamación respecto á categoría laboral e execución hipotecaria). 

Sesión de xuízos

Quizais o que resultou máis interesante foi a explicación que lle proporcionaron de xeito altruísta as persoas que levaban as defensas e as acusacións sobre o que sucedía (ou non, xa que houbo un xuízo que se suspendeu porque se tivo que convocar a unha terceira parte implicada) na sala.

English week

English week

31/10/2019 05:00 H

Vinte e cinco estudantes de primeiro de ESO do IES Arcebispo Xelmírez II están a participar na actividade de inmersión lingüística English Week, que convoca a Consellería de Educación, e que se desenvolve nos Peares con profesorado nativo.

Ler a nova en La Voz de Galicia

Alumnado de 1º de ESO participa na English Week

Esta semana, do 27 de otubro ao 2 de novembro, 25 alumnos e alumnas de 1° de ESO do IES Arcebispo Xelmírez II están participando na actividade de inmersión lingüística English Week, que convoca a Consellería de Educación. Desenvólvese en Os Peares, no Centro de Inmersión Lingüística ubicado no antigo poboado dos traballadores do encoro dos Peares, con profesorado nativo. Ao longo das xornadas realízanse diferentes obradoiros centrados no medio ambiente, e actividades lúdicas tamén en inglés. O IES Xelmírez II é o único centro do concello de Santiago seleccionado na edición deste ano da English Week. O alumnado participante forma parte da sección bilingüe en inglés na materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual que se implantou este curso escolar con máis de 40 estudantes.

English Week

Visita á exposición: Química para un mundo mellor

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) preparou unha exposición acerca do importante papel da química no mundo contemporáneo, que se puido visitar en Fonseca durante o mes de outubro.

Nela, case 20 paneis estaban adicados a diferentes campos nos que a química ten importantes aplicacións e nos que empresas galegas desenvolven investigacións e traballos de alto nivel: os bioplásticos, aplicacións médicas e farmacolóxicas, novos combustibles, usos e aplicacións da química na agricultura, as nanopartículas ou a potabilización da auga foron algunhas das temáticas desenvolvidas.

O IES Arcebispo Xelmírez II acudiu a visita o martes 29 de outubro cos grupos 1.º A e 1.º B de bacharelato científico.

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Charla: Pracer e sexualidade

Un curso máis, e gracias ao consello das anteriores xeracións, a psicóloga e sexóloga Noa Tilve, de Quérote+, charlou co alumnado da materia de Psicoloxía (2BACH) o día 29 de outubro de 2019, sobre aspectos da sexualidade que van máis aló do meramente anatómico, do ámbito da protección fronte ás ETS ou dos embarazos non desexados.

Pracer re sexualidade

 A charla foi moi interesante porque abordou aspectos sobre os que os adolescentes o xoves non “saben” ou non “teñen” con que falar dun xeito franco, empático e sen vergoña. Ante todo falouse de respecto, de tolerancia, de autocoñecemento, e de comunicación.

Quérote + e Noa Tilve aceptaron inmediatamente a petición do alumnado.

Dado o alto grao de satisfacción que ten esta charla, dende o Departamento de Filosofía pensamos que o próximo curso imos ter que repetir a petición.

Os Dardos de Xoana

Luns 21 de outubro foi o día escollido por Xoana para presentar no noso centro, grazas ao apoio da Fundación Paideia, o seu disco Dardos. A verdade é que nos deixou sen alento coa súa profesionalidade sobre o escenario no que interpretou algúns dos seus temas máis coñecidos; temas nos que a protesta e a reivindicación están presentes xunto con outros máis intimistas e sempre nunha lingua moi traballada e impecable. Despois de escoitala non nos estraña nada que fora finalista en sete categorías nos últimos premios MIN de música. Brava

Barahúnda e Guadi Galego entusiasmaron coas músicas dos seus últimos traballos

Guadi

J. G.

SANTIAGO / A VOZ 19/10/2019 05:00 H

O grupo Barahúnda e Guadi Galego entusiasmaron ao público da cidade que asistiu á presentación dos seus últimos traballos. Barahúnda fíxoo na librería Pedreira e a intervención de Guadi Galego foi o primeiro acto na nova biblioteca do IES Xelmírez II.

Barahúnda xurdiu hai anos en Madrid, integrado por Helena de Alfonso e José Lara. Ambos os artistas trasladáronse fai dez anos para Rianxo e Onde ven o mar, que presentaron antonte na cidade, é o seu segundo traballo en galego.

Arranca a actividade do Club de lectura de igualdade e xénero

O Club de Lectura de Igualdade e Xénero iniciou a súa andaina coa asistencia, o pasado venres 18 de outubro, á representación da obra Elisa e Marcela, a cargo da compañía A Panadaría. Ao finalizar a función tiramos esta fotografía, que non retrata a todas as persoas que asistimos, pero que sen dúbida nos representa en conxunto, pois nela están capturadas a xenerosidade dunhas actrices inmensas, as risas dun anaco de tempo descontraído e as cores vivas do amor libre. 
O camiño cara á igualdade é longo... pero temos os pés preparados!

Elisa e Marcela

Guadi Galego e Pepe Cunha: pola beira da canción

Hoxe na nosa nova biblioteca tivemos o primeiro acto: a presentación do libro Pola beira da canción de Pepe Cunha, (do portal galego de comunicación musica, Ábrete de orellas) sobre a carreira artística de Guadi Galego, tipo de libro que supón unha novidade na nosa bibliografía.

E para celebralo contamos coa presenza tanto da artista como do escritor que nos debullaron o contido do libro e, sobre todo, falaron de música con preto de 70 alumnas e alumnos de 3ESO e 1BACH. Un auténtico luxo. E grazas tamén a Iria que preparou esta presentación onde lembramos a súa actuación no noso centro hai un par de anos acompañada por alumnado.

Por certo, a partir do 25 a disposición de todos o seu novo traballo "Inmersión" que se presentará nas principais cidades e vilas galegas.

14 de outubro: Día das Escritoras

O pasado 14 de outubro celebramos no centro o Día das Escritoras.

O Día das Escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto coa Federación Española de Mulleres Xestoras, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásica e Moderna que, desde 2016, busca reivindicar o traballo e o legado das escritoras ao longo da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras. Unímonos a esta iniciativa coa lectura de fragmentos durante o primeiro recreo por parte do alumando do centro na entrada do centro. Ademais os textos relacionados foron expostos na entrada do centro e na Biblioteca contamos cunha selección de libros de Literatura Xuvenil con selo de muller.

Día das Escritoras

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

DELF ESCOLAR 2019

Parabéns ao alumnado que se presentou á convocatoria do DELF ESCOLAR 2019 nivel B1! 100% de aprobados!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut