Skip to Content

Joseba Muruzábal e as avoas heroínas

Hoxe estivo co alumnado de Educación Plástica no noso centro o artista plástico Joseba Muruzábal. Sen dúbida, é un dos artistas máis importantes do momento ao encher as nosas vilas e cidades coas nosas avoas ás que dota de superpodes. Hoxe soubemos de como se xesta toda ese traballo.

Joseba

Visita: FINSA

O 20 de febrero os alumnos de economía de empresa visitaron a FINSA-Santiago para coñecer de primeira man a realidade empresarial.  A visita transcorriu por cada unha das fases do proceso de elaboración de taboleiros e mobles, mediante unha audioguía. Finalmente os responsables de RRHH e Xestión mostraron ao nosos alumnado diversos aspectos coma a formación requerida para cada posto de traballo así coma aspectos da xestión propia dunha empresa de gran tamaño.

Agradecendo a atención prestada, especialmente a Beatriz Sanchez del Rio da Area de personal, esperamos poder volver noutra ocasión. 

FINSA

14 de febreiro: corazóns de papel.

O 14 de febreiro é o día do amor e da amizade e na Biblioteca do Xelmírez II decidimos celebralo cun taller de origami impartido por Pilar Figueroa. Nesta ocasión, Pilar mostrounos como realizar corazóns.

Yolanda Castaño e a poesía galega última

O pasado 12 de febreiro o alumnado de 4.ºESO puido desfrutar da presenza dunha das nosas poetas máis relevantes: a coruñesa Yolanda Castaño. Durante case unha hora debullou de xeito ameno e didáctico o panorama poético galego dos últimos 30 anos e do que ela forma parte de xeito moi activo. Aquí vos deixamos un breve resumo.

Exposición: Con-ciencia de mujer

Con motivo do "Día Internacional da muller e a nena na ciencia" nun dos taboleiros do vestíbulo podedes  achegarvos a unha pequena exposición na que se analiza o papel da muller na ciencia. 

A exposición recibe o nome Con-ciencia de mujer e conta con material aportado pola profesora de Lingua Castelá, Paula Fernández.

Con-ciencia

Tamén partillamos un vídeo no que se analiza o chamado "Efecto Matilda".

III Premio Stephen Hawking

A alumna de 2.º de bacharelato do noso centro, Alba Candal Parafita, acadou un terceiro premio na terceira edición do premio Stephen Hawking co traballo "Estudo sobre a validez de uso dun interferómetro de difracción por orificio para a colocación dunha placa metálica", tamén presentaron traballos os alumnos de 2.º de bacharelato, Martín Blanco Lagares e Gael Garabal Codesido, "Identificación dun fármaco neuroprotector para a dor neuropática de orixe iatroxénica" e Mª Belén Hernández Garabal, Rita S. León Lamelas e Andrea Rodríguez López, "¿Qué mutación tiene esta levadura y cómo podemos solucionarlo?".

O premio está organizado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, nel pode participar alumnado de 4.º ESO e 1.º e 2.º de Bacharelato, este ano o tema para o desenvolvemento dos traballos era "Exploración" e estaba coordinado por Teresa Rodrigo Anoro, física do Comité de Política Científica do Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN)

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional. Convocatoria 2020

Achegamos a Orde do 20 de xaneiro de 2020 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2020.

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 2 e 13 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 10 e 19 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos

Calendario

 

IV Congreso NOSA

Organizado polo IES Arcebispo Xelmírez II, o día 10 de febreiro de 2020 celebrarase o IV Congreso NOSA no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Participarán alumnos dos centros que compoñen NOSA:  IES Maruxa Mallo (Ordes), IES Miraflores (Oleiros), IES Marco do Camballón (Vila de Cruces), IES Arzobispo Xelmirez II (Santiago de Compostela), CPI O Cruce (Cerceda) e IES Ferrol Vello.

Programa

Programa

Cartel

Nós co Día d@ Nen@ Oncolóxico

A través do blog  do Equipo de Dinamización da lingua galega, chegounos unha proposta de colaboración. E alá nos botamos. Para a xentiña miúda deste hospital coruñés mandamos unha chea de grúas con versos cheos de ánimos e alegría; e tamén un titorial para que el@s nos manden a nós algunhas coas súas palabras.

 

Laura LaMontagne&PicoAmperio: retrofuturismo galego

Hoxe o alumnado de 1ºBACH asistiu a un concerto didáctico a cargo da actriz e música Laura LaMontagne e o DJ PicoAmperio. Este dúo formado hai uns meses está levantando unha gran expectación pola aposta que fan ao conxugar letras de cantigas medievais (e tamén contemporáneas) con sons electrónicos. Daquela puidemos desfrutar dunhas versións cheas de forza e delicadeza. Un auténtico luxo.

30 xaneiro: Día escolar da paz e non violencia

Para celebrar o Día Escolar da Paz e Non Violencia contamos un taller de Origami impartido por Pilar Figueroa. Nel os alumnos e profesores participantes aprenderon a confeccionar grúas de papel.

Levamos 253 grúas pero o reto continúa. Deposita a túa nas caixas situadas na biblioteca.

Xornada de portas abertas

O vindeiro xoves 30 de xaneiro ás 18:30 h terá lugar a xornada de portas abertas que o IES Arcebispo Xelmírez II organiza para informar sobre o proceso de admisión de alumnado para o curso 2020-2021, con percorrido polas instalacións do centro e descrición da oferta educativa do mesmo.

VII Olimpíada Filosófica de Galicia

O venres 24 de xaneiro de 2020 alumnado de 1.º BACH acudiu á Facultade de Filosofía da USC en Santiago de Compostela para participar na modalidade de "Disertación Filosófica" na VII Olimpíada Filosófica de Galicia.

Ata dentro dunhas semanas non se saberá se "pasaron" á fase de defensa oral do seu traballo, o cal suporá participar na final estatal (que se celebra na nosa cidade este ano).

De calquera xeito o premio xa o teñen: pasarono moi ben! Viron canto alumnado está interesado en este tipo de actividade, esperaron con curiosidade o resultado do sorteo do tema da "disertación" e reflexionaron e redactaron algo propio defendendo o que consideraron máis adecuado.

Viva a Filosofía!

 

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Obradoiro: Ludi Compostelani

O día 22 de xaneiro o alumnado de Humanidades do IES Arcebispo Xelmírez II asistiu a V edición dos “Ludi Compostellani”, organizados pola SEEC (Galicia) na Facultade de Filoloxía (USC). Mediante a realización de diferentes obradoiros (danza grega, espectáculo de gladiadores e outras actividades) achegáronse ao mundo grecolatino dun xeito lúdico.

Ludi Compostelani

Distribuir contido


by Dr. Radut