Skip to Content

Aspectos organizativos do curso 2020-2021

A continuación presentámoslles tres documentos moi breves (cliquen en "Ler máis" para velos) que resumen as normas que debemos seguir todos, tanto persoal docente e non docente como alumnado e familias. Pregámoslles que os lean con atención e sexan escrupulosos no seu cumprimento. Por parte do centro, poden contar co noso máximo esforzo e implicación na súa aplicación.

Ante calquera dúbida, póñanse en contacto co centro.

Normas para o alumnado

Normas para as familias

Medidas adoptadas polo centro

Adiado o comezo de curso

A Consellería de Educación tomou o venres 11 de setembro a decisión de adiar o comezo de curso ata os días 23, 24 e 25 deste mes, mantendo a incorporación gradual do alumnado por niveis:

1º e 2º de ESO e 1º de Bacharelato, o mércores 23 de setembro

3º de ESO e 2º de Bacharelato o xoves 24 de setembro

4º de ESO o venres 25 de setembro

Haberá servizo de transporte escolar en horario ordinario.

Neses días o alumnado non terá o seu horario habitual de clases, senón que se dedicarán a presentación de profesorado, aulas virtuais, e a familiarizarse con tódalas normas derivadas da aplicación do plan para a prevención fronte á covid-19.

Actualización da versión da aula virtual

A aula virtual do noso centro está implementada coa versión 2.6.11 de Moodle. Nos próximos días actualizarase á versión 3.3.9, isto suporá que a aula virtual permanecerá fóra de servizo durante este proceso (estímase que un día) para que non se vexa afectado polo acceso dos usuarios. A páxina web permanecerá dispoñible. 

Este proceso non afecta ao contido actual da aula virtual. Mantéñense os usuarios, as categorías de cursos, os cursos, os contidos e actividades, a matriculación e traballo do alumnado, as cualificacións, etc, aínda así, antes de realizar esta actualización, farase unha copia de seguridade de todos os seus ficheiros.

Realizada a actualización, o aspecto externo da aula virtual póde verse afectado ata que non se implemente un dos temas da nova versión (os temas da versión 3.* son distintos dos da 2.*)

Preinscrición e matrícula na universidade para o curso 2020-21

Resumo do procedemento de preinscrición e matrícula na universidade en Galicia 2020

Ver o seguinte arquivo

 

A alumna Uxía Noya premio do X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

A alumna Uxía Noya, de 2º de Bacharelato, vén de conseguir o premio do X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos. O traballo, titulado "A FRONTEIRA ENTRE O PÚBLICO E O PRIVADO NA SOCIEDADE DA REDE", foi realizado dentro dos proxectos do alumnado de STEMBACH e titorizado polas profesoras do centro Ana María Alonso e Pilar Figueroa, baixo a dirección das profesoras da facultade de socioloxía da Universidade da Coruña Montserrat Golías e Elvira Santiago. Parabéns a todas!

Fondo solidario de libros de texto. Listaxe provisional

Con data de hoxe, 10 de xullo foron publicadas as listaxes provisionais de admitidos e excluídos no Fondo Solidario de Libros de Texto 2020/2021.

Estas listaxes poderán ser consultadas no taboleiro interior do centro ou por vía electrónica, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave365 ou certificado dixital.

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous días seguíntes á publicación da listaxe provisional.

Calendario e exames de setembro 2020

Calendario de setembro:

  • Martes 1 e mércores 2 de setembro: 
  • Venres 4:
    • 09:00 h. Publicación das cualificacións en Abalarmóbil. Entrega de cualificacións de ESO e Bacharelato. Para ESO, recollida de libros por parte dos titores e titoras na aula de vídeo.
    • Inicio do prazo de reclamacións ás cualificacións ata as 14:00 h do luns 7.
    • 09:30-13:30 h Revisión de exames. O profesorado estará dispoñible para aclarar dúbidas sobre as cualificacións e para o alumnado que solicite revisar exames.
  • Luns 7:
    • 14:00 h. Remate do prazo de presentación de reclamacións para ESO e  Bacharelato. 

Matrícula de setembro:

Aliméntate ben

O centro participa no proxecto Aliméntate ben. Trátase dunha iniciativa que quere fomentar hábitos saudables na comunidade escolar a través de dietas equilibradas e utilizando produtos de calidade que garantan unha alimentación e desenvolvemento axeitado.

Nas seguintes ligazóns pódense ver as actuacións que se levaron a cabo:

Admisión a ciclos formativos. Convocatoria 2020

Instrucións de admisión na FP en Galicia para o curso 2020/2021

Consulta aquí todas as normas e novidades sobre a admisión en FP en réxime ordinario e adultos, para o curso 2020/2021.

Programa Naturézate. Traballos

Publicadas as listas definitivas de admitidos e non admitidos

Están publicadas no taboleiro do centro as listas definitivas de alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso escolar 2020-2021.

Tamén se poden consultar  a través da aplicación:  https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ empregando a Chave365 ou certificado dixital.

Cualificacións avaliación ordinaria ESO e 1º de bacharelato

Infórmase ao alumnado e ás súas familias que as cualificacións da avaliación ordinaria de xuño sairán publicadas en abalarmóbil o vindeiro mércores 24 de xuño ás 12:00 h. Non se entregará de momento boletín en papel.
O alumnado que vaia continuar estudos no noso centro recollerá o boletín de notas e a avaliación de competencias cando veña formalizar a matrícula.
O alumnado que non vaia continuar estudos no noso centro pode pasar a recoller o boletín de notas, avaliación de competencias e consello orientador (en 4º de ESO) durante o mes de xullo.

Devolución dos libros de texto do fondo solidario

 Data e horario para a devolución dos libros de texto do fondo solidario:

CURSO

Libros de texto curso 2020-21

Xúntase relación de libros de texto para o vindeiro curso 2020-2021.

Listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido para o curso académico 2020/2021

Están publicadas, no taboleiro dentro do instituto, as listaxes do alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso académico 2020/2021.

Tamén se poden consultar  a través da aplicación:  https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ empregando a Chave365 ou certificado dixital,  a partir do luns día 8 de xuño

Prazo de reclamación contra as  listaxes provisionais : Do 8 ao 10 de xuño

NOTA: 

Non habendo vacantes en 1º e 2º de ESO, ningunha solicitude obtivo praza.

Nos demais niveis, habendo vacantes, tódalas solicitudes obtiveron praza.

Distribuir contido


by Dr. Radut