Obradoiro: Educación afectivo-sexual
O día 20 de novembro estivo no noso centro Noa Tilve (Quérote +) para impartir un obradoiro de "Educación afectivo-sexual" destinado ao alumnado de 3.º de ESO.
Con este obradoiro , búscase que a mocidade poida ter unha información fiable e que coñeza un recurso profesionalizado ao que poder recurrir se lle xurden dúbidas en relación a este tema.
Os obxectivos son :
- Reforzar as habilidades para aprender a distinguir o que gusta e o que non en relación coas demais persoas.
- Promover a vivencia da sexualidade do xeito máis pracenteiro, responsable e satisfactorio posible
- Reflexionar sobre as relación afectivas
- Promover o diálogo e a asertividade e empatía nas relación de parella
- Traballar os límites e a responsabilidade persoal.