Skip to Content

Letras Galegas: Actividades na rede (5º e 6º de primaria)

Actividades para 5º e 6º de primaria sobre Mª Victoria Moreno (Letras Galegas 2018)

 

 

 

MVM

"PALABRAS FERMOSAS EN GALEGO"

palabras galegas

 

Como ben sabedes, o 17 de maio celebramos a festividade das “Letras Galegas”. Este ano, a escritora homenaxeada é a cacereña María Victoria Moreno Márquez, importante docente e editora da nosa lingua.Entre outras propostas didácticas e dinamizadoras que se levarán a cabo, dende os Equipos docentes do centro, lanzamos a actividade “Palabras Fermosas en galego”.

A dinámica consiste en que cada neno escriba e decore na casa a palabra galega que máis lle guste.

O traballo presentarase en tamaño cuartilla (medio folio ou cartulina), poñendo pola parte de atrás do papel, “Por que me gusta esta palabra?

O prazo de entrega destes traballos remata o luns día 14.

Todas as obras serán expostas no patio cuberto do centro durante a semana da nosa efeméride a prol da lingua.

 

Animádevos a participar!!

 

==============================

 

Velaquí deixamos o vídeo resumo da actividade!

MIl grazas a toda a comunidade educativa por participar.

BUSCA DE LIBROS POR PORTADAS E PISTAS

Outra actividade na que participou un grupo de alumnado de infantil e tamén os grupos de 1º de primaria consistía en montar un puzzle que correspondía a portadas de contos que logo tiñan que buscar na biblioteca.

Pola súa parte, os grupos de 2º de primaria, tiñan que facer a búsqueda de libros pero neste caso seguindo pistas ( buscar o titulo dun libro, anotar o autor,...), intentando que coñecesen e descubrisen distintas lecturas, acercándose aos libros de xeito lúdico no espazp da biblioteca.

Algunhas imaxes descriptivas da actividade. Clica aquí

O resto de alumnado de primaria, 3º, 4º, 5º e 6º, tiveron a oportunidade de contar cun contacontos de excepción como Pepe Sendón, quen candilou ao alumnado e profesorado co seu xeito de narrar historias acompañado do son de fondo dunha guitarra.

PRESTAMO-AGASALLO DE LIBROS

E seguindo coas actividades arredor dos libros, propúxose que cada un trouxese un libro como agasallo para intercambiar con outro compañeir@ que tocase en sorte dentro das aulas, pero con propósito de ser devolto despois de ser lido.

Que ilusión, cal será o libro que me tocará!!! un bo xeito de coñecer distintas lecturas e de fomentar o valor de compartir 

CLICA AQUI para ver algún exemplo dos momentos de emoción co agasallo dos libros.

FOTOS SOBRE ACTITUDE LECTORA

Outra actividade que xiraba entorno aos libros e na que se implicou practicamente a maioría do alumnado consistía en aportar unha fotografía en actitude lectora,  acompañada dunha frase que indicase o que lles suxería ou xeneraba a lectura dun libro.

No seguinte enlace pósese ver unha pequena escolma das fotos aportadas. Clica aquí

ACTIVIDADE NO DIA DO LIBRO

Unha das actividades que se levou a cabo no día do libro, o 23 de abril, foi o APADRIÑAMENTO LECTOR no que participou todo o alumnado como padriño e madriña de lectura ou como afillad@. O alumnado de 5º de primaria apadriñou a nen@s de infantil mentres que os de 6º leron ao resto de alumn@s de primaria.

 

Para poder ver unha mostra do momento lector clica aqui

"ENREGUÉIFATE 2018"

Velaquí vos deixamos o vídeo presentado ao certame "Enreguéifate" este 2018. O alumnado de sexto de primaria traballou, como actividade proposta para o DÍA DA POESÍA a composición de regueifas co propósito de participar neste concurso a nivel galego.

 

"Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega.

Neste camiño, Enreguéifate súmase ao labor que xa veñen realizando diversas entidades públicas e privadas, así como moitas persoas do ámbito cultural e do ensino.

 

O obxectivo principal deste proxecto é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, nomeadamente no ámbito escolar. Por iso, inclúe accións formativas para alumnado e profesorado, un certame regueifeiro e un encontro anual de regueifa."

 

 

O 2 de maio, participamos na "Regueifesta"!!

 

 

 

Máis info sobre o proxecto aquí

LETRAS GALEGAS 2018 (Recursos)



INFORMACIÓN e ACTIVIDADES sobre a escritora

aquí  (Portal da lingua GALEGA)

aquí (Cultura de GALICIA)

aquí (Patrifulca) 

aquí (Espazo Abalar)

 

CANCIÓNS

  

ENTROIDO GALEGO 2018

SE AÍNDA NO VICHES NADA DO "ENTROIDO GALEGO" CELEBRADO NO COLE ESTE 2018, ESTÁS A TEMPO DE DESFRUTAR DA ESPECTACULAR REPORTAXE DA NOSA "ANPA RÍO TELLA". NON PODES PERDERTE ESTE TRABALLAZO GRÁFICO! AO QUE POR OUTRA PARTE, NOS TEÑEN XA ACOSTUMADOS.

PARABÉNS A ESE EQUIPAZO DE NAIS E PAIS! GRAZAS POLO VOSO TRABALLO! 

VISITA A WEB AQUÍ E DESFRUTA DESTE NOSO "ENTROIDO GALEGO"

https://anpariotella.wordpress.com  

 TEMOS MÁIS COUSIÑAS A PIQUES DE SAÍR DO FORNO!

ATENT@S Á VINDEIRAS PUBLICACIÓNS!

Día do libro

De cara a conmemorar o día do libro, o 23 de abril, plantexamos dende a biblioteca algunhas actividades:

- Apadriñamento lector: alumnado de 5º e 6º de primaria lerán o propio día, a un grupiño de compañeir@s de menor idade dende infantil ata 4º, tendo que pasar días antes pola biblioteca a elexir un libro que contarlles.

- Préstamo-agasallo: cada nen@ traerá da casa un libro envolto que prestará ao compañeir@ que lle toque en sorte ese día e, cando remate de lelo será devolto.

- Mural de fotos lectoras: trátase de aportar fotos onde se mostre unha actitude lectora, pode ser en calquer espazo ou forma, sos ou acompañados, adxuntando unha frase que indique que lle aporta un libro, que tipo de libros lles gusta ler,...

- Historias contadas: o alumnado de 2º e 3º ciclo contarán co compañía de Pepe Sendón, quen lles agasallará cunha actividade de narración de historias, se cadra con algunha sorpresa.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut