E chegou o entroido. Este curso o proxecto da biblioteca inundou todo o colexio. Así que preparamos bailes dos diferentes países que traballamos... Francia, Italia, Exipto, China. USA, Inglaterra... Nin que foramos seguindo a Phileas Fogg...
Buscamos información sobre os paises e cidades que seleccionaramos. Usamos libros da biblioteca, datos da internet, documentos que trouxeron os alumnos e alumnas da casa...
A volta das vacacións de Nadal topamonos cun agasallo moi especial... Na árbore de Nadal había un libro para cada aula. Un suxerente libro para comezar a viaxar...
O Equipo de Biblioteca na primeira reunión do curso, decide traballar o proxecto: "As viaxes". Esta actividade será o centro de interese do curso escolar 2016-2017 e implicará ao alumnado, profesorado de Infantil e Primaria.