Skip to Content

Segundo de Primaria

FOMOS A VER A REPRESENTACIÓN TEATRAL "A NENA E O GRILO"

O pasado 28 de novembro os catro cursos de 1º e 2º fomos a Santiago ó auditorio de Abanca a ver a obra de teatro "A nena e o grilo". Aproveitamos para visitar antes a Praza de Abastos e aínda que nos choveu un pouco, disfrutamos moito da saída e pasámolo moi ben coas aventuras de Lupus e Canis.Xa non temos medo a nada!!!  Premede na imaxe para ver todas as fotos.

COMO ERAMOS DE PEQUENIÑOS?

PURPLE DOORS IN THE 25 OF NOVEMBER

Celebramos ese día dicindo NON  á violencia de xénero e cantando a "Porta  Violeta" con todos os nosos compañeiros!

SAMAÍN-HALLOWEEN

INICIAMOS AS NOSAS CELEBRACIÓNS NESTE CURSO COA CONMEMORACIÓN DO SAMAÍN-HALLOWEEN. ADORNAMOS CABAZAS, CANTAMOS CANCIÓNS, DISFRAZÁMONOS E DESFRUTAMOS UN MONTÓN.

VELAÍ A MOSTRA.

PASEO MEDIOAMBIENTAL PARA REMATAR O CURSO

Rematamos 2º e quixemos despedirnos facendo unha ruta no entorno do noso cole..descubrimos que no noso monte hai un montón de tesouros que temos que  conservar e coidar. Con esa idea damos por finalizada esta etapa e preparámonos con ilusión para comezar 3º no vindeiro curso.

Toca disfrutar das vacacións!!! FELIZ VERÁN!!!

 

VISITA DE CONCHA BLANCO

A escritora Concha Blanco fíxonos unha visita para falarnos dos seus libros, en especial da "Bruxiña da sorte", relato que lemos o alumnado de 2º e que disfrutamos  moito, xuntamente coa súa autora.

Clika na palabra FOTOS e poderás ver os momentos da actividade celebrada na biblioteca do noso centro.

O 1° CICLO VISITA A PENÍNSULA DO BARBANZA

O venres, 1 de xuño, visitamos a zona do Barbanza: fomos ó Centro arqueolóxico e ó Castro de Neixón, ó mirador da Pedra da Ra, ó Castro da Cidá e ás dunas de Corrubedo. Pasámolo moi ben e aprendemos un montón de cousas novas.

VISITA DO ESCRITOR E ILUSTRADOR ABRAHAM CARREIRO

O escritor e ilustrador Abraham Carreiro, acudiu ás aulas de 2º para falarnos do seu libro "Estudios Tex" e darnos unhas cuantas técnicas de debuxo, adentrándonos así no mundo do cómic. 

Clika na palabra IMAXE para ver as fotos da actividade.

 

 

 

 

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

ELABORAMOS COLONIA

ESTA SEMANA ESTIVEMOS TRATANDO O TEMA DAS PLANTAS EN 2º. COÑECEMOS AS SÚAS PARTES, AS DISTINTAS CLASES, OS SEUS USOS...APROVEITAMOS PARA EXPERIMENTAR COMO SE PODÍA FACER COLONIA A PARTIR DA LAVANDA. VELAQUÍ TEDES O VIDEO DA ACTIVIDADE.

Distribuir contido


by Dr. Radut