Coa intención de facilitarlle ás familias a información referida á organización do centro e ás pautas orientativas sobre o protocolo COVID-19 enviaremos desde as titorías un correo electrónico a cada familia.
No mesmo se lles comunica cal é a titoría e cal é a quenda de comedor para cada nena/o.
Fáltanos algún detalle que estamos perfilando e dos que informaremos nestes días, antes do comezo das aulas.
Engadimos estes documentos que compre ler con atención e que deixamos nesta web para recorrer a eles sempre que sexa preciso:
-
Comezo das aulas_primeiro día.pdf (contén a información que xa tiñamos na páxina web sobre o primeiro día de aulas de cada nivel educativo)
-
Entradas saídas e outras info.pdf (información das normas para as familias de como acompañar ao alumnado non transportado ao centro)
-
Información sobre a prevención.Obrigas das familias.pdf (condicións do protocolo para as familias e orientacións sobre a prevención)
-
Autotest diario.pdf (información sobre as probas e observacións que diariamente teñen que realizar aos seus fillos ou fillas)
-
Declaración_responsable.pdf (documento que teñen que cubrir e asinar responsabilizándose da realización do autotest que propoñen as autoridades sanitarias e educativas)