Skip to Content

ENFOQUE XERAL; Proxecto Didáctico Antonio Fraguas & Escola Verde (Proxecta+)

     Logo TIC´s     Logo Proxecta+    Logo Extraescolares    Antonio Fraguas

 

Dende o CEIP Plurilingüe da Ramallosa, non podemos ver outro modo de afrontar estos ambiciosos proxectos de Innovación Educativa, que dende un enfoque globalizado. A través do cal, todo o traballo para os proxectos presentados, bebe das aportacións de todos os equipos docentes do centro. E as propostas de actividades misturan obxectivos das dúas temáticas eixe que estamos a traballar.

Tralo recoñecemento tan importante, co premio ao "Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas", (a finais do curso pasado), seguimos traballando a fondo en todas as súas ramificacións (como bos ramalloseiros), pois nel converxen moitísimos sub-proxectos e propostas educativas do centro. De aí o seu nome; "EcoParloteoFROITOS daTERRA".

Por suposto, todo o material e propostas fomentan o achegamento e amor ao alumnado cara a nosa lingua, cultura e patrimonio galego, o que xa supón unha aportación implícita para o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), impulsor do mesmo. Pero pasa o mesmo cos proxectos Escola Verde;“EcoTeo: Ramalloseir@s coa natureza”, "Ramallosa musical", ... A nosa maneira de enfocar a meirande parte das actividades, é facelo dunha maneira cooperativa e con aprendizaxes significativos e globalizados. Que integran ao fin, obxectivos conxuntos FROITOS daTERRA e que tamén forman parte da Axenda 2030. 

Para nós non tería sentido como centro, estarmos a incentivar xa dende hai moitos anos o hoxe tan aludido "community working" e despois realizar actuacións "ailladas" cando propoñemos aos discentes aprendizaxes globalizadas e significativas, nas que sexan quen de relacionar éstas co que teñen ao seu arredor. Así, a nosa música e cultura, a nosa lingua, o noso medio ambiente, o noso planeta... Son todos ao fin, obxectivos vencellados para acadarmos un ben común para todos e todas!!

 

Banner Escola verdeParloteo

ecoparloteo 

 

PREME EN CADA ICONA PARA VER OS DIFERENTES CONTIDOS:

 

 LOGO VOLCÁN             LOGO HORTA             ODS Cole

Logo Patio              LOGO CONTOS              toponimia logo

Logo recollida              Logo composicións 2           Logo dobraxe     

logo patrimonio inmaterial           logo plantando           Icono logo edlg

 Brigadas de limpeza          Logo radio          Música Tradicional

 

  LOGO PATRIMONIO CULTURAL GALEGO           logo xogos tradicionais          Logo entroido



page | by Dr. Radut