Skip to Content

Blogue de Mónica

ACTO DE GRADUACIÓN DE 6º DE INFANTIL

O ALUMNADO DE 6º DE INFANTIL, FESTEXOU O SEU ACTO DE GRADUACIÓN, PARA PECHAR UN CICLO QUE REMATA PARA ELES/ELAS.

FIXEMOS ESTE ACTO GRAZAS Á COLABORACIÓN E TRABALLO DA ANPA, QUE FORON QUENES MAIORMENTE LEVARON O PESO DA ORGANIZACIÓN DO MESMO, E POLO QUE APROVEITO PARA VOLVER A DARLLES AS GRAZAS.

FORON MOMENTOS EMOTIVOS, NERVIOS, EMOCIÓNS, RISAS, LÁGRIMAS, APERTAS, DESPEDIDAS,  GRAZAS; UNHA MISTURA DE LEDICIA E TRISTURA,... DA GUSTO VER COMO OS TEUS ALUMN@S VAN MEDRANDO E PROGRESANDO, ACADANDO LOGROS, SUPERANDO RETOS,.. PERO TAMÉN UN POUCO DE PENA POR VELOS MARCHAR DESPOIS DE TEMPO XUNT@S

 MOITA SORTE NA NOVA ETAPA DE PRIMARIA,

UN ABRAZO DE GRUPO, QUE MOITOS NOS DEMOS!!!!

 

   E TAMÉN GRAZAS AO PROFE ÓSCAR PORQUE GRAVOU CON ELES UN FERMOSO VIDEO CLIP PARA A CANCIÓN DE ECOROCK, QUE VISUALIZAMOS TODOS XUNTOS AO REMATE DO ACTO, COMO BROCHE SORPRESA!!!

CONVIVENCIA CON FUTUROS COMPAÑEIR@S

O MÉRCORES 12,TIVEMOS A VISTA DOS NENOS E NENAS QUE VEÑEN DAS UNITARIAS PARA CURSAR PRIMARIA NO NOSO CENTRO. FOI UN DÍA DE ILUSIÓN POR COÑECER A NEN@S QUE SERÁN COMPAÑERI@S O VINDEIRO CURSO, AÍNDA QUE TAMÉN HOUBO ENCONTROS DE CARAS COÑECIDAS ENTRE ALGÚNS DELES, POR PARTICIPAR XUNT@S NOUTRAS ACTIVIDADES FÓRA DO CENTRO.

  

 

DURANTE UNHAS HORAS CONVIVIMOS, XOGAMOS, CREAMOS, MERENDAMOS XUNT@S E ATA TIVEMOS UN POUCO DE TEMPO ANTES DA DESPEDIDA PARA CONTAR UN FERMOSO CONTO, "EL LAZO INVISIBLE", ed. ASTRONAVE. FIXEMOS O NOSO LAZO PARTICULAR, FORMANDO UN ENTRAMADO QUE BEN PODIA SIMBOLIZAR AS FUTURAS RELACIÓNS QUE OXALÁ SE CREEN ENTRE ELES/ELAS, UN LAZO VISIBLE, ONDE TOD@S ESTABAMOS CONECTAD@S; "O LAZO DA AMIZADE"

 

 

XOGO COS BLOQUES LÓXICOS

NESTA ACTIVIDADE, DE OBSERVACIÓN E RAZOAMENTO, BUSCAMOS AS FIGURAS QUE CUMPLAN OS ATRIBUTOS QUE NOS INDICAN AS TARXETAS QUE ESCOLLEMOS AO AZAR. ADEMAIS DEBEMOS DICIR COMO SE CHAMA A FIGURA E CANTOS LADOS E VÉRTICES TEN.

NATUREZA NA PEL

ESTA PROPOSTA XURDIU DUNHA ESCOLMA FEITA DE PALABRAS RELACIONADAS COA NATUREZA RECOLLIDAS DAS POESÍAS ELABORADAS NAS AULAS COMO UNHA ACTIVIDADE PARA CONMEMORAR O DÍA DA POESÍA NO CENTRO.

CUN PROXECTOR, UNHA SERIE DE TERMOS QUE IDENTIFICAN ELEMENTOS DA NATUREZA E UNHA CÁMARA PUIDOSE FACER BONITAS FOTOS COMO AS DESTE VIDEO.

 

 

DEBUXAMOS O ABETO VERMELLO

HOXE, 5 DE XUÑO, APROVEITANDO QUE ERA O DÍA DO MEDIO AMBIENTE, SAÍMOS AO PATIO PARA OBSERVAR IN SITU A NOSA ÁRBORE ELIXIDA. TRÁTASE DO ABETO VERMELLO, QUE LEVA COMO NOME CIENTÍFICO "PICEA ABIS"

 

 

ANTERIOR-POSTERIOR

NESTA OCASIÓN, ESTIVEMOS TRABALLANDO SOBE O CUADRANTE DO 100, O NÚMERO ANTERIOR E POSTERIOR A UN NÚMERO DADO QUE SE ESCOLLÍA AO AZAR

ANÁLISE DO TEMPO DO MES DE MAIO

UN MES MÁIS QUE REMATA E, CAL FOI O TEMPO PREDOMINANTE NO MES DE MAIO?

 POIS O SOLEADO "PORQUE TIENR MAS", SEGUNDO PALABRAS DUN NENO.

UNHA PROPOSTA MATEMÁTICA QUE SERVE PARA CONTAR, PARA EXTRAER DATOS DUNHA TÁBOA, PARA RAZONAR,... A PARTIR DO REXISTRO DO TEMPO COMO RUTINA DIARIA.

 

EXCURSIÓN A CORTEGADA

XA CHEGOU O DÍA DESEXADO, HOXE FIXEMOS A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO Á ILLA DE CORTEGADA.

E PODEMOS BAÑARNOS?, A BARCA VAI IR MOI RÁPIDO?,... SON ALGUNHAS DAS PREGUNTAS QUE XA PUIDERON RESOLVER.

FOI UN DÍA ESTUPENDO: FOMOS EN BUS, SUBIMOS EN ZODIAC E7OU EN LANCHA MOTORA, FIXEMOS SENDERISMO COÑECENDO ESPECIES  VEXETAIS DA ILLA, VIMOS UNHA ÁRBORE MÁIXCA CHAMADA COMEPEDRAS, COMEMOS DE PICNIC, BAÑÁMONOS E/OU XOGAMOS NA AREA, PASAMOS O DÍA DE CONVIVENCIA CON OUTR@S COMPAÑEIR@S, FIXO BO DÍA; QUE MÁIS SE PODE PEDIR.

 

SERAFÍN MARCOS-- QUEN TEN UN MESTRE ETNÓGRAFO?

DENTRO DAS ACTIVIDADES RELACIONADAS COAS LETRAS GALEGAS, TIVEMOS A VISITA DO ARTISTA NOIÉS SERAFÍN MARCOS, QUE MEDIANTE A DRAMATIZACIÓN NOS ACHEGOU Á VIDA E OBRA DO HOMENAXEADO DESTE ANO, ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS, BAIXO O TÍTULO "QUEN TEN UN MESTRE ETNÓGRAFO?"

SERAFÍN FIXO DÚAS SESIÓNS, UNHA CO ALUMNADO DE INFANTIL E OUTRA CO 1º CICLO DE PRIMARIA, PARA ADAPTAR A SÚA INTERVENCIÓN ÁS IDADES D@S NEN@S.

A FUNCIÓN FOI UN AMENA E PEDAGÓXICA, E DUN XEITO SINXELO E LÚDICO PERO FORMATIVO, ACHEGOU AOS NEN@S Á VIDA DO AUTOR; ONDE NACEU, COMO FORON OS SEUS PRIMEIROS ANOS DE VIDA, ONDE ESTUDIOU, A QUE SE ADICOU, ACONTECEMENTOS QUE INFLUIRON NA SÚA VIDA, O APRECIO QUE TIVO POLO PATRIMONIO E AS TRADICIÓNS GALEGAS E POLO IDIOMA GALEGO,....

 

ESTIMACIÓNS

NESTA ACTIVIDADE MATEMÁTICA TRATABASE DE ESTIMAR CANTA CANTIDADE DE TAPAS QUEDABAN NOS BOTES DE DISTINTOS TAMAÑOS. PRIMEIRAMENTE METÍAMOS E IAMOS CONTANDO TAPAS ATA ENCHER CADA BOTE PARA QUE TOD@S VISEN CANTOS COLLÍAN, LOGO SACÁBANSE UNS POUCO E ELES TIÑAN QUE ESTIMAR CANTOS PODERÍAN QUEDAR NO BOTE, TENDO COMO REFERENCIA A CANTIDADE TOTAL QUE PODÍA COLLER.

1º- PRESENTAMOS BOTE CHEO DE TAPÓNS AZUIS                

 

PRESENTAMOS O BOTE AO QUE SE LLE QUITARON TAPÓNS. ESTIMAR CANTOS TAPÓNS QUEDARÍAN NO BOTE?

      

 

2º- OUTRO BOTE CHEO DE TAPÓNS AZUIS     

    CANTOS TAPÓNS QUEDARÍAN?

       

3º- UN BOTE CHEO DE TAPAS VERMELLAS  

 

   CANTAS TAPAS QUEDAN NO BOTE?

     

REXISTRAN A CANTIDADE ESTIMADA, É DICIR,A CANTIDADE DE TAPÓNS QUE CREN QUE QUEDAN E DESPOIS CONTAMOS E COMPROBAMOS A CANTIDADE REAL. FIXEMOS ESTA SECUENCIA EN 3 VECES, CON DISTINTO BOTE. TAMÉN OBSERVAMOS NA SERIE NUMÉRICA QUEN FOI O QUE ACERTOU OU MÁIS SE APROXIMOU EN CADA CASO.

Distribuir contido


by Dr. Radut