De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022 (DOG do 30 de setembro), realizarase proximamente no noso Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.
O calendario de renovación, establece unha serie de actuacións indicadas nesta Circular1. As que se deselvolverán nas próximas datas son:
- 28 de outubro - Publicación no taboleiro de anuncios do Centro do documento no que se indica a data e hora no que se procederá ao sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral. (Artigo 30 do Decreto 92/1988 segundo redacción dada polo Decreto 324/1994; DOG do 9 de agosto)
- 2 de novembro - Sorteo público, ás 12:00 horas, para a designación dos membros da Xunta Electoral (Titulares e Suplentes). Envío das citacións para a constitución da Xunta Electoral.
- 3 de novembro - Resultado do sorteo. Clicade AQUÍ para ver os membros designados para formar marte da Xunta Electoral.
- 8 de novembro - 1ª reunión da Xunta Electoral ás 13:30 na Dirección do CEIP Plurlingüe da Ramallosa.
- Do 10 ao 18 de novembro - Presentación das candidaturas. MODELO
- 15 de novembro - CIRCULAR INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS.
- 18 de novembro - Remata o prazo para presentar candidaturas.
- 22 de novembro - 2ª reunión da Xunta Electoral na que se proclamaron os/as CANDIDATOS/AS dos pais/nais, aprobáronse as papeletas para as votacións e sorteáronse os integrantes (titulares e suplentes) que conformarán a Mesa electoral (avisados por mail)
- Listaxe de candidatos/as:
- Bolaño Pampín, Paula.
- Boquete Vidal, Felipe.
- Cacharrón Sánchez, Carlos
- Castro Costa, Mª Belén
- Gómez Becerra, Amaya
- Iglesias Rodríguez, Mª Carmen
- 22 de novembro - CIRCULAR INFORMATIVA
- Do 18 ao 25 de novembro - Campaña electoral
- 29 de novembro - Votación na Sala de mestres do cole de 17:00h ás 20:00h.
- Resultados das votacións. As candidaturas que saíron elexidas foron:
- Amaya Gómez Becerra con 32 votos
- Paula Bolaño Pampín con 7 votos
SUPLENTES:
- Felipe Boquete Vidal con 6 votos
- Mª Belén Castro Costa con 5 votos
- Carlos Cacharrón Sánchez con 5 votos
- Mª Carmen Iglesias Rodríguez con 2 votos
Podedes consulta a ACTA da votación.
Queremos dar as gracias aos candidatos/as por presentarse ás votacións e a todos/as os/as que vos achegáchedes ata o centro a votar ese día.
Equipo Directivo