Skip to Content

EcoTeo

"PercObxects Performance; REUTILIZANDO"

Performance creada con "instrumentos de percusión" pensados con obxectos cotiás, destinados ao ir directos ao refugallo. Esta actividade foi levada a cabo polo alumnado de 6º de Ed. Primaria como colofón ao traballo do noso proxecto deste ano; "EcoTeo". Tendo en conta as tres regras básicas para a xestión de residuos; REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR (neste caso, especialmente a segunda delas).

A estrea da proposta escénica fíxose no Acto de Gradación de fin de curso do alumnado de 6º de Ed. Primaria, onde as familias e o alumnado de 5º curso puideron desfrutar da actuación. Velaquí vos deixamos a grabación do resultado final!

 

 
Vídeo non reproducible en certos terminais móbiles e tablets. Problemas coa carga en sistemas IOS (Apple)

VIDEOCLIP OFICIAL "EcoRocK"

Velaquí vos deixamos o videclip da canción oficial do noso Proxecto deste ano, "EcoTeo". Foi un traballo de fin de ciclo levado

a cabo co alumnado de 6º de Ed. Infantil. Sempre coa axuda inestimable das profes titoras! Neste caso, Mónica e Laura

Mil grazas a todas as familias, alumnado e mestres compañeir@s participantes no Proxecto durante este curso escolar 2018_19.

Lembremos sempre que vivimos grazas aos agasallos deste noso planeta!

É a nosa "obriga vital" respectalo e darlle aloumiños día a día entre tod@s.

Sexamos responsables!

Agradecementos tamén á "A CASA DO ROCK", centro oficial da "RockSchool MUSIC" en Santiago de Compostela.

Por cedernos a base instrumental sobre a que fixemos os pertinentes arranxos musicáis e a letra da canción, para crear o

temazo do Proxecto deste ano. Unha actividade realizada na da Área de Ed. Musical.

 

(Video non reproducible en determinados teléfonos móbiles ou tablets. Ver en ordenador)

ECOCONSELLOS

ESTE CURSO ACADÉMICO ESTÁ CHEGANDO AO SEU FIN, E O PROXECTO ANUAL NO QUE ANDIVEMOS TRABALLANDO TAMÉN TEN O SEU PRODUTO FINAL. DESPOIS DE FALAR DE RECICLAXE, DE CONTAMINACIÓN, DO EFECTO INVERNADOIRO, DOS VERTEDOIROS, DOS INCENDIOS,... QUIXEMOS FACER UN VIDEO CO APRENDIDO AO RESPECTO E CUNS CONSELLOS, QUE SE PODEN POÑER EN PRÁCTICA PARA AXUDAR A COIDAR O NOSO ENTORNO,  O NOSO PLANETA, ENTRE TOD@S. 

 

TAMÉN SE ELABOROU UN DÍPTICO CON CONSELLOS PARA AXUDAR A REDUCIR A CONTAMINACIÓN MEDIOAMBIENTAL QUE ESTÁ ACABANDO CO PLANETA TERRA; OS "ECOCONSELLOS"

 

COIDEMOS O PLANETA, É RESPONSABILIDADE DE TOD@S!!!

¡VIVAN OS MAIOS!!!!

Hoxe retomamos no noso colexio unha antiga tradición cultural; a conmemoración da festa dos MAIOS.

Ao longo deste curso, dentro da temática do proxecto de centro, lévase traballando en relación á importancia de coidar e respectar o noso entorno natural e hoxe, quixemos ensalzar a súa importancia elaborando un maio, coa colaboración de toda a comunidade educativa. Como ancestralmente se facía, esta festa servía para dar a benvida á primavera e á época da sembra, así como loar a riqueza que nos aporta a natureza coa súa vexetación.

Elaborouse un maio en forma piramidal entre tod@s ao longo da mañá e logo, colocados arredor del, recitouse o poema de Curros Enríquez, " Ahí ven o maio" que logo escoitamos musicalizado por Luis Emilio Batallán.

 

Vídeo resumo da actividade

POESÍA NAS ÁRBORES

DEBIDO ÁS BOAS CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS, OUTRA ACTIVIDADE QUE SE ÍA LEVAR A CABO O DÍA DO LIBRO, PARA CONMEMORAR CONXUNTAMENTE POESÍA, ÁRBORES E LIBROS, FOI REALIZADA HOXE. 

CADA TITORÍA ESCOLLEU UNHA ÁRBORE DO PATIO ACERCA DA QUE SE REALIZARÁN DIFERENTES ACTUACIÓNS, NESTA OCASIÓN TRATABASE DE PARA PENDURAR DELA, AS DIVERSAS POESÍAS QUE SE CREARON CON TEMÁTICA SOBRE NATUREZA, QUE LEVABA POR TÍTULO "VERSOS VEXETAIS".

O TEMA DOS POEMAS FOI ESCOLLIDO POR ESTAR RELACIONADO CO PROXECTO DE CENTRO DESTE CURSO; A RECILAXE E O COIDADO DO ENTORNO ("ECOTEO").

 

"POESÍA POR UN TUBO"

DENDE A BIBLIOTECA DO CENTRO SE PROPUXO UNHA ACTIVIDADE RELACIONADA COA POESÍA, CO NOME DE "POESÍA POR UN TUBO". COMO O SEU NOME INDICA, TRATABASE DE RECOLLER NUN TUBO, POEMAS NA SÚA DIVERSIDADE DE FORMATO E TEMÁTICA, COMO EXCUSA PARA LER E TRABALLAR ESTE TIPO DE TEXTO.

NA NOSA AULA, 6º B DE INFANTIL, LEMOS DOUS LIBROS QUE NOS ENCANTARON; RIMAS E MENTIRAS.

 

POSTERIORMENTE, CADA UN/UNHA ESCOLLEU UN POEMA QUE ILUSTROU PARA COLOCAR NO TUBO.                               ¡¡¡¡CHULÍSIMOS!!!!

ESTE TUBO INTERCAMBIARASE ENTRE AS AULAS DO CICLO, PARA DESFRUTAR DO TRABALLO D@S COMPAÑEIR@S.

 

 

CLASIFICAR RESIDUOS

NESTA OCASIÓN, ESTIVEMOS A CLASIFICAR IMAXES DE DIFERENTES RESIDUOS NO COLECTOR CORRESPONDENTE MEDIANTE UN XOGO DE RECICLAXE. DISPUXEMOS AS IMAXES VOLTEADAS E POR TURNOS ÍAN COLLENDO UNHA IMAXE, DICÍAN DE QUE SE TRATABA, DE QUE MATERIAL ESTABA COMPOSTO E A COLOCABAN NO COLECTOR QUE CONSIDERABAN.

     

21 DE MARZO- DÍA DA ÁRBORE DE DA POESÍA

COÍNCIDINDO CO DÍA DA POESÍA E DA ÁRBORE, APROVEITAMOS PARA TRANSPLANTAR UN SALGUEIRO, QUE NOS AGASALLARA ANXO MOURE NA SÚA VISITA ANTERIOR, CO ALUMNADO DE INFANTIL XA QUE SE PUXO NO SEU PATIO DE XOGO. E PARA QUE MEDRE FORTE E BONITO, RECITÁMOSLLE UNHA FERMOSA POESÍA DE XOSÉ NEIRA, COMBINANDO AMBAS CONMEMORACIÓNS.

É IMPORTANTE FOMENTAR NOS PEQUENOS E PEQUENAS O COIDADO E RESPETO POLO SEU ENTORNO, O COÑECEMENTO DAS ESPECIES ANIMAIS E VEXETAIS DA SÚA ZONA E INTRODUCIR NA SÚA VIDA COTIÁ HÁBITOS DE DE COIDADO E LIMPEZA DOS ESPAZOS NOS QUE SE MOVEN.

LONGA VIDA AO SALGUEIRO VENDO XOGAR AOS NENOS E NENAS AO SEU REDOR!!!!!!

  

   

DESENTERRAMOS RESTOS DE LIXO

EN XEITO DE EXPERIMENTO, ENTERRARAMOS O 25 DE XANEIRO, FAI UN MES E 15 DÍAS, DIFERENTES RESTOS DE LIXO PARA PODER OBSERVAR QUE PASABA EN CADA CASO PASADO UN TEMPO; CALES ERAN BIODEGRADABLES E CALES NON.

DESPOIS DE DESENTERRAR OS DISTINTOS RESTOS PUIDERON COMPROBAR QUE O PLÁSTICO, A LATA E O BOTE DE VIDRO ESTABAN IGUAL, NON SUFRIRAN NINGÚN CAMBIO, MENTRAS QUE DA MONDA DO PLÁTANO XA NON HABÍA RASTRO, O ROLO DE PAPEL ESTABA HÚMIDO, ROMPÍASE E DESFACÍASE E O TALO DO BRÓCOLI ESTABA COMEZANDO A DEGRADARSE. 

DESTE XEITO SIMBÓLICO, DERONSE CONTA CALES RESTOS NON SE DEBEN TIRAR AO CHAN PORQUE NON SE DEGRADAN E ADEMAIS CONTAMINAN.

 

  

 

     

COLLEITA DE REPOLOS

ALÓ QUEDOU O 1º TRIMESTRE CANDO FIXEMOS A PLANTACIÓN DE REPOLOS CON INTENCIÓN DE VELOS MEDRAR, DE FOMENTAR O RESPETO E COIDADO DAS PLANTAS, DE COÑECER COMO SE PLANTA, AS SÚAS PARTES, ARRANCÁMOSLLE AS MALAS HERBAS,... TOCOU AGORA RECOLLER OS FROITOS, AS CONDICIÓNS DA TERRA E DO LUGAR NON AXUDARON MOITO AO CRECEMENTO DESTA HORTALIZA, MÁIS O ALUMNADO SEGUIU O PROCESO. ADEMÁIS ATOPAMOS UN GRAN VERME QUE ANDABA A COMER AS FOLLAS DAS VERDURAS, VIRON COMO AS RAÍCES ESTABAN BEN SUXEITAS Á TERRA PORQUE ESTABAN DURAS DE ARRANCAR, ANDIVERON A TOCAR E MANIPULAR A TERRA FRESCA,...

APROVEITAMOS PARA LEVARLLE A PRODUCIÓN Á COCIÑEIRA ELENA PORQUE FARÁ CON ELA UN CREMA XUNTO COAS OUTRAS VERDURAS DAS OUTRAS AULAS.

GRAZAS ELENA SEGURO QUE ESA CREMA A COMERÁN CON GRAN ILUSIÓN!!!!

 

     

Distribuir contido


by Dr. Radut