Skip to Content

Aulas Ilustres

Aulas Ilustres

A idea deste Proxecto xurde, duna iniciativa anterior!

Despois de identificar as aulas do centro fai cinco cursos, dándolle o nome de destacadas personalidades galegas, quixemos seguir traballando no coñecemento da vida e obras dos persoeiros escollidos.

 

As persoas e ámbitos elixidos para este proxecto son os seguintes: 

 

EDIFICIO PRINCIPAL

- Planta baixa -

ARTISTAS E PINTORES/AS: Fernando Álvarez de Sotomayor, Menchu Lamas, Francisco Leiro, Mª Antonia Dans, Eugenio Granell, Urbano Lugrís, Maruxa Mallo. 

 

- Primeiro andar -

ESCRITORES E ESCRITORAS: Fina Casalderrey, Xabier P. Docampo, Xosé Neira Vilas, Marilar Aleixandre, Gloria Sánchez

 

- Segundo andar-

CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS: Luís Iglesias, Jorge Mira, Ramón Verea, Ramón Mª Aller, Angeles Alvariño, Domingo Fontán. 

 

EDIFICIO ANEXO

Planta baixa: COMPOSITORES E MÚSICOS. Avelino Cachafeiro, Susana Seivane, Pascual Veiga, Ricardo Portela.

Segundo andar: PERSOEIRO LOCAL: Neste andar, atópase o salón de actos do centro, que recibe o nome de Avelino Pousa Antelo, “Lucho do peto”. Veciño de Teo, Mestre, agrarista, político, escritor galego e presidente da Fundación Castelao no momento de morrer. 

 

CALENDARIO SOLIDARIO 2020

Como todos os anos, xa está na rúa o noso calendario solidario. Actividade promovida polo CEIP da Ramallosa a través do Equipo de Dinamización da Lingua Galega en coordinación cos diferentes Equipos de traballo do Centro. Este ano baixo a temática dun dos Proxectos Anuais do Centro; "AULAS ILUSTRES"

Como sabedes, a metade da recadación das vendas vai destinada íntegramente ao Banco de Alimentos do noso Concello e a outra metade do custe é exclusivamente para os gastos de impresión e encadernado dos calendarios contratado a unha empresa externa.

Todo o traballo gráfico de deseño, edición e maquetación faise de maneira altruísta a través do EDLG do Centro.

Igual que o ano pasado, o custe de cada exemplar é de 7€

Se ainda non tés o teu exemplar, estades a tempo de adquirilo e aportar o voso gran de area a este proxecto solidario, pois estamos a piques de rematar os exemplares impresos este 2020. Podes botarlle un ollo aquí. Mil grazas pola vosa colaboración un ano máis!!  

 

Distribuir contido


by Dr. Radut