Skip to Content

Obradoiro de arte. E.I.

EXPOSICIÓN OBRADOIRO 19

E XA VAN 11 ANOS!

Sentímonos ben orgullosas e orgullosoa de amosar na Casa Común de Cacheiras, o noso intenso traballo ao longo de todo o curso. Comezamos intervindo no espazo público do colexio, en concreto nunha parte do muro do patio exterior e nas escaleiras que van ao Salón de actos. A continuación, comezamos unha intensa viaxe ao redor do retrato. Mirade a nosa produción premendo na fotografía.

RETRATEO

RETRATEO

As distintas actividades do Proxecto de RETRATEO, van situadas en orde cronolóxica, polo que para ver as últimas, tedes que seguir avanzando. 

Comezamos novo proxecto!

Logo das veces que nos temos retratado e que elaboramos creacións da nosa xente e do que nos gusta, decidímonos achegar ao retrato. Por suposto, o primeiro contacto ten que ser como somos nós e como nos vemos, así comezamos as primeiras actividades creando autorretratos.  Coma sempre, para iniciar o proceso, documentámonos e vimos un mundo de exemplos para comezar a nosa andaia. Un dos primeiros autores que estudamos foi a Andy Warhol e os seus coñecidos retratos a cor, en concreto os de Marilyn Monrooe. Intentando aproximarnos ao seu estilo e collendo os nosos propios en branco e negro, comezamos a colorealos e transformalos con témpera.

 Mirade que ben quedaron, ou iso nos parece a nós! Clicade na foto ou aquí.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

MIRADAS DE COR

A continuación, e logo de transformar a nosa cara, quixemos facelo tamén coa nosa mirada. Os nosos ollos son os que nos permiten apreciar a arte e ter referencias para crear posteriormente. Esta é a primeira parte da actividade. Se queredes ver como van quedar presentados, tedes que agardar un pouquiño máis adiante. Clicade aquí ou na foto para vernos máis de perto.

 

 

 

 AUTORRETRATOS EN CADEA

Co gallo da celebración o 20 de novembro do Dia Internacional dos dereitos das criaturas, nas titorías as nenas e os nenos realizaron un autorretrato coa intención de unir os nosos intereses pola causa. 

Premede aquí ou na fotografía para ver como quedaron de fermosos pendurados no corredor de Infantil. 

 

 

AUTORRETRATOS CON CERAS ACUARELABLES

E seguimos debuxándonos a nós mesmos. Desta volta cun novo material e cun novo soporte utilizando as ceras acuarelables que tanto nos gustan. De cada vez, reflexionamos e observamos distintos retratos que temos permanentemente expostos para inspirarnos nos nosos propios. A meirande parte, ademais de autorretratos de autores e autoras ben coñecidos para nós, pertenecen á colección permanente do museo Thyssen Bornemisza de Madrid. Mirádenos cliclando aquí ou na foto.

 

 

 

 

 

 

 

 

RETRATOS EN PASTA BLANCA.

Seguimos producindo emocionadas e emocionados, desta vez utilizando outro material como a pasta moldeable e saltando a outra dimensión volumética, deixando a nosa pegada de como nos vemos. Sempre é unha emoción traballar con este tipo de material e os resultados non poden ser máis chamativos. Mirade aquí ou na foto e comprobaredes os nosos brancos rostros.

 

 NA MESA DE AREA, DE LUZ E NAS CONSTRUCIÓNS, FÁGOME TAL COMO SON.

Hai moitas formas de crear fuxindo de soportes e materiais máis comúns. Ademais esta actividade nos achega a outro concepto da arte, aquela da que podemos gozar no momento de realizala. Pero para compartir esa sesación da nosa creación efímera, deixámovos unhas fotos ilustrativas. De verdade que a experiencia e os resultados son do máis fermoso, aínda que estea mal que o digamos.

Encantóunos a experiencia! Premede   nas entradas que aparecen a continuación por aulas.

 AULA DE TRES ANOS.                                   AULA DE 5 ANOS A.

AULA DE 4 ANOS A.                                      AULA DE 5 ANOS B.

AULA DE 4 ANOS B.

 

RETRATÉOME CON PINTURA DE DEDOS

Continuamos co noso proxecto e pintamos o noso retrato utilizando as nosas mans como útil de pintura. Veredes canta expresión e canto sentimento se agocha detrás destas obras, intentando achegarnos ao expresionismo. Clicade aquí ou na foto para ver máis produción.

 

COMO ERA DE AGARDAR, UN SELFIE NON PODÍA FALTAR.

A utilización da fotografía no retrato non é nada novo pois  existen exemplos de autorretratos fotográficos de hai tempo, se ben hoxe en día, é unha actividade do máis común pola utilización dos móbiles como cámaras e a facilidade para realizar fotos propias. O selfie introdúcenos nunha práctica cultural contemporánea que nos permite estar presentes na realidade icónica que nos rodea.  

Nin que dicir ten que lles encantou a proposta de se retratar  nun escenario de fondo significativo para elas e eles! Pao de selfie en man, deixamos a nosa pegada.

Aquí quedan os nosos selfies, organizados por aulas.

AULA DE TRES ANOS.                                                                               AULA DE 5 ANOS A.

AULA DE 4 ANOS A.                                                                                    AULA DE 5 ANOS B.

AULA DE CATRO ANOS B.

 

 MIRADAS QUE EXPRESAN

Lembrades a actividade dos nosos ollos intervidos con cor ao estilo Andy Warhol?

Xa temos o resultado final, con unhas miradas que refliten os nosos sentimentos, porque os ollos son o espello da alma.

Mirade na foto ou aquí para ver o proceso e o resultado final.

 

COLLAGES PERSOAIS

Desta volta, quixémonos vestir de arte coas nosas mellores galas para realizar uns recortables de nós mesmos e nós mesmas. Buscamos en revistas, cortamos, pegamos, facendo un grande exercicio de composición e deseño. Comprobádeo aquí ou na fotografía.

AUTORRETRATO CON TÉMPERA NOS CABALETES

Outra forma de nos mirar. Desta volta, a técnica elixida foi o de pintura  en témpera en vertical, intentando controlar o goteo. Así de fermosos quedaron. Clicade aquí ou na fotografía para observar como nos vemos a nós mesmos. 

 

COAS CARAS ENCAIXADAS!

Tan sorprendidas e sorprendimos estamos con toda a nosa evolución no retrato e autorretrato que quedamos con cara de caixa. Mirade que variedade de expresións, premendo aquí ou na fotografía.

ISTO TAMÉN FORMA PARTE DE NÓS!

Outra forma de nos retratar e de vos amosar como somos, que nos gusta e que sentimos é mostrándovos aquelo que é importante nos nosos momentos de xogo e de lecer. Dávosmos a nosa man para que vexades a variedade de cousiñas e xoguetes que nos entreteñen. 

Mirade aquí ou na imaxe. 

 

CAMISETEO

Para rematar, non podía faltar un produto final, que nos lembrase a toda a viaxe feita ao redor do retrato ao longo de todo o curso. Parabéns pequenos grandes artistas por sacares o mellor de vós!Premede  na foto para velo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ENTREGA DE PREMIOS GRANELL18

ENTREGA DO PREMIO DO PÚBLICO.

Logo da exposición de todas as obras no Museo durante o nadal e das votacións emitidas polo público visitante, o premio recaeu en Maya Méndez Rivera de 4 anos. Parabéns artista! Premede na foto ou aquí para ver o acto de entrega do seu premio.

 

 

 

 

 

 

 

ACTO DE ENTREGA DO CERTAME DE ARTE ESCOLAR FUNDACIÓN GRANELL 18

O xoves 20 de decembro no Pazo de Bendaña tivo lugar a entrega de Premios que cada ano a Fundación Granell outorga a escolares de toda Galicia.

Premendo aquí ou na fotografía podedes ver máis.

 

 

Este ano e baixo o lema Granell de neno en Compostela, tivemos a inmensa honra de recibir varios deses galardóns.

 

 

 

Categoría Pintura: Brais Castro Pérez

 

Categoría Collage: Ismael Fidalgo Millán

 

Categoría Fotografía: Jaime Varela Fandiño


 

Categoría Pintura: Ainara Vales

 

XV CERTAME DE ARTE ESCOLAR EUGENIO GRANELL

GRANELL DE NENO EN COMPOSTELA

 Como vén sendo costume o alumnado de E.I. participou na nova edición de Arte escolar que organiza a Fundación Eugenio Granell por estas datas. Nesta ocasión inspirámonos no suxerente lema: Granell de neno en Compostela.

Non perdades a ocasión de visitar a exposición de todas as magníficas obras surrealistas das nenas e nenos de Educación Infantil.

 

Clicando aquí ou na imaxe podedes ver todo o proceso.

 

ESTES SON OS RESULTADOS

Os nosos e as nosas protagonistas, posan asía de orgullosas e orgullosos coa súa obra.

Clicade aquí ou na foto para ver os fermosos resultados.

 

ADEMAIS NO 1º TRIMESTRE

DEBUXAMOS, REUTILIZANDO AS TOALLIÑAS.

Non é a primeira vez que o facemos. Reutilizamos como soporte as toalliñas cos que limpamos os pinceis noutras actividades.

Mirade que debuxos tan molóns clicando aquí ou na imaxe.

 

 

COMEZAMOS A ANDAINA

AGORA TÓCALLE ÁS ESCALEIRAS.

Logo da nosa intervención no muro exterior, compría adicarlle un pouco de tempo as escaleiras que levan ao salón de actos e inpirándonos no xenial pintor francés Henri Matisse e en concreto, na súa época da graza na que realizou fermosísimos recortes e collages, por mor dunha doenza que padecía e non lle permitía  realizar esforzos.  A súa paixón pola arte, levouno a  seguir creando cunha actividade que lle permitía estar máis descansado. 

Clicando aquí ou na foto, podedes ver o proceso e o resultado das coloridas escaleiras.

 

 

 

 

NOVA INTERVENCIÓN NO MURO.

Desta volta, decidimos intervir estéticamente na parte do muro que dá aos columpios. Dentro das moitas opcións que tiñamos, pensamos que sería boa idea aportar para o proxecto do centro ECOTEO, o noso grauciño de area e sementar árbores e flores da maneira que adoitamos facer no Obradoiro, expresándonos plásticamente. O tempo acompañou e o noso viveiro foi adiante.

Mirade aquí ou na foto para ver todo o proceso.

 

COMEZAMOS A ANDAINA.

ASÍ SON EU. ASÍ ME VEXO.

Comezamos un ano máis, coa motivante actividade de debuxarnos a nós mesmos. Para inspiranos, estivemos vendo distintos autorretratos de corpo enteiro de artistas famosos. Sempre é interesante, volver a repetila en máis ocasións, para ver a evolución e os cambios na produción.

Desta volta, coloreamos o noso autorretrato con ceras moles para a continuación, frotalas con papel, para quedaren difuminadas. Preme aquí ou na foto para ver máis.

CURSO 18-19

BENVID@S A UN NOVO CREATIVO  E IMAXINATIVO CURSO!

Porque diso se trata, de CREAR, imaxinando, inventando, descubrindo, artellando, xogando, experimentando, soñando, pintando, debuxando, construindo, deseñando, aprendendo, compartindo e por suposto, gozando.

Comezamos con ganas, ilusións, enerxías, e axiña ides poder ver as nosas primeiras creacións.

Mentres, compartimos con vós o traballo realizado o curso pasado coa engaiolante Sonia Delaunay, titulado Sonia a tres bandas e no que como novidade, compartimos experiencia coa aula de 5 anos do CEIP de Roxos e máis coas de 3 do CEIP Pío XII de Santiago.

Deixámosvos o enlace que Educathyssen vén de subir á súa web no que ademais do vídeo, podedes ver a ficha de todo o proceso. Tamén podedes premer na imaxe. Agardamos que vos guste.

 

https://www.educathyssen.org/sonia-tres-bandas

 

 

 

 

 

EXPOSICIÓN 18

ARTELLANDO. EXPOSICIÓN FINAL DE CURSO

O venres 8 e sábado 9 de xuño expuxemos un ano máis na casa Común de Cacheiras os traballos realizados no Obradoiro de Artes Plásticas este curso. Pequenos-grandes artistas! Parabéns!

Mirade que linda quedou a nosa mostra. Clicade aquí ou na fotografía

OUTRAS PROPOSTAS

PROTAGONISTA DE XORNAL.

Volvémonos retratar de novo e coma ben sabedes procuramos ir cambiando materiais. Desta volta, utilizamos papeis de xornal como soporte e debuxámonos con todo detalle con rotuladores.

Mirade aquí ou na foto como nos vimos.

SONIA DELAUNAY

SONIA DELAUNAY. Arte, deseño e moda.

No 1º trimestre comezamos esta viaxe ao redor dunha grande artista que nos atrapou desde o primeiro momento polas súas pinturas e deseños de fortes cores de figuras xeométricas cheas de luz, onde o círculo é o  protagonista. Tanto é así que nos inspirou para facer distintas propostas artísticas e nesas seguimos.

Coma sempre, o primeiro que fixemos foi adentrarnos e coñecer a súa obra que ademais de pintura, consta de deseños de teas e  vestiario, e mesmo decoración de interiorismo.

Se queredes saber máis da xenial  e polifacética Sonia Delaunay, premede sobre o seu nome. Entrando no seu autorretrato podedes acceder a ver parte da súa obra.

 

PROPOSTA CON CÍRCULOS

Circulos e máis círculos. Figura clave con outras xeométricas na obra de Sonia que nos permite comprender moito mellor o que nos arrodea e achegarnos á xeometría e o razonamento espacial. 

Fixemos composicións grupais de círculos, na súa maioría concéntricos. Presentámolos  en catolina grande sobre fondos variados e previamente cos obxectos de base circular, que nos serviron para facer a contorna, realizamos pequenas instalacións sobre a mesa de luz.

Velaquí os resultados. Clicade na imaxe ou aquí.

BROCHES. PRODUTO FINAL CO CÍRCULO.Despois da proposta anterior, compría que o noso traballo se refletira nun produto final e non se nos ocorreu nada mellor que un broche persoal para que nos quedase para alardear. Clica aquí ou na imaxe para ver o proceso e os resultados.


 

 

 

 

 

 

INSPIRÁNDONOS EN SONIA!

Seguimos atrapadas e atrapados polas súas cores, e pola súa produción e atrevémonos a facer as nosas propias. Porque vendo a súa obra, só dá gana de poñerse a debuxar! Aquí vos quedan os nosos modestos borradores inspirados nela. Clicade aquí ou na foto.

SONIA SÉGUENOS A INSPIRAR.

Agora, producimos libremente con témpera e en cabalete pero sen deixar de tela presente. Aquí tedes parte do resultado. Xa sabedes, sobre a foto ou aquí podédelo ver.

 

 

 

 

 

 

 

MARCAPÁXINAS AO ESTILO DELAUNAY

Inspiradas e inspirados na pintura destes deseños textiles, que a nós nos lembraron a marcapáxinas, decidimos facer cadanseu. Premede aquí ou na fotografía dos de Sonia, para ver as nosas colororidas producións.

 DESEÑOS GRÁFICOS ORFISTAS PARA AS NOSAS ROUPAS

Seguindo a corrente artística, impulsada por Sonia e o seu home Robert,iniciamos a nosa andaina como creadores e creadoras textiles, comezando por realizar os deseños gráficos da nosa propia vestimenta. 

Preme aquí para ver que orixinais e distintos quedaron.

 EU ADORO A SONIA!

Logo dos nosos deseños en papel, decidimos pasar á intervención e vestímonos de gala, homenaxeando á nosa artista de inspiración. Como non podía ser menos, festexámolo cunha foto nun photocall.

Podedes ver as distintas imaxes por aulas. Mirade que guapísimas e guapísimos quedamos e que ben o pasamos! 

AULA DE 5 A ANOS A

AULA DE 4.5 ANOS B

AULA DE 4 ANOS A

AULA DE 3 ANOS A

AULA DE 3 ANOS B

 

 MANDALAS SIMULTANEÍSTAS

De novo, volvemos beber do inspirador taballo de Sonia, que xunto co seu home Robert creou o movemento simultaneísta, e fixemos mandalas de moitas cores como elementos decorativos. Fixádemos como quedaron aquí ou na foto.

 

 

 

 

 

 

 

INTERVIMOS NA SÚA OBRA

A estas alturas, completamente familiarizados coa obra de Sonis Delaunay, atrevémonos a intervir directamente na súa producción. En 4 e 5 anos, partindo dun frarmento dunha pintura continuamos á nosa maneira como pensabamos que ela podía seguir. Os nenos e nenas de tres, coloreamos copias dos seus cadros en branco e negro, imaxinando as cores orixinais.

Mirade os resultados. Clicade aquí ou na imaxe.

OS NOSOS NOMES AO ESTILO DELAUNAY

Fixemos estas cartelas cos nosos nomes, inspirándonos nas atraíntes pinturas de Sonia e así de coloridos quedaron. Clicla aquí ou na foto.

Distribuir contido


by Dr. Radut