Skip to Content

Responder ao comentario

CURSO 2022-23. 1º TRIMESTRE

BENVIDAS, BENVIDOS.

Sen tempo non era!

Antes de nada, quería perdir desculpas persolamente por ter tardado tando en amosarvos o noso intenso e creativo traballo no Obradoiro de Artes Visuais e Plásticas de E.I. neste curso.

Non vaiades pensar que pouco ou case nada fixemos. Cando consiga actualizar todas as propostas, veredes que coma sempre non deixamos de dárlle á cabeza e ás mans.

Por circunstancias profesionais que agora vos contarei e incluso algunha persoal pero intrascendente, este traballo que considero de suma importancia para poder partillar con toda a Comunidade educativa o noso facer, foise adiando. Irei aos pouquiños, pero prometo que axiña teredes todo ao día.

 

Unha das razóns foi que nomes de novembro, asistín ao I Congreso Internacional de Arte e Literatura organizado pola USC, para presentar a traxectoria, filosofía e dinámica destes 14 anos de traballo no cole. Iso supuxo adicarlle moito tempo á presentación da ponencia, que cando se publique no libro de actas da Universidade, farei pública. Con grande orgullo teño que dicir que todo o mundo nos felicitou, e en especial ás criaturiñas creativas, artísticas e fantásticas por todo o labor realizado.

Como adianto a algunha proposta e como saberedes polos nenos e nenas e polas peticións feitas, entre outras sorpresas, recibimos dúas maletas do Museo Thyssen. A Big Valise no mes de outubro, e agora estamos gozado da Maleta Celebratorio do 10 aniversario do Colectivo Musaraña de Educathyssen do que formo parte. Dicirvos que somos o 1º Centro educativo en recibila e poo tanto estrenala. Tamén, ao igual que sempre, agás os anos da pandemia poidemos voltar a expor as nosas obras de arte na Fundación Granell de Santiago, dentro do Certame de Arte Escolar e que poidestes visitar durante todas as vacacións de Nadal coa finalidade de dárlle importancia e recoñecemento público ao taballo artístico do alumnado.

Nós nutrímonos de todo o que nos envolve e rodea, pero considero indispensable un camiño de ida e volta onde derrubemos os muros da escola e partillemos coa sociedade a nosa creación.

PRESENTÁMOSVOS O NOSO LUGAR DE TRABALLO.

De novo, voltamos ao Salón de actos, chamado con todo merecemento D. Avelino Pousa Antelo. Para que lembredes, o noso lugar de traballado durante moitísimos anos, enviámosvos unhas fotos actualizadas do Obradoiro.  Clica aquí ou na foto para velo.

 

 

 COMEZA A SESIÓN DO NOVO PROXECTO DESTE CURSO: ARTE, LETRAS E MOITO QUE CONTAR.

Xa sabedes, que ademais da toma de contacto cos novos materiais e neste caso, co novo espazo de traballo, un clásico é comezar presentándonos coa elaboración dun autorretrato. Todos os cursos, variamos o soporte, útiles ou técnica. Dentro deste proxecto ao redor da comunicación visual, plástica e literaria, posto que sempre verbalizamos como nos vemos e nos sentimos, desta volta, debuxámonos con ceras grosas acuarealables en follas de papel de xornal.

Poderedes imaxinar que a maioría nunca vira físicamente a prensa. Pero non é de estranar. Quen de nós, merca nestes momentos xornais en papel? De feito algunha criatura si sabía deles pero maioritariamente por avós e avoas. Deunos moito xogo e aprendimos moito desa tipoloxía textual. Título, titulares, seccións, noticias destacadas, pé de fot, anuncios, portada, contraportada.....

Coma vedes, outra dos obxectivos deste Obradoiro é poder conxugar  e traballar conxuntamente varias linguaxes.

Aquí tedes unha pequeniña mostra deste proceso. Tamén premendo sobre o debuxo.

 

 

25N.

Apesares de ser unha data que non habería que conmemorar, ben é certo que tampouco podemos ocultar ás criaturas a realidade de desigualdade e a descriminación que, por desgraza, sofren moitas mulleres, así como situacións de humillación e mesmo maltrato psicolóxico ou físico. Despois da lectura dalgunha publicacións infantiles magníficas sobre o tema e a concienciación de loitarmos nun mesmo bando, decidimos plasmar con debuxos en cartolinas negras e folios de cores, situacións de abuso a mulleres para logo deixar voar, facendo avións de papel desde as xanelas do Salón de actos para que poidera ser visto por alumnado doutros ciclos.

 

Ese é un resumo da actividade, podedes velo aquí ou na fotografía.

 

Responder



by Dr. Radut