Skip to Content

Horta Escolar

Desenvolvemento da nosa Horta Escolar

PREPARANDO UNHA RICA ENSALADA

                         

 

PARA SEGUIR APROVEITANDO E DESFRUTANDO DAS VERDURAS QUE SE PLANTARON NO HORTO, PREPAROUSE UNHA RICA ENSALADA E UNHAS PATACAS PARA MERENDAR:

- RECOLLIDA DAS PATACAS E DAS DEMAIS VERDURAS: REMOLACHA, PEPINO, CABACIÑO, CEBOLA, CHÍCHAROS, RÚCULA, LEITUGA E ALGÚN AMORODO

          (clica na imaxe seguinte para ver máis)

    

- LAVADO DAS DISTINTAS VERDURAS E PREPARACIÓN EN CADEA, COA AXUDA DE TOD@S 

 

 

- DEGUSTACIÓN DA ENSALADA

PRACTICAMENTE QUEDARON OS PLATOS BALEIROSSorriso

DA HORTA Á MESA!

                        

 

A CASA DE CHISPA

                                     

 

CHISPA

                      

Podedes descarregar as presentacións feitas polo alumnado de 5ºB. 

 
 

COIDAMOS DA NOSA HORTA

                            

 

 

PROBAMOS AS VERDURAS DO NOSO INVERNADOIRO

      

ESTE LUNS COMEZAMOS MOI BEN A SEMANA PROBANDO UNHA ENSALADA ELABORADA COS PRODUTOS DO NOSO INVERNADOIRO. ACOMPAÑADOS POLO PROFE XABI E A NOSA TITORA CARMEN, RECOLLEITAMOS DÚAS LEITUGAS, UNHA CABACIÑA, UN PEPINO, UNHA REMOLACHA E CON DOUS TOMATES FIXEMOS UNHA ENSALADA RIQUÍSIMA.

APROVEITAMOS PARA VER TODA A PLANTACIÓN DO INVERNADOIRO E O PROCESO DO CULTIVO DAS HORTALIZAS DESDE QUE AS PLANTAMOS ATA QUE CHEGA ÁS NOSAS MESAS. LEMBRAMOS O IMPORTANTE QUE É LAVAR BEN AS FROITAS E HORTALIZAS E O BO QUE É TELAS PRESENTES NO NOSO MENÚ DIARIO. VELAQUÍ UN VIDEO RESUMO DA ACTIVIDADE.

PLANTACIÓN, COIDADOS E DEGUSTACIÓN

                 

 

O alumnado de 5º EP foi un dos niveis afortunados por ter o acompañamento de Carmen Freire na formación arredor da horta, descubrindo curiosidades e saberes enriquecedores para a súa aprendizaxe sobre este centro de interese. Igualmente foi con esta especialista no terreo, con quen realizaron a plantación de chícharos, entre outras verduras, e posteriormente, coa súa titora Mercedes, seguiron o proceso de crecemento e coidados.

Foi toda unha aprendizaxe constructiva e formativa, pois seguiron, en 1ª persoa, todas as etapas dende a plantación dos chícharos ata que fixeron a súa degustación; un xeito de valorar o traballo que levan a cabo moitas persoas ata que o alimento chega aos nosos platos.

Distintos momentos deste proceso:

   -- FORMACIÓN

       

 --  PREPARACIÓN DA TERRA E SEMENTADO DOS CHÍCHAROS

 

  -- OBSERVACIÓN DA SÚA BROTACIÓN

   -- HOUBO QUE GUIALOS E DARLLES APOIO PARA QUE NON ROMPERAN CO PESO AO MEDRAR

  -- RECOLLIDA

  -- FEITA A COLLEITA, HAI QUE DEGRAÑAR PARA QUITAR DA VAINA

 

  -- COS CHÍCHAROS LISTOS, AGORA TOCA PREPARAR PARA COCIÑALOS (GRAZAS A TER 2 FOGÓNS ELÉCTRICOS, UN DELES APORTADO NO MATERIAL DO PROXECTO DE POLOS CREATIVOS)

 

  -- COCIÑADO

 

  -- DEGUSTACIÓN. QUE RICO SABE CANDO O COCIÑA UN MESMO E DA PROPIA COLLEITA!Sorriso

                     BO PROVEITO Canso

 

QUE RICA ENSALADA!

                   

 

Un grupo de crianzas de 2º EP, quixo degustar os primeiros froitos da plantación do invernadoiro e ademais coincidindo co día do medio ambiente; nesta ocasión unha conmemoración saborosa, de agradecemento á terra polos froitos que nos aporta, e tamén aos coidadores que se ocupan de coidar as plantas.

Decidiron facer unha rica ensalada con: leituga, pepino, remolacha e tomate

Que motivadora e significativa aprendizaxe; seguir o proceso de preparación das verduras dende que se recollen na horta ata que se saborean no platoSorriso

      RECOLLENDO A LETUGA E O PEPINO

 

    RECOLLENDO A REMOLACHA E QUITÁNDOLLE A TERRA NO 1º LAVADO

 

   VERDURAS XA LAVADAS DISPOSTAS A SER TROCEADAS. ENSALADA SERVIDA NOS PRATOS PARA DEGUSTAR

 

                                                          BO PROVEITO!

O INVERNADOIRO COMPETENCIAL

                          

 

O alumnado de 6ºC andiveron traballando sobre o horto escolar dentro da materia de Proxecto Competencial. Ademais de axudar en traballos de plantación e coidado dos cultivos, tamén aproveitaron a deseñar o horto no ordenador co programa Tinkercad; a estructura, as plantas e incluso algunha mascota- animal

 

 

Tamén imprimiron o invernadoiro en 3D usando a impresora, un xeito constructivo de integrar obxectivos dixitais no currículo, de usar material de Polos creativos ao servizo do desenvolvemento de tarefas de aula, como foi neste caso o traballo sobre o horto, o invernadorio

 

- Realizaron, como xa comentamos nunha entrada anterior, unha pequena plantación de plantas aromáticas e flores coa que puideron facer o seguimento do seu crecemento e dos seus coidados.  Así de fermosas locen as macetas coas súas plantas

 

      

COIDANDO DOS CULTIVOS

                          

PARA PODER RECOLLER OS FROITOS, ADEMAIS DE CULTIVAR TAMÉN HAI QUE COIDAR AS PLANTAS: REGAR PERO TAMÉN LIMPAR AS MALAS HERBAS QUE ARREBATAN O ALIMENTO AS VERDURAS E LLES DIFICULTAN O SEU CRECEMENTOSorprendido

   

OUTROS FACTORES QUE INFLÚEN EN QUE SE POIDAN RECOLLER MÁIS OU MENOS FROITOS SON AS PLAGAS DE CARACOIS E LESMASChora

NON QUEREMOS EMPREGAR INSECTICIDAS QUÍMICOS E TRAS BUSCAR COAS CRIANZAS SOLUCIÓNS NATURAIS CONTRA ESTES INIMIGOS, DESCUBRIMOS QUE AS CASCAS DE OVO OU POUSOS DO CAFÉ SON UNHA BOA SOLUCIÓN PARA AFASTALOS E QUE NON COMAN OS AMORODOS E,  ADEMÁIS ESTES ELEMENTOS SUPOÑEN UN ENRIQUECEMENTO PARA A TERRA. POLO QUE PUXÉMONOS MANS Á OBRA EN XUNTAR CASCAS (NO COMEDOR E NAS CASAS DE CADAQUÉN) PARA POR ARREDOR DAS PLANTAS.

     

Distribuir contido


by Dr. Radut