Skip to Content

Patrimonio cultural galego

O noso patrimonio socio-cultural e lingüístico galego

XORNADAS LETRAS GALEGAS 2023

“Del Riego nas Ondas. Radio Escolar e Intelixencia Artificial”

Máis que agradecidos polo convite por parte dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega como relatores ás "Xornadas do día das Letras Galegas; Francisco Fdz del Riego".

Desta volta cunha actividade encadrada dentro das actividades promovidas no centro con motivo das Letras Galegas 2023 e dirixida á participación no "V Certame de podcast Xosé Mosquera ”. Fusionando desta volta a aplicación pedagóxica da Radio Escolar e a Intelixencia Artificial como ferramentas didácticas. Neste caso, a través da figura de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado deste ano.

O papel da radio na escola está máis que evidenciado como ferramenta educativa. No caso da IA, sabemos de todas as contradicións e dúbidas que nos xera esta nova ferramenta, pero por sorte ou por desgraza é algo que xa está nas nosas vidas. E como docentes volvemos a ter o difícil reto de actuar como "guías" facéndolle ver aos discentes as cousas positivas e negativas desta tecnoloxía e o uso responsable da mesma (como no caso doutras).

Tanto no caso da radio como no da intelixencia artificial, este traballo leva implícito un coidado traballo específico na aula, así como a preparación doutros aspectos técnicos, literarios, de expresión oral, etc. Así como a creación de grupos e espazos de traballo cun enfoque de traballo en equipo, (“co-working”).

Relatores

 

ALUMNADO PARTICIPANTE:

Artai, Claudia, Ilía, Gael e Gonzalo (6º Ed. Primaria). 

MESTRES:

- Laura García Díaz: Mestra titora no 3º Ciclo de Primaria. 

- Óscar Suárez Carbia: Mestre Especialista de Ed. Musical.

 

Preme na imaxe para escoitar o programa de radio na nosa canle de radio/podcast

Del Riego

ENREGUÉIFATE 22_23

Velaquí vos deixamos as nosas propostas para esta edición do "Enreguéifate"!!

Desta volta, unha delas en formato de programa de radio, da man do alumnado de 6ºB e realizado tamén para o Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, para poñer en valor o noso patrimonio cultural e lingüístico.

A outra proposta é un traballo realizado para a anterior edición do Enreguéifate, e que por motivos de "loxística dixital" non puido entrar na fase de concurso. Con esta regueifa lembramos o vivido durante a pandemia co COVID.

Agardamos que desfrutedes escoitando aos nos@s regueifeir@s! E que a sorte nos acompañe no certame Guay

Preme na radio para escoitar o programa na canle de radio radio

OBRADOIRO COA ASOC. CULTURAL A MÁMOA. "PATRIMONIO CULTURAL"

Esta semana tivemos a sorte de contarmos no centro coa "Asoc. Cultural A Mámoa". Gabriela, Sara, Andrea e Pablo levaron a cabo 3 obradoiros, un con Ed. Infantil centrado nos traxes tradicionais galegos de "cotío" e de "gala". E outros 2 co 1º e 2º Ciclo de Ed. Primaria máis aberto ao coñecemento das diferentes actividades culturais da asociación. O fin último é visualizar esta riqueza patrimonial no noso concello e poñer en valor o traballo das distintas asociacións; clases de música/instrumentos e baile tradicional, seráns e outras festas da asociación, etc. 

Esta proposta está enmarcada dentro do "Proxecto didáctico Antonio Fraguas" ("EcoParloteo; Froitos da Terra"), e vinculada á "Area de Ed. Musical do centro", dentro do proxecto de música tradicional galega.

En breve compartiremos un vídeo-resumo de toda a actividade. E durante o resto do curso acompañarannos as diferentes Asoc. Culturais do Concello para seguir fomentando a participación activa dos máis pequechos/as no noso tecido cultural-asociacionista.

A Mámoa

Distribuir contido


by Dr. Radut